Traballamos para trasladar á nosa cadea de provedores as esixencias sociais e ambientais propias, trasladándoas ás nosas licitacións. Para nós é primordial que aspectos como a igualdade, a conciliación, a saúde e a seguridade, o emprego, a atención á discapacidade, o cambio climático, a eficiencia enerxética, a economía circular…, entre outros, estean integrados na súa xestión empresarial, converténdonos en elemento tractor da responsabilidade social corporativa nos nosos provedores.

En liña coas directrices marcadas pola nova normativa de contratación pública, estamos promovendo a incorporación de criterios sociais e ambientais nas nosas licitacións.

Esta formulación supón incrementar os requisitos que se lles pedían ata agora aos contratistas do Grupo Renfe. O obxectivo é que paseniño se vaian incorporando novas cláusulas de maneira transversal, sempre que teñan relación co obxecto da contratación xa que, de acordo coa lexislación, as cláusulas sociais e ambientais deben estar vinculadas ao obxecto do contrato e ser proporcionais.

Tamén se toman en consideración outros criterios, en atención ao obxecto de cada contrato, como pode ser facilitar o acceso á contratación pública das pequenas e medianas empresas, así como ás empresas de economía social.

Foro da Contratación Socialmente Responsable - CON R

Desde 2019 somos membro do Foro da Contratación Socialmente Responsable. Este foro ten o obxectivo de impulsar as cláusulas sociais na contratación pública e privada para incrementar as oportunidades laborais das persoas con discapacidade e a accesibilidade universal.

O Foro CON R pretende utilizar a capacidade de investimento e gasto público como instrumento de política social a favor da discapacidade, de xeito que cada euro investido en compra pública teña o seu reverso social.