Código Ético

O Grupo Renfe dispón dun Código Ético que, tomando como referencia o Pacto Mundial das Nacións Unidas e as principais directrices e principios internacionais sobre transparencia e bo goberno, establece as directrices xerais de actuación de todos os membros da Organización no desempeño da súa actividade profesional.
 


Comisión do Código Ético

O Grupo Renfe creou unha Comisión do Código Ético composta por dez (10) membros designados polo Consello de Administración de Renfe, todos eles vogais, dous dos cales farán as funcións de presidente/a e secretario/a, respectivamente.

Os representantes dos grupos de interese do Grupo Renfe poderán asistir con voz, pero sen voto, ás reunións da Comisión do Código Ético e, en función dos temas a tratar nelas e sempre que se entenda que esa colaboración é necesaria para o correcto desempeño das súas funcións.

Entre as funcións principais da Comisión de Código Ético están as seguintes:
 


Canle ética

O Grupo Renfe pon a dispor dos seus grupos de interese unha canle de comunicación confidencial (codigoetico@renfe.es) que permite comunicar consultas, posibles condutas irregulares ou calquera incumprimento das normas recollidas no seu Código Ético.

A Comisión do Código Ético do Grupo Renfe xestiona as consultas e investiga os potenciais incumprimentos do Código Ético, baixo o compromiso dunha estrita confidencialidade.

No caso de que se queira facer unha reclamación comercial, a Canle Ética non é a canle oficial para presentar reclamacións. Para este fin, o Grupo Renfe dispón dun servizo de Atención ao cliente onde se poderán presentar as reclamacións ou solicitar información a través do formulario e dos teléfonos de información habilitados para iso.
 


Modelo de cumprimento (compliance)

O Grupo Renfe presta os seus servizos cunha clara orientación ao cliente e sempre con criterios de calidade, eficiencia e innovación, así como ética e cumprimento, tal como expresamente se manifesta na misión, visión e valores establecidos no Código Ético da organización.

É polo anterior que o Consello de Administración, desde o ano 2013, liderou e aprobou unha serie de fitos no Grupo Renfe, cuxo principal obxectivo é crear e transmitir unha verdadeira cultura interna de cumprimento e de xestión de riscos.

A título enunciativo, indicamos os seguintes:

  • Creación do Departamento de Auditoría Interna e Compliance.
  • Constitución de Comisións de Auditoría e Control e aprobación das súas Normas de funcionamento.
  • Código Ético: Canle ética y Comisión do Código Ético.
  • Aprobación da «Política de Control e Xestión de Riscos».

Como continuación dos anteriores fitos e en liña cos compromisos do noso Código Ético, o Grupo Renfe pretende reforzar a súa vontade de dar cumprimento aos valores que demanda a nosa sociedade en relación coa honestidade, a transparencia e a observancia estrita da legalidade coa aprobación en 2018 dunha «Política de Cumprimento Normativo e Cumprimento Normativo Penal (Compliance)» e un Modelo Organizativo e de Xestión para a Prevención dos Delitos Penais das Persoas Xurídicas (Compliance).

Estes traballos enmárcanse no ámbito do Bo Goberno Corporativo do Grupo Renfe co obxectivo de transmitir tanto aos seus traballadores coma aos grupos de interese cos que o Grupo Renfe se relaciona, o seu absoluto rexeitamento e aversión á comisión de calquera tipo de irregularidade ou incumprimento da normativa interna, da normativa externa ou os seus valores éticos. Concretamente, é a vontade do Consello de Administración que se traballe na prevención, detección e corrección inmediata de calquera posible ilícito, inculcando e transmitindo unha verdadeira cultura empresarial de ética, cumprimento, integridade e honestidade.

Estamos convencidos de que o esforzo realizado por todos para desenvolver os seus valores axudarán a ser unha empresa máis exitosa e a crear máis valor, ao mesmo tempo que a fará merecedora da máxima confianza dos seus clientes, así como da sociedade no seu conxunto.