Na nosa conta corporativa mantémoste informado das ofertas comerciais para viaxar, das iniciativas que che poidan interesar e, en xeral, da actualidade do Grupo Renfe. Ademais, axudarémosche a resolver dúbidas de todo tipo.
En Renfe desenvolvemos un sistema pioneiro de alertas con Twitter, a través de avisos por Mensaje Directo para os viaxeiros de Cercanías de Madrid e Rodalies de Catalunya, que permite coñecer en tempo real se existe algunha incidencia no servizo que che afecte nos teus percorridos e horarios habituais.
Para beneficiarte deste servizo, dispoñible para Android e iOS, só tes que subscribirte vía Mensaje Directo a través da ligazón que figura no chío fixado no perfil das nosas contas: @CercaniasMadrid e @Rodalies
Ao premer a ligazón, abrirase una ventá na cal unha serie de mensaxes de automatización che irán ofrecendo as diferentes posibilidades de configuración do sistema. Elixe as liñas ou tramos nos cales estás interesado (ata tres), os días da semana (de luns a venres, sábados e domingos ou todos) e as franxas horarias (ata dúas) sobre os que queres recibir notificacións e o idioma (castelán ou catalán).
A subscrición pódese modificar ou cancelar en cualquera momento, ou incluso interromper durante un período de tempo determinado (por exemplo, durante as vacacións).
Unha vez configurada a subscrición, empezarás a recibir por mensaxe directa de Twitter e en tempo real os avisos que lles afectan ás liñas e franxas horarias definidas. Recomendámosche que actives no dispositivo móbil que este tipo de notificacións aparezan incluso coa pantalla apagada.