Sabemos que a túa confianza é importante, por iso en Renfe continuamos reforzando os nosos procedementos de limpeza e desinfección de todos os nosos trens para ofrecerche un contorno seguro durante a túa viaxe.
Estes procedementos, así como as diversas medidas de embarque, desembarque e a bordo, mereceron o recoñecemento dos certificados AENOR e SGS contra a COVID-19 para o transporte de viaxeiros na nosa frota de trens Ave, Larga Distancia, Avant e Rodalies de Catalunya.
Os protocolos, certificados por AENOR mediante exhaustivas avaliacións, tanto presenciais coma documentais, contemplan todos os momentos nos que un viaxeiro entra en contacto cos servizos da compañía antes, durante e unha vez finalizada a súa viaxe, incluído o check-in e acceso aos trens, a distribución dos pasaxeiros, a limpeza e desinfección do interior dos trens, así como as medidas de protección de viaxeiros e empregados, entre outros.
O selo SGS “Desinfección supervisada” para trens Ave, Larga Distancia e Avant certifica a eficacia nos resultados dos protocolos de limpeza e desinfección. Este selo avala niveis óptimos de desinfección en todas as superficies do tren contra un amplo espectro de bacterias e virus, entre os que se atopa a COVID-19.
Esta prestixiosa entidade internacional, líder mundial en inspección, verificación, ensaios e certificación, realiza minuciosas avaliacións antes e despois da limpeza dos trens co propósito de certificar a eficacia no resultado dos protocolos establecidos para a limpeza e desinfección.
Os procedementos de inspección constan das seguintes accións:
A vixencia deste selo SGS “Desinfección supervisada” é dun ano, ata decembro de 2021, e estará garantida a través dos controis periódicos que a entidade independente require ao longo deste período.
A obtención do selo SGS e a certificación emitida por AENOR forman parte do programa Tren Seguro despregado por Renfe para ofrecerlles aos pasaxeiros a máxima seguridade e tranquilidade nas súas viaxes en tren.
A combinación de ambas as dúas certificacións converte os servizos de Renfe nunha opción de transporte que ofrece os máis altos estándares de seguridade, dado que AENOR certifica os protocolos de limpeza e desinfección implantados pola compañía e SGS completa o proceso de verificación, amparando a eficacia na aplicación destes procesos mediante a análise dos seus resultados.
Renfe traballa na identificación e desenvolvemento de novos métodos de desinfección para todos os ámbitos do contorno da viaxe cuxas garantías de eficacia aconsellen a súa implantación no futuro.
Ademais, para a túa tranquilidade e seguridade, ADIF instalou cámaras de medición de temperatura en grandes terminais. Podes consultar toda a información na páxina web de Adif.
Antes da túa viaxe, consulta posibles restricións ou condicións sanitarias na web da comunidade autónoma cara á que te dirixas.
Con todas estas medidas, ademais dos novos procedementos de embarque, queremos asegurarnos de que viaxes con total tranquilidade e seguridade.
Protéxete a ti mesmo e aos teus seres queridos. Descarga a aplicación Radar Covid e axuda a deter o virus.
Reciba alertas de contactos de risco, todo de forma anónima, segura, confidencial e voluntaria. Coñécea.