Capital dos Pireneos Orientais e fronteiriza con España, Perpiñán é un destino único que non podes perder. A cidade goza dun contorno privilexiado a carón do litoral mediterráneo e do impoñente macizo do Canigó, é dicir, entre o mar e a montaña. Achégate en tren e descúbreo con Renfe!

É unha cidade chea de vida e a súa apertada axenda cultural demóstrao. Existen plans case infinitos que facer en Perpiñán. Visita os seus mercados e feiras e déixate transportar a outros lugares afastados a través dos olores, cores e especias. Namórate do encanto dos anticuarios nas calellas de Maillol. Ou simplemente, percorre as súas rúas ou pasea pola beira do Canal de la Basse coa túa cámara e boa compaña.

O seu pasado como capital do antigo Reino de Mallorca deixou un patrimonio medieval único, onde destaca o estilo gótico. O Concello, a Casa Xanxo ou a Lonxa do Mar son bo exemplo diso, valo perder?

Descubre que ver en Perpiñán:

  • Palacio dos Reis de Mallorca. Coñecido como o Castelo de Perpiñán, foi construído no século XIII, en tempos de Xaime II, rei de Mallorca, cando decidiu que Perpiñán sería a capital do reino. De estilo gótico, é un dos monumentos máis importantes do Rosellón.
  • Campo Santo. O claustro de Saint-Jean, construído no século XIV, é coñecido como Campo Santo, debido á súa función fúnebre. Trátase doutro símbolo do Reino de Mallorca e conta cunhas orixinais vidreiras vangardistas que te deixarán sen fala. 
  • Catedral de Saint Jean Baptiste. Situada a carón do Campo Santo, trátase dunha catedral de estilo gótico meridional clasificada como monumento histórico.
  • O Castillet. A súa arquitectura de estilo militar en peculiar ladrillo vermello converteuno en todo un símbolo da cidade. Construído no século XIV, era a antiga entrada da cidade, aínda que durante varios anos foi unha prisión.

Viaxa a Perpiñán en tren

En definitiva, un paseo polas rúas de Perpiñán permite descubrir a incomparable riqueza do seu pasado ¡Anímate e compra xa tu billete de tren a Perpiñán nos nosos trens de Alta Velocidade Internacional

Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte.  Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.
 

Estación de Perpiñán

Pola estación de Perpiñán transitan un gran número de trens de alta velocidade, así como de grandes liñas e rexionais. A estación atópase a 2 km do centro da cidade.

Conta cun servizo gratuíto de asistencia persoal que consiste no acompañamento á saída e á chegada do tren dirixido ás persoas con mobilidade reducida ou discapacitadas ou a aquelas persoas que teñen unha necesidade de mobilidade de carácter temporal.​