Lyon é un dos referentes gastronómicos de Francia grazas, en gran parte, a un dos chefs máis recoñecidos mundialmente e «pai» da «Nouvelle Cuisine», Paul Bocuse. Porén, os doces sempre son aqueles pratos que pasan a un segundo termo. É por iso que Renfe te leva a Lyon, para que poidas degustar os mellores doces «in situ». Súbete aos nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia. Achegámoste en só unhas horas, de forma cómoda e sostible. Será, sen lugar a dúbidas, unha viaxe moi «doce»!
Esta torta de praliné é unha das especialidades da repostería lionesa. A base para a torta cóbrese cunha capa de améndoas azucradas rosas trituradas e almibre. Mestúrase con nata e métese no forno ata que a torta está triscante. Un auténtico manxar para os amantes dos pasteis.
Coñecidos en España como bolos de vento do Entroido, é un doce típico desta época, aínda que se poden degustar durante todo o ano. Consisten nunha masa fina parecida á dos clásicos bolos de vento aos que se lle engade un chisco de licor. Déixase repousar a masa, fanse pequenos bolos moi finos e frítense. Unha vez fritidos bótaselles azucre por riba. Son un verdadeiro vicio.
Coñecidas popularmente como lionesas, non é unha sobremesa exclusiva da rexión de Lyon, xa que os «choux» elabóranse en todo o territorio francés. A masa, similar á dos bolos de vento, énchense con nata, crema ou chocolate.
Este doce típico da cidade foi creado pola chocolatería Voisin en 1960 para lembrar a procesión a Fourvière para implorar a axuda da Virxe e acabar coa epidemia de peste de 1643, onde se depositou un coxín de seda. Este bombón rectangular está elaborado con chocolate e pasta de améndoas cunha capa perfumada ao curaçao.
Bugnes, sobremesa típica de Lyon
Torta ao praliné
Se de regreso a casa aínda salivas coa degustación de doces de Lyon, pensa en volver repetilo en calquera dos destinos que Renfe ten para ti. Podes visitar moitas outras cidades francesas conectadas polos nosos trens de alta velocidade entre España e Francia. Co AVE Internacional sempre viaxas dun centro de cidade a outro. Non estás xa desexando subir ao tren? Non esquezas que é a maneira máis cómoda, rápida e sostible de viaxar. Ademais, benefíciate dos nosos descontos e obtén o mellor prezo.
Gustáronche as nosas propostas? Pois espera que aínda hai máis! Descubre a gastronomía de Lyon con Renfe.