Billetes

Billete Promo

Esta oferta baséase nun sistema de prezos dinámicos con importantes descontos nos trens AVE e Larga Distancia no seu traxecto nacional, que se determinen en función do tren, data de viaxe e antelación da compra.

Os prezos dos billetes poderán acadar descontos de ata o 70 % sobre a tarifa xeral ao seren adquiridos en www.renfe.com, Renfe Tícket, axencias de viaxes presenciais e virtuais.

Estes billetes estarán dispoñibles nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, venda telefónica e máquinas autovenda multiproduto, cun desconto máximo do 40 % sobre a tarifa xeral.

Estes descontos non son acumulables a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Non é posible realizar a selección gráfica do asento ao realizar a compra.

Non admite cambios nin anulacións.

Indemnización por atraso:

  • Igual ou superior a 60 minutos: devolución do 50 %.
  • Superior a 90 minutos: devolución do 100 % do importe do billete.

Non admite Perda do tren.


Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Billete Promo+ 

Esta oferta baséase nun sistema de prezos dinámicos con importantes descontos nos trens AVE e Larga Distancia no seu traxecto nacional, que se determinen en función do tren, data de viaxe e antelación da compra e sen renunciar a unha serie de atributos de calidade.

Os prezos dos billetes poderán acadar descontos de ata o 65 % sobre a tarifa xeral ao seren adquiridos en www.renfe.com, Renfe Tícket, axencias de viaxes presenciais e virtuais.

Estes billetes estarán dispoñibles nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, venta telefónica e máquinas autovenda multiproduto cun desconto máximo do 35 % sobre a tarifa Xeral.


Estes descontos non son acumulables a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Cambios

Se o cliente desexa cambiar o billete, aboará unha cantidade adicional equivalente ao 20 % do importe do billete cambiado en concepto de gastos de cambio. Ademais, o cliente aboará a diferenza entre os dous billetes, de haber algunha.

En ambos os dous casos, cando o cambio sexa a un billete de menor contía, da cantidade para reintegrar, unha vez deducidos os gastos de cambio, de haber algún, descontarase un 15 % do devandito importe.

En xeral, os billetes dos trens Ave e Larga Distancia poderanse cambiar un máximo de tres veces e sempre para a mesma orixe e destino.

Anulacións

Admítense as anulacións de billetes cunha dedución do 30 % sobre o prezo do billete.

Perda do tren

En caso de perda do tren por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

O cliente terá que aboar un 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa xeral se este viaxase en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Selección de asento

Non se pode realizar selección gráfica de asento.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Billete Flexible

O billete Flexible é unha oferta comercial só para AVE e Larga Distancia en todas as súas clases e prazas (sentadas e deitadas) que, mantendo o mesmo prezo da tarifa Xeral sen descontos, presenta atributos adicionais que permitirán ao cliente obter mellores condicións no referente a cambios, anulacións e perda do tren.

Ao billete Flexible poderánselle aplicar os descontos derivados de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda

Despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica Renfe Contigo 912 320 320, Renfe Tícket e máquinas de autovenda multiproduto.

Cambios

O billete pode cambiarse, sen custo, dentro do seu período de validez.

  • En caso de que o novo billete sexa de maior importe, o cliente aboará a diferenza.
  • Cando o novo billete sexa de menor importe, da cantidade para reintegrar, descontarase o 15 % en concepto de gastos de reembolso.

En xeral, os billetes dos trens Ave e Larga Distancia poderanse cambiar un máximo de tres veces e sempre para a mesma orixe e destino.

Anulacións

Admítese a anulación do billete cunha dedución do 5 % sobre o prezo do billete para devolver, en concepto de gastos de anulación.

Perda do tren

En caso de perda do tren por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

Sen custo para o cliente sempre e cando viaxe en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Billete de ida e volta

Esta oferta vai dirixida a persoas que realicen unha viaxe de ida e volta, mantendo as mesmas estacións de orixe e destino nun período máximo dun ano natural, incluída a data de adquisición do billete.

O desconto será dun 20 % sobre o prezo da tarifa Xeral/Base aplicado a cada traxecto, podendo combinar servizos AVE, Larga Distancia, Avant e Media Distancia Convencional, en todas as clases e prazas.

O desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

A formalización da viaxe de regreso deberá efectuarse no mesmo momento da compra do billete de ida, aínda que poderá ser obxecto de cambio posterior.

Canles de venda

Despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica Renfe Contigo 91 232 03 20, Renfe Tícket e máquinas de autovenda multiproduto, situadas nas estacións.

Cambios

Os billetes poderán ser cambiados, dentro do seu período de validez, sempre que se manteña esta mesma oferta, así como as orixes e destinos. Esta operación non ten custo.

