¿Te animas a unha viaxe por Europa en tren? Con Renfe é posible! Co noso AVE Internacional a Francia contas con multitude de destinos franceses de Alta Velocidade para viaxar por Europa da maneira máis rápida, cómoda e sostible posible. Desde Lyon a Marsella, pasando por Montpellier e moito máis!
Outro tren internacional, é o Tren Celta que te permite coñecer Oporto desde Vigo.
E se tes gana dunha viaxe ao grande por Europa descubre o Interrail. A mellor maneira de percorrer Europa en tren, a que esperas?
Coñeces Oporto? Trátase da segunda cidade máis grande de Portugal ás beiras do Douro, río que a cruza e a enche de personalidade. Unha cidade que combina á perfección unha elegante decadencia cun rico e extenso patrimonio. Nós levámoste en tren.
Viaxar a Oporto nunca foi tan fácil grazas aoTren Celta, un tren internacional que conecta Vigo con Oporto. Tamén hai outras paradas que che poden interesar: Valença, Viana do Castelo e Nine, vés?
Deveces por construír novas lembranzas e fabulosas experiencias por Europa? Imos!
A solución é o noso pase internacional: Interrail. Unha maneira divertida e única de percorrer Europa. Distintas modalidades que se axustan ao que necesitas, pases flexibles... Anímaste?