O Grupo Renfe é o maior consumidor de enerxía de España. Por iso, é importante optimizar recursos propios e, grazas ao financiamento europeo cos Fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) Next Generation instalará placas fotovoltaicas para autoconsumo nas súas principais bases de mantemento.

O investimento global deste proxecto de Renfe Ingeniería y Mantenimiento para a subministración e instalación de enerxía fotovoltaica ascende a 12 millóns de euros e cubrirá o 41 % das necesidades de enerxía eléctrica destes talleres, cun aforro de 3,8 millóns de euros ao ano, co que o investimento estará totalmente amortizado en 3,1 anos. Así mesmo, permitirá reducir tanto o consumo enerxético demandado da rede coma a emisión de gases de efecto invernadoiro.

A implantación de enerxía fotovoltaica levarase a cabo nas 14 bases de mantemento de Renfe, que no seu conxunto teñen unha media de consumo anual que acada os 40.000 MWh/ano: o Complexo Fuencarral, BMI La Sagra, Complexo Santa Catalina e Cerro Negro, BMI Villaverde, NMBI Valladolid, BM Málaga AV, BM Barcelona Can Tunis AV, BMI Málaga, BM El Berrón, BM Salamanca Motor, BM Balmaseda, BM Miranda Motor, BM Zaragoza e BM Buñol.

A suma de todas as prazas fotovoltaicas de Renfe supón unha potencia total de 11 MWp, que xerarán máis de 16.000 MWh/ano de enerxía para o consumo.