Se es dos que sempre queren estar á última, este é teu sitio. Desde os plans máis populares ás novidades dos mellores destinos.
Bota un ollo á nosa clasificación cos destinos que non podes perder.
Consulta a nosa axenda cos plans máis populares e que non cho conten.
Toma nota das rutas máis demandadas e prepara a túa próxima viaxe en tren.
Comezamos con: ¡Málaga! A capital da Costa do Sol alzase como un dos destinos dez para o verán. Por que? Fácil! Málaga ten todo. Desde infinitas horas de sol, gastronomía con acento andaluz, un patrimonio cultural único, praias de area branca e ocio para todos os gustos. Por se isto fose pouco, os arredores da cidade ofrecen todo tipo de plans, anímaste a descubrilos? Súbete ao Cercanías de Málaga e descubre a Costa do Sol en tren.
Apetéceche unha escapada en tren ao máis puro estilo mediterráneo? Pois Alicante é o teu destino. A cidade é famosa polas súas moitas opcións de lecer, tanto de tardeo como nocturnas. Por non falar da súa ampla oferta gastronómica baseada nos produtos típicos da zona. Ademais, se non queres gastar moito, temos para ti os mellores plans gratuítos na cidade. Pero se o que buscas é desconectar, non te preocupes, tamén poderás facelo. O ritmo da cidade é tranquilo e relaxado e contas con algunhas das mellores praias de Levante que ofrecen todo tipo de actividades. Ideal para recargar as pilas!
Seguimos con Girona, o destino ideal para os que o queren todo. A cidade emana cultura e o seu patrimonio é un verdadeiro tesouro que mestura tres culturas históricas: cristiá, xudía e musulmana. Perderte polas súas rúas, mentres vas descubrindo os seus segredos, é como unha auténtica viaxe no tempo. Ademais, os pobos medievais próximos, rodeados pola natureza, ou a proximidade á Costa Brava converten este lugar no mellor punto de partida para explorar a provincia. Como ves, non terás que elixir entre praia ou montaña, alí atoparás todo.
No top 4: Vigo. Un destino cada vez máis de moda durante os meses de verán. E non nos estraña! O norte é sempre un bo refuxio para a calor máis intensa, pero non te preocupes, iso non quere dicir que haxa mal tempo. De feito, as súas espectaculares praias figuran entre as máis populares; algunhas, como as das Illas Cíes ou as Illas de Ons, son auténticos paraísos e están protexidas desde hai anos. Á hora de comer, teralo moi fácil, contas cos mellores produtos do mar e a terra. Por non falar dos seus viños, Galicia é un lugar ideal para quen goza do enoturismo. Facemos un brinde?
E pechamos o noso ranking con: Marsella. Esta xoia do Mediterráneo francés é o destino ideal para as túas vacacións. E é que cho ofrece todo! É unha cidade dunha beleza única, plagada de historia e lendas que seguro que te conquistarán. No verán, as súas praias de película énchense do mellor ambiente e é todo un luxo gozar das súas augas, anímaste a descubrir as mellores calas do Parque Nacional das Calanques? Ademais, sempre foi unha cidade moi ligada á cultura e durante os meses de verán a cidade énchese de eventos, festivais e feiras, todo un planazo! Imos en AVE Francia a Marsella?