En 2028 o 10 % da nosa facturación virá de fóra de España, o tren será un máis dos servizos de mobilidade integral que che ofreceremos, a dixitalización permitiranos personalizar para ti só a oferta que realmente busques, xa estaremos sensiblemente máis avanzados na descarbonización do sector e seguiremos sendo a túa primeira opción para viaxares e movéreste dun xeito intelixente e sustentable. 

Por iso, parte do que somos chámase Renfe2028.

2028 é o horizonte do noso plan estratéxico, un proceso de transformación a través da innovación, a internacionalización e a focalización no cliente que dará como resultado unha nova Renfe. Seremos un operador integral de mobilidade, máis alá do tren, e un referente loxístico internacional, máis alá das nosas fronteiras.

Xa somos líderes da mobilidade en España e, para seguir contando coa confianza dos nosos clientes nacionais e internacionais, enfocamos o noso futuro a axustar a nosa oferta ás novas demandas. Neste proceso, centrámonos en conceptos que conforman a nosa identidade: calidade de servizo, seguridade, eficiencia, intermodalidade e satisfacción do cliente.

Este plan estratéxico está baseado en 3 piares apoiados por tres pancas:

 

 

Para mellorar a experiencia dos clientes, actuais e futuros,
realizamos unha exhaustiva análise do “customer journey” da nosa oferta e traballamos na redefinición da carteira de produtos. Simplificada e máis adaptada ao que buscas, ás túas necesidades reais como viaxeiro.

Outra das chaves para a nosa futura competitividade é a transformación
dixital da compañía e a transformación cultural dos traballadores que lle dan vida. Programas de detección do talento, xestión do rendemento, formación e desenvolvemento das persoas e do comportamento ético achegarán máis a marca Renfe á meta da excelencia no servizo.

Innovamos

O noso plan de innovación está aliñado co Plan de innovación para o transporte e as infraestruturas do Ministerio de Transporte, construído arredor de catro dimensións que marcarán o futuro do sector: dixitalización, Internet do futuro, intermodalidade e transformación enerxética. Con este marco de referencia, defínense máis de 20 liñas estratéxicas englobadas en catro eixes: 

  • Experiencia do usuario
  • Plataformas intelixentes.
  • Rutas intelixentes.
  • Eficiencia enerxética e sustentabilidade.

O importe estimado do plan é de 86,99 millóns de euros e inclúe 70 iniciativas. En Renfe, con 11,75 millóns de euros de orzamento, participamos activamente en 46 e somos líderes de 16 delas.