Antes de realizar unha solicitude, ten en conta que:

  • Calquera persoa física ou xurídica pode solicitar acceso á información pública, en cumprimento do seu dereito á información pública recollido na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
  • Considérase información pública do grupo Renfe, a información cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e o control da acción pública. Unha parte desta información xa está publicada neste apartado de Transparencia e/ou na web Portal de Transparencia en cumprimento da devandita Lei, polo que che recomendamos que antes de realizar unha solicitude, visites o Portal para comprobar que a información non está publicada.
  • A solicitude poderase presentar por calquera medio que permita ter constancia de: a identidade do solicitante, a información solicitada, un enderezo de contacto, preferentemente electrónico, para os efectos de comunicacións e, no seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada (a través do Portal de Transparencia ou por correo postal).
  • Se desexas solicitar información de diferentes temas, emprega unha solicitude por asunto para facilitar a remisión da solicitude á unidade competente para a súa resposta.
  • Podes consultar a «Guía do cidadán para exercer o teu dereito de acceso á información pública»: