Os fondos provenientes de Europa destínanse a investir na creación de emprego e nunha economía e un ambiente europeos sostibles e sans.
Tanto os Fondos estruturais coma o Fondo de cohesión, atenden a finalidade de favorecer un maior grao de cohesión económica e social no espazo comunitario, a través do cofinanciamento das políticas de gasto público desenvolvidas polos estados-membros e dirixidas á consecución do devandito obxectivo.
Os Fondos Next Generation créanse para paliar a grave crise económica e social ocasionada pola pandemia da COVID-19 e transformar as economías europeas facéndoas máis verdes, dixitais e resilientes.