Como rexistrarse na app de Renfe

Como me rexistro?

Para realizar o rexistro haberá que proporcionar un correo electrónico válido e contrasinal, así como os seguintes datos persoais: nome, apelidos, documento identificativo e teléfono. Unha vez rexistrado poderás visualizar os diferentes servizos de Renfe: fidelización, tarxetas asociadas, viaxes, etc.

O documento identificativo e o segundo apelido nesta aplicación serán opcionais (Apple); ademais, unha vez rexistrado, poderás modificar algúns dos teus datos de usuario, se o consideras necesario.

Este rexistro é válido para todas as app e venda en liña de Renfe.

 

Política de privacidade e condicións.

Debe aceptarse a política de privacidade no propio rexistro, a cal está asociada á selección de permiso de recepción de promocións e consentimento de comunicación de datos a terceiros.

Ademais, infórmase da política xeral de privacidade de Renfe e os dereitos reservados da propiedade intelectual da empresa a través dunha ligazón.