Entre montañas e verdes bosques nas beiras do río Douro, atoparás unha terra para soñar, Soria. Este é o lugar que cativou a poetas como Machado, Gerardo Diego ou Bécquer co seu magnetismo. É o enclave estratéxico que noutrora ansiaron os romanos e polo que os numantinos deron a vida. Pasear pola cidade levarate ao seu pasado medieval envolto en natureza e serenidade.
Con ganas de descubrir esta fermosa cidade? Segue a ler e descubre que ver en Soria!
A provincia de Soria conta con algúns dos recunchos naturais máis espectaculares de Castela e León e con pequenas vilas que te trasladarán inmediatamente a épocas anteriores. Coñecémolas?
Con ganas de visitar Soria? Desde Renfe poñémoscho fácil para que viaxes connosco da forma máis rápida, cómoda e sostible e poidas centrarte en gozar da túa viaxe.
A estación de trens de Soria atópase ao sur da cidade e é célebre por ser o escenario da famosa película Doutor Zhivago. Por esta terminal circulan uns seis trens ao día que conectan a cidade con Madrid en apenas 3 horas.
Así que non o penses máis, consulta as nosas rutas e pon rumbo a Soria con Renfe!
Estatua de Gerardo Diego.