Renfe Operadora estruturouse en catro sociedades mercantís estatais desde o 1 de xaneiro de 2014, tal e como se contempla no RD-Lei 22/2012, do 20 de xullo. Este novo modelo empresarial ten como fin preparar á compañía para competir nun mercado liberalizado, a través destas catro compañías estatais nas que se queda configurada Renfe Operadora: Renfe Viajeros, S.A., Renfe Mercancías, S.A., Renfe Fabricación y Mantenimiento, S.A. e Renfe Alquiler de Material Ferroviario, S.A.

O obxectivo da reorganización é que Renfe Operadora dispoña do marco adecuado para abordar e dinamizar o proceso de liberalización e apertura á competencia do sector ferroviario e dotar de
personalidade xurídica propia ás sociedades, de tal xeito que os balances e contas de resultados constitúan a base da toma de decisións empresariais e de servizo público.

Este modelo que se organiza baixo a Entidade Pública Empresarial Renfe Operadora como propietaria do 100 % das accións das catro novas sociedades e que, como empresa matriz, é a encargada de definir a
política e estratexia de negocio do grupo e de buscar unha xestión eficiente centrada en funcións corporativas e de servizos.

A información económica deste novo modelo organizativo comeza no exercicio 2013, manténdose a información de exercicios anteriores de forma integrada na do Grupo Renfe Operadora.

 

Informes económicos e de actividade:


 


Contas anuais e informes de xestión das sociedades