Se ben a cidade de Alacant é un destino perfecto para visitar e pasar uns días agradables, completar a experiencia cunha visita aos arredores parece case obrigado.
Praias enormes, pobos de soño e destinos de lecer nocturno son só algúns dos exemplos que os arredores de Alacant teñen para ti.
As praias que non podes perder
Moitos son os turistas que elixen Alacant e as súas praias para gozar das súas vacacións… e non é de estrañar! As súas calas e extensas praias son un gran remanso de paz nos que poder descansar e darse un bo mergullo.
Por iso desde Renfe propoñémosche as mellores praias de Alacant para que ti soamente te dediques a pasalo ben!
Alacant provincia: un mundo por explorar
Son moitas as opcións que a provincia de Alacant nos proporciona á hora de coñecer sitios novos ao longo da costa branca:
- Benidorm: Símbolo do turismo por excelencia, esta cidade conta con varios atractivos que a alzan ano tras ano como un dos destinos máis buscados. Bo clima, praias quilométricas e unha vida nocturna sen rival, quen dá máis?
- Altea: Unha pequena xoia dunha beleza inmensa. Esta vila conta cunha zona histórica de soño, na que non podes perder a súa igrexa da nosa Señora do Consolo. Gozar dos seus miradoiros é outra das actividades máis recomendadas neste enclave único.
- Denia: Conta cunha pequena zona histórica digna de visitar, na que destacan o castelo e a igrexa da Nosa Señora da Asunción. Despois, non podes deixar de gozar das súas preciosas praias e calas.
- Jávea: Outra pequena cidade costeira que ben merece unha visita. Destacan a igrexa de San Bartolomé ou o seu Concello.
- Calpe: Presidida pola impoñente pena de Ifach, Calpe é un auténtico remanso de paz onde tamén se pode gozar do seu lado máis histórico, visitando as murallas do século XV ou o Museo de Historia e Arqueoloxía.