Talleres especializados

Contamos con talleres especializados en reparación de compoñentes de diferentes fabricantes e múltiples bases de asistencia técnica.

Rigoroso plan de calidade

Todo o mentemento dos nosos trens está auditado por unha enxeñería especializada segundo un rigoroso plan de calidade, soportado por potentes equipos de comprobación, calibración e bancos de probas. Deste xeito, as certificacións de calidade e medio ambiente aseguran a calidade de todos os nosos traballos.

Supervisión integral de mantemento

Canalizamos e supervisamos o mantemento de material rodante de todos os niveis, abarcando o mantemento integral de vehículos, a elaboración e desenvolvemento de plans de proceso de mantemento e a asistencia técnica: visitas de seguridade e visitas de confianza.

Mantemento correctivo

En canto ao mantemento correctivo, efectúase a reparación de avarías de todo tipo; mantemento de confort e imaxe e intervencións por accidentes e vandalismos.