Como rexistrarse na app de Cercanías

Como me rexistro?

Para realizar o rexistro deberás proporcionarnos un correo electrónico válido e un contrasinal, así como o nome, apelidos, documento identificativo e teléfono (todos os campos son obrigatorios).

No propio rexistro solicítase o código de seguridade que che permitirá realizar as compras na aplicación; este código defíneo o usuario, é numérico e ten 4 díxitos.

Este rexistro é válido para todas as app e venda en liña de Renfe.

 

Política de privacidade e condicións.

Debe aceptarse a política de privacidade no propio rexistro, a cal está asociada á selección de permiso de recepción de promocións e consentimento de comunicación de datos a terceiros.

Ademais, infórmase da política xeral de privacidade de Renfe e os dereitos reservados da propiedade intelectual da empresa a través dunha ligazón.