Cercanías, cos seus núcleos en grandes cidades, conforma unha rede esencial para a mobilidade urbana e interurbana e permite que máis dun millón de viaxeiros se despracen a diario a través do ferrocarril de proximidade.
A concentración de contaminantes nas cidades xera un reto ao que o ferrocarril de Cercanías pode darlle resposta. A Comisión Europea recoñece que o transporte é a materia pendente da descarbonización en Europa. A mobilidade é o sector que xera máis gases de efecto invernadoiro, cun 27 % do total das emisións da UE.
O noso obxectivo é incorporar máis clientes a un transporte sustentable como o tren urbano, mediante un esforzo de xestión e modernización, permitíndolles reducir a súa pegada particular de carbono, o seu impacto ambiental e aumentar a sustentabilidade dos desprazamentos e dos negocios.
Renfe conta cun total de 12 núcleos de Cercanías en Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Bilbao, San Sebastián, Murcia-Alicante, Cádiz, Zaragoza, Málaga, Cantabria e Asturias. Máis dun millón de viaxeiros diarios e máis de 400 millóns de viaxes anuais contribúen á descontaminación das nosas grandes cidades.