Renfe-Operadora estruturouse en cinco sociedades mercantís estatais desde o 1 de xaneiro de 2014, tal e como se contempla no RD-Lei 22/2012, do 20 de xullo. Este novo modelo empresarial ten como fin preparar á empresa para competir nun mercado liberalizado, a través destas cinco sociedades estatais nas que queda configurada Renfe-Operadora: Renfe Viajeros, S.A., Renfe Mercancías, S.A., Renfe Ingeniería y Mantenimiento, S.A. e Renfe Alquiler de Material Ferroviario, S.A. e Renfe Proyectos Internacionales, S.A.
- O obxectivo da reorganización é que Renfe Operadora dispoña do marco adecuado para abordar e dinamizar o proceso de liberalización e apertura á competencia do sector ferroviario e dotar de personalidade xurídica propia ás sociedades, de tal xeito que os balances e contas de resultados constitúan a base da toma de decisións empresariais e de servizo público.
- O modelo que se organiza baixo a Entidade Pública Empresarial Renfe Operadora como propietaria do 100 % das accións das cinco novas sociedades e que, como empresa matriz, é a encargada de definir a política e estratexia de negocio do grupo e de buscar unha xestión eficiente centrada en funcións corporativas e de servizos.
- O sistema de goberno corporativo amosa a estrutura e funcionamento dos órganos de goberno e xestión do Grupo Renfe para o coñecemento dos seus grupos de interese, inspirándose no compromiso con principios éticos, a transparencia e o liderado na aplicación das mellores prácticas en materia de bo goberno.
(*) Dependentes funcionalmente da Dirección Xeral de Operacións