Modernización.

Case 40 millóns de viaxeiros utilizan os servizos de Alta Velocidad ao ano en España. A modernización do noso ferrocarril en gran parte do territorio peninsular en servizos de Larga e Media Distancia supón unha rede de alta velocidade que se desenvolveu en conexión coa rede convencional. A evolución ao longo destes anos sitúa a cifra acumulada de viaxeiros que utilizaron a rede de alta velocidade en España en máis de 400 millóns de viaxeiros.

Unha transformación de país.

O tren é, 28 anos despois do primeiro servizo de alta velocidade, o principal modo de transporte colectivo elixido en España para traxectos peninsulares de longa distancia.

Impacto multisectorial.

As implicacións que xera este feito están conectadas co sector industrial e ferroviario español, referente mundial, co sector turístico, onde España é un modelo internacional, e cunha economía baixa en carbono, ademais da seguridade, a fiabilidade e a puntualidade duns servizos que lle achegan ao usuario valor engadido.

O efecto rede.

O efecto que a ampliación da rede de alta velocidade xerou progresivamente fai que, xunto aos millóns de viaxeiros anuais en servizos Ave, o 65 % dos viaxeiros de longa distancia en servizos que circulan pola rede convencional utilice parcialmente a rede de alta velocidade, deseñada para conectar puntos finais nos corredores non completados aínda.

O valor do tempo.

A velocidade comercial media dos servizos pola rede de alta velocidade española é de 222km/h, superior á rexistrada en países pioneiros como O Xapón ou Francia. Trátase dun dos factores tecnolóxicos clave desta transformación.

Enerxía, carbono, externalidades.

O ferrocarril é un dos elementos centrais para unha economía baixa en carbono e para reducir as externalidades que causa o transporte, evitando custos e reducindo emisións.

Vangarda tecnolóxica.

Este desenvolvemento tecnolóxico situou o sector ferroviario español e o sector industrial vinculado a el na vangarda do mercado mundial da alta velocidade. Renfe e Adif son líderes en materia de interoperabilidade e sistemas de sinalización e circulación. España é o país con maior grao de implantación do sistema de xestión do tráfico ERTMS, o estándar máis avanzado definido pola Unión Europea para o bloque comunitario, tanto nas vías como a bordo dos trens.

Referente mundial.

O desenvolvemento da alta velocidade permitiu exportar este coñecemento e tecnoloxía a países como Arabia Saudita ou Os Estados Unidos para o deseño, construción e operación de servizos de alta velocidade.

Calidade.

O incremento da demanda nos servizos de alta velocidade é consecuencia dos factores que a distinguen (velocidade media, seguridade, confort, fiabilidade e puntualidade) e dun esforzo de servizo. A extensión da rede e o aumento progresivo dos servizos de alta velocidade de Renfe desenvolveuse mantendo uns niveis de calidade percibida de notable e por encima da media dentro do sector do transporte.

Novos servizos.

Renfe traballa para lles seguir engadindo valor aos seus servizos de alta velocidade antes, durante e despois da viaxe. Percibimos cidadáns e clientes cada vez máis autónomos, esixentes e conectados en comunidades virtuais que esixen a adaptación a un contorno marcado pola xestión dos datos, a personalización e un servizo directo e transparente. Avanzar no desenvolvemento dixital dos servizos que ofrecemos, polo tanto, é unha liña estratéxica irrenunciable para Renfe. A plataforma de conexión wifi e contidos PlayRenfe é un bo exemplo de innovación, personalización e dixitalización propios da nosa era, onde o catálogo de oportunidades para que o cliente lle dea valor ao seu tempo se multiplicou.