En Renfe Mercancías contamos cun centro de xestión de operacións pioneiro en España, en funcionamento desde finais de 2018 na nosa sede central de Madrid. Este centro está dotado da máis avanzada tecnoloxía dixital para o control das operacións que realizan todos os trens que xestionamos. Desde o CXO realizamos un seguimento en tempo real de todos os elementos que interveñen no proceso produtivo e comercial, desde o momento en que se programa a circulación dun tren ata que chega ao seu destino.
A tecnoloxía empregada asenta no sistema Copérnico. A través de Copérnico realízase un seguimento en tempo real do percorrido completo de cada tren, baseado en tecnoloxía GPS, á disposición dos nosos clientes.
Ademais, estamos inmersos en proxectos baseados en dous eixes: desenvolvemento de servizos de última milla e implantación de servizos de transporte combinado eficientes, tales como as autoestradas ferroviarias, que suporía unha redución importante do tráfico de camións por estrada e, de modo colateral, a redución de emisións derivadas deste transporte.
A innovación tamén a levamos ao parque de vagóns, adaptándoos para poder transportar produtos que teñen que manter a cadea de frío e así asegurar que chegan en perfectas condicións ao destino.