Aviñón (Avignon en francés) é unha cidade e comuna francesa na ribeira do Ródano dentro da rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul.
A cidade é coñecida en Francia polo seu Festival de Teatro de Aviñón. Fundado en 1947 por Jean Vilar e celebrado cada xullo, considérase o festival de teatro máis antigo e célebre de Francia. Os espazos nos que se representan as obras multiplícanse pola cidade cada ano chegando ás aforas de Aviñón.
Descubre todos os tesouros que agacha o patrimonio de Aviñón protexidos pola Unesco. Podes facelo cunha visita guiada, das moitas que organiza a súa Oficina de Turismo, ou libremente e ao teu ritmo. Sexa cal sexa a forma que elixas, Avión non te decepcionará.
Recomendámosche estes lugares imprescindibles:
Aviñón espéravos cos brazos abertos. Todo o que tendes que facer é subir nun dos nosos trens AVE Internacional entre España e Francia e deixarvos levar en alta velocidade ata o destino. Rápido, cómodo e sostible. As frecuencias diarias póñeno ben fácil con saídas desde Madrid, Zaragoza, Tarragona, Barcelona, Girona e Figueres.
Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte. Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.
A estación de tren Avignon-TGV é un nó da rede de transportes francesa que permite aos viaxeiros dirixirse á rexión arredor de Aviñón (Vaucluse, Provenza-Alpes-Costa Azul). Este lugar permite conectar facilmente con outros transportes por estrada, se é preciso.