Déixate levar polos recunchos máis fermosos e auténticos desta cidade mediterránea, desde o paseo marítimo ao barrio pintoresco de l'Estaque, pasando pola Massalia antiga. Sube a un dos nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia, e descubre as extraordinarias vistas ao mar desde o Parque Nacional das Calanques, a só cinco horas de Barcelona. Marsella ábreche as súas portas para presentarche os dez lugares imprescindibles!
Posto de vixía, lugar de culto, a Basílica de Notre-Dame de La Garde, de estilo romano-bizantino, é un símbolo para todos os marselleses. Inaugurada en 1864, a basílica chamada popularmente «a Bonne Mère» está coroada por unha efixie dourada da Virxe María. O máis impresionante son as vistas panorámicas de Marsella que se divisan desde o cumio do outeiro.
Basílica de Notre-Dame de la Garde
Corazón da cidade, o Porto Vello era na antigüidade o centro económico da cidade aberto ao comercio do mediterráneo. Hoxe en día, este lugar histórico é un porto turístico, punto de encontro e un dos símbolos da cidade. O porto alberga monumentos históricos así como os antigos obradoiros e o Faro.
Obra dun dos arquitectos máis famosos dos nosos tempos, a «cité radieuse» é un lugar único onde poderás admirar a imaxinación sen límites do arquitecto Corbusier. Coñecida popularmente como «maison du fada» (Casa do tolo), este edificio forma parte dun concepto de tipoloxía residencial do movemento moderno. Poderás atopar outros conxuntos de vivendas similares deseñadas por el en toda Europa.
Reflexo da nova Marsella, este museo de deseño, inaugurado en xuño de 2013, dedícase ao descubrimento das principais etapas das civilizacións mediterráneas. Ofrece ao longo do ano unha completa axenda de exposicións. Ademais non podes perder as vistas impresionantes ao mar que che ofrece este lugar!
Descubre un dos barrios máis antigos da cidade. Coas súas calellas estreitas e as súas fachadas de cores, paséate neste barrio mediterráneo típico e déixate tentar por unha copa de «pastis» e unha partida de «pétanque» nas súas praciñas encantadoras. Un dos barrios máis simpáticos de Marsella!
Rúa do barrio de la Panier de Marsella
Avenida emblemática de Marsella, este lugar esténdese sobre unha lonxitude de 1000 metros que te levará ao Porto Vello, corazón da cidade. Lugar ideal para ir de compras relaxadamente. A rúa Canebière é coñecida popularmente como os «Champs Élysées» de Marsella.
Ao pé do macizo da Nerth, atoparás o barrio pintoresco de l'Estaque, que arrodea o pequeno porto. Coas súas «bastides», as súas casas á beira do mar e as súas pequenas casas tradicionais, poderás gozar do encanto deste lugar. Fonte de inspiración para moitos pintores!
Nas aforas de Marsella, estas maxestosas calas coñecidas como «calanques» en Francia foron declaradas Parque Nacional. Este parque natural esténdese a tres cidades da Costa Azul: Marsella, Cassis e La Ciotat, ofrecendo unhas calas bucólicas dun mar azul intenso. Un lugar paradisíaco que no podes perder se vés a Marsella!
Vistas das Calanques de Marsella
Descubre unha das marabillas monumentais de Marsella! Coa súa maxestosa fonte, este edificio inaugurado en 1869 é un dos símbolos do poder da Marsella do século XIX. Neste mesmo lugar atópase o Museo de Belas Artes, o Museo de Historia Natural, o parque botánico e o zoolóxico.
Na costa de Marsella, vén a descubrir o arquipélago do Frioul que está formado por catro illas: Pomègues e Ratonneau, as máis grandes; If co seu famoso castelo e Tiboulen. Uns lugares únicos e históricos que poderás visitar saíndo do Porto Vello de Marsella. Non perdas este percorrido polo arquipélago que che fará descubrir as marabillas naturais do mediterráneo!
Estás preparado para a túa próxima viaxe? Cos nosos trens AVE Internacional entre España e Francia só tes que preocuparte de facer a maleta.
Ademais das impresionantes vistas marsellesas, recomendámosche que visites outras cidades conectadas polos trens AVE a Francia, como por exemplo Lión, á que podes chegar cada día en menos de cinco horas, de centro a centro da cidade. Anímate a descubrir todas as curiosidades sobre Lión.
Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte. Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.