Somos expertos no transporte de vehículos terminados, pezas e compoñentes para as cadeas de montaxe. Ofrecemos servizos dedicados aos fabricantes da industria automotriz, así como aos operadores loxísticos que interveñen na súa cadea de subministración. Ademais, contamos con socios e colaboradores especializados en transporte ferroviario e servizos auxiliares para o sector do automóbil, ofrecéndolles aos clientes unha xestión integral.

 

Vehículo terminado

Temos unha ampla experiencia no transporte de vehículos terminados. A nosa oferta fundaméntase en trens cliente con orixes e destinos nacionais e internacionais, que teñen unha planificación a medida para o transporte de automóbiles. 

  • Solucións multimodais flexibles e fiables.
  • Parque de vagóns adaptados a cada tipo de vehículo.
  • Conexións entre plantas de produción, campas, centros de distribución, portos marítimos e terminais. Tanto para exportación como importación.
  • Ciclos de transporte con triangulacións entre os distintos puntos de carga e descarga.
  • Cobertura europea.

 


 

Pezas e compoñentes

Conscientes da importancia que teñen as pezas e compoñentes nas liñas de produción, achegamos solucións eficientes que se integran cos procesos loxísticos dos nosos clientes.

  • Transporte de subministracións entre as plantas de produción e os seus provedores de repostos.
  • Solucións porta a porta cumprindo cos tempos de tránsito establecidos.
  • Servizos transfronteirizos en colaboración con empresas e operadores ferroviarios internacionais.
  • Optimización dos ciclos de transporte, con composicións cargadas tanto nos tráficos de ida como nos seus retornos.
  • Tráficos internacionais con cambio de eixes e transbordo de caixas na fronteira.
 

Poñemos á túa disposición ferramentas de servizo telemático para que sigas a túa mercancía en toda a súa traxectoria:

Coñece o parque de vagóns que temos á disposición para poder transportar este tipo de produto.