Cando o cambio sexa a un billete de maior importe, o cliente deberá aboar a diferenza.

Cando o cambio sexa a un billete de menor importe, da cantidade para reintegrar, descontarase o 15 %.

En xeral, os billetes dos trens Ave e Larga Distancia poderanse cambiar un máximo de tres veces e sempre para a mesma orixe e destino.

Anulacións

Poderán anularse cada un dos traxectos de maneira individual, cun custo do 40 % do prezo do billete anulado.

Se se realiza unha anulación simultánea de ambos os dous traxectos, terá un custo do 15 % dos billetes anulados.

Perda do tren

En caso de perda dos trens AVE e Larga Distancia por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine. Sen custo para o cliente sempre e cando viaxe en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Billete 4Mesa

É unha oferta destinada para viaxes en trens AVE e Larga Distancia nos espazos configurados por catro prazas enfrontadas, dúas a dúas entre si, con ou sen mesa.

As catro prazas comercialízanse de forma conxunta cun 60 % de desconto sobre a tarifa xeral, aínda que poden ser ocupadas por un número menor de viaxeiros se o desexan, sempre que aboen o importe total da oferta.

O desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Poderase viaxar ata con dúas mascotas de forma gratuíta, cun máximo dunha mascota por persoa que viaxe.

Canles de venda

Os billetes poderán adquirirse nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais, venda telefónica Renfe Contigo 91 232 03 20, Renfe Tícket.

Cambios

Non admite cambio de billetes.

Anulacións

Admítese a anulación cuns gastos do 50 % do prezo dos billetes. É indispensable realizar a anulación de todos os billetes asociados a un mesmo localizador.

Indemnización por demora

  • Igual ou superior a 60 minutos: devolución do 50 %.
  • Superior a 90 minutos: devolución do 100 % do importe do billete.

Perda do tren

En caso de perda do tren por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

O cliente terá que aboar un 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa xeral se este viaxase en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Billete Múltiple

É unha iniciativa pensada para os viaxeiros que utilizan o tren de xeito recorrente nos seus desprazamentos en todos os servizos AVE, Larga Distancia, Avant e Media Distancia Convencional, en todas as clases e prazas sentadas.

O cliente poderá adquirir nunha única operación ata tres destinos e deberán coincidir o primeiro e o último.

O desconto que se aplicará será dun 20 % para cada traxecto sobre o prezo da tarifa xeral/base establecida para cada un.

O desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

O período de validez é dun ano, incluída a data de adquisición do billete.

Canles de venda

Despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, e venda telefónica Renfe Contigo 91 232 03 20.

Cambios

Os billetes poderán ser cambiados, dentro do seu período de validez, sempre que se manteña esta mesma oferta, así como as orixes e destinos. Esta operación non ten custo.

Cando o cambio sexa a un billete de maior importe, o cliente deberá aboar a diferenza.

Cando o cambio sexa a un billete de menor importe, da cantidade para reintegrar, descontarase o 15 %.

En xeral, os billetes dos trens Ave e Larga Distancia poderanse cambiar un máximo de tres veces e sempre para a mesma orixe e destino.

Anulacións

Poderán anularse cada un dos traxectos de maneira individual, cun custo do 40 % do prezo do billete anulado.

Se se realiza unha anulación simultánea dos tres traxectos, terá un custo do 15 % dos billetes anulados.

Perda do tren

En caso de perda dos trens AVE e Larga Distancia por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

Sen custo para o cliente, se viaxa en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal

Outra información

Non poderá realizarse a compra múltiple cando os puntos de orixe e destino se atopen dentro do mesmo núcleo de Cercanías.

Todas as estacións dunha mesma cidade considéranse a mesma para o proceso de enlazado de traxectos. Polo tanto, pode realizarse indistintamente ata/desde calquera delas.

Tamén se considerarán, para estes efectos, a mesma estación:

  • Antequera, Antequera – Santa Ana e Bobadilla.
  • Segovia e Segovia Guiomar.
  • Tarragona e Camp de Tarragona.
  • Figueres e Figueres Vilafant.
  • Huesca – Tardienta.
  • Villena – Villena A.V. e Elda Petrer.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Combinado Cercanías

CombinadoCercanías permite, coa compra dun billete AVE ou de Larga Distancia, obter de forma gratuíta, tanto en orixe como en destino, un billete de Cercanías (Renfe Cercanías e Feve Cercanías ou Rodalies de Catalunya) asociado ao billete inicial a través do código de barras ou contrasinal de cinco díxitos.

