Como rexistrarse en renfe.com

Como me rexistro?

Desde a páxina web de Renfe pódese acceder ao rexistro a través da icona de inicio de sesión (sinalada na imaxe).

A cabeceira, ao ser fixa, ofrece o acceso desde calquera punto da navegación da web.

 

Ao premer sobre a icona amósase a seguinte pantalla onde se poderá realizar o inicio de sesión ou ben rexistrarse.

 

 

Rexistrarse

 

 

Na actualidade ofrécense 3 tipos de rexistro:

  • Básico
  • Avanzado
  • Más Renfe

De maneira predeterminada, atópase seleccionado o tipo Más Renfe.

 

 

Rexistro básico

Vantaxe:

  • Facilidade de rexistro
  • Posibilidade de cambiar o tipo de rexistro.

Campos obrigatorios para o rexistro:

  • Correo electrónico
  • Teléfono móbil
  • Contrasinal
  • Consentimento idade

Consentimento en rexistro

 

Nos distintos tipos de rexistro existen un par de campos onde o usuario poderá dar o seu consentimento ao tratamento dos seus datos e se desexa recibir ofertas de Renfe

En caso de non marcar estes campos, ao seren opcionais, mostrarase unha mensaxe indicando as posibles ofertas que non se van recibir.
 

Finalización do rexistro

 

Validado o código anterior, o sistema redirixirá ao usuario a unha pantalla onde se lle indicará que o proceso finalizou correctamente e a posibilidade de acceder á súa área privada.

Se o tipo de rexistro foi básico ou avanzado, ofreceráselle ao usuario a opción de facilitar máis datos para completar o perfil e acceder a un tipo de rexistro superior.