Cousas que facer en Córdoba
Aínda non estás convencido das marabillas que ofrece a cidade de Córdoba? Pois ben, á parte de ver e visitar lugares dunha beleza inimaxinable, Córdoba tamén ofrece outros plans.
Forma parte do seu ambiente tan característico. Visita a Plaza de la Corredera, lugar onde moitos cordobeses quedan para tomar algo ou ir xantar. Ademais, a xente de Córdoba é moi afable! Goza do ambiente da cidade tomando algo nun dos seus lugares máis típicos.
Come! Algúns dos pratos máis típicos da cidade de Córdoba son as berenxenas con mel, os enormes «flamenquines», os embutidos… E por suposto un riquísimo «salmorejo» cordobés! A gastronomía en Córdoba é unha auténtica marabilla, vas quedar sen probala?
Visita os patios cordobeses. Os patios cordobeses son lugares cheos de maxia e que contan cunha decoración floral única. Se queres poñer a proba os teus cinco sentidos e gozar dun dos representantes do modo de vida cordobés, non podes deixar de ver os seus patios!
Se a todo isto lle sumas que o clima de Córdoba adoitar ser soleado, que máis se pode pedir? Se buscas unha forma fácil, segura e cómoda de viaxar a Córdoba, lembra que Renfe ten ao teu dispor trens AVE, Avlo e Larga Distancia. A que esperas?