Marsella e a tradición do seu xabón
 

Son moitas as historias que se oen sobre o xabón de Marsella e é que resulta inevitable visualizar esta cidade e non pensar en pequenos moldes de cor lila de aroma inconfundible. Sube a un dos nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia, e déixate cativar por esta tradición. Se es un apaixonado da cultura, as terras da Costa Azul prometen unha experiencia inesquecible que seducirá todos os teus sentidos.

Non coñeces Marsella ata que coñeces a súa historia e a do seu famoso xabón. A continuación, contámosche as orixes deste produto e por que é tan apreciado tanto polos habitantes coma polos turistas.

O xabón de Marsella: un pouco de historia

As orixes deste famoso produto remóntanse ao ano 1371, ano en que se rexistra a primeira venda a mans do pioneiro do xabón en Marsella, Crescas Davin. Xa na Antigüidade mesturábanse aceites e cinzas con auga e, a modo de xabón, utilízanse tanto para remedios coma para cosmética, pero non é ata a Idade Media cando empeza a utilizarse para lavar a roupa engadindo sosa cáustica á mestura. No s. XVI as fábricas deixan atrás o proceso artesanal, perfecciónanse as técnicas e a industria do xabón empeza a ter unha presenza considerable na Provenza. Os artesáns utilizan ingredientes da terra para fabricar o produto: sosa, camarga e olivas. A principios do s. XVII, a produción destas fábricas marsellesas apenas pode satisfacer a demanda da cidade e da zona. Mesmo o porto de Marsella recibe xabóns procedentes de Xénova e Alacant.

En 1688, Luís XIV promulga o edicto Colbert, que introduce regulacións para a fabricación do xabón de Marsella, polo que a partir daquel momento só se utilizaría aceite de oliva puro, garantindo un estándar de calidade e asegurando o renome dos xabóns da cidade. Isto convertería a cidade de Marsella na punteira da industria.

Ao longo do s. XVIII a produción multiplícase grazas á mecanización, pasando de sete a máis de setenta fábricas. Sen embargo, o bloqueo inglés do porto detén a importación de materias primas, polo que se dedican máis fábricas á obtención dun dos compoñentes a partir da sal mariña. Ademais, despois do aumento de prezos do aceite de oliva, empézanse a utilizar outro tipo de aceites como o de colza, de liño e de sésamo.

A introdución de múltiples procesos técnicos, do branqueado do aceite de palma e a creación de laboratorios especializados na cocción do xabón, favoreceron unha aínda maior expansión do xabón de Marsella.

 

Xabón de Marsella
 

Co estoupido da Segunda Guerra Mundial, bloquease o abastecemento desde España e Marsella abastece o norte de Francia e a distintos compradores de Holanda, Alemaña e Inglaterra. Malia isto, os anos sucesivos son bastante desastrosos.

A raíz da introdución do xabón moderno, a produción do marsellés diminúe considerablemente. Hoxe en día só quedan 4 xabonerías repartidas en dúas cidades: Marsella e Salon-de-Marsella.

Aínda así, a partir dos anos 80 do s. XX e ata a actualidade, o xabón de Marsella rexorde con forza baseándose na tradición. Enaltécense as virtudes deste produto natural e biodegradable, que a día de hoxe se atopa en todas partes: tendas de produtos provenzais, xabonerías, mercados, tendas de produtos cosméticos, etc.
 

O segredo do xabón

O auténtico xabón de Marsella ten forma de cubo de 600 gramos; dependendo de se está feito con aceite de oliva, terá tonalidade branca ou verde, baixo a indicación «EXTRA PURO 72 % de ácidos graxos». A denominación de «Xabón de Marsella» é de orixe totalmente libre, a día de hoxe pódense atopar moitos produtos, pero poucos son libres de colorantes, conservantes, perfume ou graxas animais como o orixinal. Trátase dun xabón que se pode utilizar a diario sen ningún problema e é máis económico que o tradicional, ademais de durar case o dobre. Entre os seus numerosos beneficios, e deixando á parte os coñecidos usos domésticos, destacan as súas propiedades dermatolóxicas e ecolóxicas.

Ao ser hipoalerxénico, desinfecta e cura as feridas e é comunmente receitado por dermatólogos en casos de eccema. Tamén é utilizado no hammam para exfoliar e deixar a pel satinada, como dentífrico para curar as enxivas ou mesmo para o afeitado, aproveitando a súa espuma. Lavar a roupa dos nenos con este produto reduce o risco de irritacións e alerxias.

Segundo os habitantes da Provenza, colocar este xabón nos pés da cama serve para previr arrefriados e cambras.

 

Xabón de Marsella
 

Seducindo ao viaxeiro

O precedente histórico e o feito de ser un produto fabricado segundo a receita tradicional, puro, natural, biodegradable e respectuoso co ambiente, ten unha gran repercusión no turista que visita Marsella. Non só polas súas utilidades, senón tamén pola súa forma característica e artesanal, namoran ao turista case obrigándoo a adquirir certa cantidade.

Con incontables cores e aromas, representa unha auténtica perdición para os amantes do xabón. O xabón vexetal branco adoita presentarse con aromas de xasmín, lavanda, leite, limón, mel, rosa… mentres que o xabón de oliva adoita aparecer con matices de algas, arxila, lavanda, mazá, menta, piñeiro, romeu…

As combinacións non teñen límites e podes atopar mesmo combinacións de chocolate, magnolia, melón, própole e ata viño.

 

Xabón de Marsella
 

Viaxa a Marsella en tren

En resumo, se viaxas a Provenza vai facéndolle un sitio na maleta a este peculiar produto da terra, pois atoparalos en todas partes, desde mercados artesanais ata tendas de estilo. Visita Marsella!

Chegar a Marsella nos nosos trens AVE Internacional é máis fácil e rápido que nunca. Levámoste desde Barcelona, Madrid ou Zaragoza, entre outros destinos españois.

Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte. Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.