Ofrecemos servizos a medida con cobertura europea. Un provedor de confianza, que concentra nun único interlocutor o acceso fiable e eficiente ás grandes redes de distribución en Europa.

 

Servizos porta a porta:

Solucións loxísticas para sectores que requiren un alto nivel de especialización: 

  • Sector alimentario
  • Sector da automoción e compoñentes
  • Sector da enxeñería e enerxías renovables
  • Sector industrial: siderúrxico, petroquímico e gas, papeleiro…
  • Sector téxtil
  • Sector da reciclaxe e da xestión de residuos

 

Solucións multimodais: 

Cunha rede de colaboradores en todo o continente, ofrecemos solucións personalizadas que combinan o transporte por ferrocarril co transporte por estrada e o transporte marítimo.

  • Servizos de almacenaxe e distribución
  • Servizos loxísticos auxiliares en terminais ferroviarias
  • Consolidación e desconsolidación de cargas
  • Transporte a temperatura controlada
  • Servizos de manipulación
  • Cross Docking
  • Loxística de abastecemento da produción
  • Xestión de servizos aduaneiros
  • Solucións de integración IT

 

Capacidade de transporte: 

Contamos co maior parque de vagóns e plataformas de España, que garanten unha alta capacidade de carga e conectan os principais portos españois e europeos, que é un socio estratéxico fundamental en operacións de comercio internacional.

 

Servizos de valor engadido: 

Loxística á medida para clientes B2B que valoran a axilidade no transporte e a transparencia nos procesos.

  • Dámoslles cobertura integral aos nosos clientes
  • Xestionamos as operaciones de primeira e última milla, asegurando unha perfecta integración cos nosos servizos ferroviarios
  • Os nosos especialistas asesórante para que escollas a mellor opción, eficaz e competitiva, incluíndo a selección dos equipos adecuados
  • A nosa experiencia en mercancías perigosas (RID-ADR) garánteche o cumprimento das normativas vixentes con total seguridade
  • As nosas solucións de transporte multimodal proporciónanlles aos nosos clientes fácil acceso á rede ferroviaria

 

Rastrexabilidade total da mercancía: 

A través do noso centro de alta tecnoloxía dixital para a xestión e o control do tráfico dos seus trens, os clientes teñen acceso ao seguimento en tempo real da súa mercancía as 24 horas do día e os 7 días da semana. Somos un operador loxístico integral que aposta por solucións innovadoras.

 

Novos servizos: 

Sempre en evolución, desenvolvemos novos servizos e conexións. 

Renfe Mercancías conecta España coa China a través das súas empresas colaboradoras, convertendo o transporte por ferrocarril nunha alternativa eficaz, fiable e máis rápida ca o transporte marítimo.

Autoestrada ferroviaria, un servizo de transporte combinado que sobe o camión ao tren e aposta por un medio de transporte máis ecolóxico e seguro para a mercancía e os transportistas, cuns custos competitivos para expedicións de alta rotación con gran flexibilidade na operativa. Un servizo continuado 24/7 sen as paradas obrigadas de descanso na estrada.