A tan só 6 kilómetros de Portugal e atravesada polo río Guadiana sitúase Badajoz, unha cidade cunha rica historia, marcada pola súa posición estratéxica e fronteiriza.
De orixe árabe e fundada no ano 875, aínda que con evidencias de xacementos anteriores, a cidade viviu épocas de grande esplendor, como cando era un dos reinos de Taifas, tras a caída no século XI do Califato de Córdoba. Coa Reconquista no século XII, mantivo a súa relevancia, xa que pasou a ser unha cidade estratéxica debido á súa situación con Portugal.
Se tes que recuperar forzas en Badajoz, telo fácil. Hai varias zonas para degustar a gastronomía local. En Praza de España e arredores ou o paseo de San Francisco, unha zona animada xunto ao Teatro López de Ayala, atoparás lugares típicos.
Os seus embutidos con Denominación de Orixe da Dehesa ou os seus viños con Denominación de Orixe Ribeira do Guadiana son un símbolo máis da cidade. A gastronomía de Badajoz baséase nos produtos locais e posúe moita influencia dos produtos que no seu día se traxeron de América.
Tes gana de visitar Badajoz? Desde Renfe poñémoscho fácil coas nosas rutas con orixe e destino Badajoz para que viaxes da forma máis cómoda, rápida e sostible posible.
¡A qué esperas! Sube a bordo y ¡déixate levar con Renfe!