Na confluencia da ría de Pontevedra co río Lérez xorde Pontevedra. De orixe lendaria e popularmente coñecida como a "Boa Vila", Pontevedra é unha cidade cun marcado carácter marítimo que te namorará. Si te preguntas qué ver o qué hacer en Pontevedra, te damos algunas pistas.
O seu elegante casco histórico, declarado Conxunto Histórico – Artístico, é un dos mellor conservados de toda Galicia. Perderse polo seu casco urbano é a mellor forma de coñecer a cidade e descubrir os segredos que esconde. As súas emblemáticas prazas como a Praza do Teucro, a de Méndez Núñez ou a Praza das Cinco Rúas son un fiel reflexo da historia de Pontevedra. Pazos e outros monumentos de interese agárdante nas súas empedradas rúas, valo perder? ¡Descubre Pontevedra con Renfe!
Un dos puntos máis importantes que non podes deixar de ver na túa visita a Pontevedra é a Praza da Peregrina. Esta praza é un dos atractivos principais da cidade e un dos puntos máis visitados por peregrinos e turistas.
Situado no centro da Praza da Peregrina, atópase o Santuario da Virxe da Peregrina. É sen dúbida a igrexa máis importante da cidade e tamén a máis curiosa. Dedicada á Virxe Peregrina, patroa da provincia, foi construída en 1778. A súa capela en forma de cuncha de vieira, símbolo dos peregrinos do Camiño de Santiago, a converten en parada de moitos deles. De estilo barroco tardío con mestura de toques neoclásicos, é sen dúbida un edificio singular que non te deixará indiferente.
Por suposto, non é o único edifico relixioso da cidade. Existen outros moitos de igual interese ou beleza que merecen unha visita como a Igrexa de San Francisco, a de San Bartolomé, a Basílica de Santa María ou o antigo Convento de Santa Clara:
Máis alá da praza da Peregrina, Pontevedra conta con todo un conxunto de belas prazas que ben merecen unha visita. Pérdete nas súas rúas, descubre os seus recunchos e déixate levar polo seu ambiente histórico:
A cidade, ademais dunha oferta turística impresionante, ofrece unha axenda cultural e de ocio moi variada. Poderás desfrutar dunha xornada de compras polas moitas zonas peonís e comerciais que ten a cidade, como a rúa Michelena ou Benito
Corbal, ou desfrutar das súas galerías e centros comerciais. ¡Date un capricho!
Os arredores de Pontevedra tamén merecen unha visita. Existen numerosas rutas de sendeirismo na zona e non esquezas que o Camiño de Santiago, en concreto o Camiño Portugués, atravesa a cidade.
Neste sentido, non podemos deixar de recomendarche que des unha volta pola Ría de Pontevedra. Esta contorna é unha das máis belas das Rías Baixas e nela podemos atopar auténticas xoias como o Mosteiro de Poio ou pobos como Combarro. ¡Unha experiencia única que seguro desfrutarás!
Pontevedra conta cunha tradición mariñeira moi arraigada polo que peixes e mariscos son clave na súa gastronomía. A calidade dos seus produtos é moi recoñecida. Ostras, mexillóns, berberechos, lamprea, robaliza, "coruxo", mero... todos faranche saborear o Atlántico. Os produtos da terra tampouco teñen nada que envexar, a súa famosa tenreira galega ou a variedade dos seus produtos hortícolas, fan da gastronomía de Pontevedra un exemplo de dieta rica, sa e variada.
Sen dúbida é un bo destino tamén para os amantes do viño. Os seus viños, con Denominación de Orixe Rías Baixas, maridan á perfección cos diferentes pratos e poñen o broche perfecto a unha boa comida ou cea.
Se xa estás pensando en organizar a túa viaxe, desde Renfe recomendámosche que botes unha ollada ás nosas rutas con orixe e destino Pontevedra para que goces dunha viaxe cómoda, rápida e sostible.