Definimos un modelo de innovación que combina coñecemento interno e externo baixo un enfoque de intelixencia colectiva. A innovación aberta nunha organización coma a nosa, coa nosa dimensión e traxectoria, ofrécenos máis velocidade e eficacia na implantación do modelo.
Nesta liña naceu TrenLab, a nosa incubadora de proxectos innovadores. TrenLab é un laboratorio onde startups e emprendedores contan co noso apoio para xestar e desenvolver proxectos realmente innovadores e de aplicación inmediata. Proxectos que incorporamos ao noso negocio e cos que xeramos valor para os nosos clientes, para a compañía e para unha sociedade cada vez máis esixente e mellor conectada.
No contexto do Plan de innovación para o transporte e as infraestruturas prodúcese o nacemento de Railway Innovation Hub Spain, unha agrupación que conta xa con 83 empresas (10 socios fundadores) do sector ferroviario, industrial e de innovación e que ten como misión o impulso da tecnoloxía e o coñecemento do sector ferroviario no eido internacional.
En Renfe formamos parte da xunta directiva deste gran proxecto que aspira a ser referente mundial en innovación do transporte e participamos no desenvolvemento do seu plan estratéxico.