Venda

Renfe Alquiler dispón de material rodante en venda. Se non estás interesado en adquirir material ferroviario, cóntanos as túas necesidades e consúltanos sobre o material que temos en venda en cada momento.

 

Arrendamento de locomotoras

Alugamos as nosas locomotoras e incluímos o seu mantemento integral. O mantemento integral comprende o preventivo, o correctivo, a limpeza e outros servizos adicionais (manobras en instalacións de mantemento, servizo de asistencia técnica 24 h/7 días etc).

Dispoñibilidade e fiabilidade

Asumimos importantes compromisos de dispoñibilidade e fiabilidade sobre o noso material que varían en función do tipo de vehículo arrendado.

Base de mantemento

Ofrecémoslles aos nosos clientes a posibilidade de escoller a base de mantemento do Grupo Renfe que mellor se adapte ás súas necesidades dentro das válidas para ese tipo de material.

Garantías

Solicitamos que os nosos clientes conten cun seguro de responsabilidade civil, un seguro de danos e que outorguen un aval cuxo importe depende da duración do contrato e do número de vehículos alugados.

Uso e operación

Renfe Alquiler aluga o material mantido, o seu uso e operación correspóndelles aos nosos clientes.

Condicións económicas:

A renda mensual componse de:

  • Cota fixa por vehículo, que depende do tipo de locomotora arrendada, do número e da duración do alugamento. Debe aboarse nos primeiros días do mes obxecto de facturación.
  • Cota variable en función dos quilómetros percorridos por cada vehículo arrendado. O prezo por quilómetro dependerá do tipo de locomotora. Abóase por mes vencido.

Prazo

Tratando de adaptarnos á demanda dos nosos clientes, os nosos contratos de arrendamento baséanse na flexibilidade no que respecta á súa duración. Prevese unha duración mínima dun mes.
Información continua

Existe un fluxo de comunicación constante cos nosos clientes para a mellora continua dos nosos servizos e intercambio de información sobre incidencias, avarías, accidentes, quilómetros percorridos e outras circunstancias que lles afecten aos vehículos.