O cliente poderá comezar ou finalizar a súa viaxe en calquera estación dos seguintes núcleos de Cercanías de Renfe e Feve ou Rodalies de Catalunya:

  • Renfe Cercanías: Asturias, Bilbao, Cádiz, Madrid, Málaga, Murcia/Alacante, San Sebastián, Santander, Sevilla, Valencia e Zaragoza.
  • Feve Cercanías: Asturias, Cartaxena, Bilbao e Santander.
  • Rodalies de Catalunya: Barcelona, Xirona e Tarragona.

O billete poderá ser obtido e utilizado durante as catro horas previas á hora de saída de orixe e durante as catro horas seguintes á hora de chegada a destino do tren AVE ou Larga Distancia, sempre que os horarios de apertura e peche do servizo de Cercanías de cada núcleo o permitan, sen límite de coroas.

Obtención gratuíta dos billetes asociados

Tanto nas máquinas de autovenda como nos despachos de billetes de Cercanías/Rodalies, para obter o billete asociado cómpre a lectura do código de barras ou introducir o contrasinal de 5 díxitos que figura no billete de AVE ou Larga Distancia.

Se non é posible obtelo por algún destes medios, o viaxeiro accederá ao tren e a bordo validarao o persoal encargado ou na estación de saída.

Este billete de CombinadoCercanías non outorga, en ningún caso, dereito a indemnización sobre o billete AVE ou Larga Distancia por incidencias naquel servizo.

Cambios

Serán de aplicación as condicións establecidas para as ofertas comerciais coas cales se adquirise o billete AVE ou Larga Distancia, tendo en conta que:

  • Se se solicita o cambio para o mesmo traxecto, día e número de viaxeiros dun billete AVE ou Larga Distancia, aínda que xa se obtivese algún billete para un servizo de Cercanías xerarase un novo localizador cos traxectos pendentes de emitir.
  • Se se solicita o cambio para distinto día, traxecto ou número de viaxeiros dun billete AVE ou Larga Distancia, e xa se obtivo algún billete para un servizo de Cercanías, sumarase aos gastos de cambio que correspondan ao prezo dos billetes de Cercanías emitidos e xerarase un novo código con base nas características do novo billete.

Anulacións

Serán de aplicación as condicións establecidas para as ofertas comerciais coas cales se adquirise o billete AVE ou Larga Distancia, tendo en conta que:

  • Cando se anule un billete AVE ou Larga Distancia e xa se emitise algún billete para un servizo de Cercanías, sumarase aos gastos de anulación que correspondan o importe do billete ou billetes de Cercanías obtidos.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.


Agora tamén no TRAM de Alacante

Coa compra dun billete de AVE ou Larga Distancia, obterás de forma gratuíta un billete da rede TRAM de Alacante.

Poderase conseguir do mesmo xeito ca os billetes do CombinadoCercanías: nas máquinas de autovenda co código de 5 díxitos que aparece no billete.

As liñas TRAM nas que é posible utilizar este billete combinado son:

  • L1 – Luceros / Benidorm
  • L2 – Luceros / San Vicent del Raspeig
  • L3 – Luceros / El Campello
  • L4 – Luceros / Pl. A Coruña

O billete pódese obter e utilizar

  • As tres horas antes da saída do tren AVE ou Larga Distancia cara a Alacante
  • As tres horas seguintes á chegada do tren a Alacante

Lembra...

Todas as condicións correspondentes ao título de transporte de TRAM serán as que fixen os Ferrocarrils de la Generalitat Valenciana en cada momento. O título de transporte de TRAM non outorgará en ningún caso dereito ou indemnización sobre o billete de AVE ou Larga Distancia.

Abonos

BonoAVE

BonoAVE

Poderanse realizar as viaxes en todos os servizos AVE, así como nos servizos Larga Distancia realizados por liña de alta velocidade que sexan coincidentes con traxectos de trens AVE. O bono é válido unicamente para prazas sentadas.

Co BonoAVE obtense un desconto do 35 % sobre o prezo da tarifa xeral de servizos AVE en función do traxecto adquirido polo cliente. Sobre este prezo non se poderán acumular outros descontos, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Será válido durante 4 meses desde a data da compra, período no que deberá efectuarse a primeira formalización. Unha vez efectuada esta, poderase utilizar durante 4 meses, que se contarán a partir da data desa primeira formalización. Se durante o período de validez do bono se modificase o seu importe, as viaxes non utilizadas serán válidas, sen cambio de prezo, ata a súa caducidade.

As modalidades de BonoAVE son as seguintes:

  • BonoAVE Preferente.: O titular do BonoAVE Preferente pode formalizar o seu billete na súa clase ou unha inferior sen dereito a ningunha compensación.
  • BonoAVE Turista: O titular do BonoAVE Turista pode formalizar o seu billete en clase Turista, Turista+ e Preferente, nestas dúas últimas previo abono da diferenza de prezo respecto da tarifa Xeral AVE correspondente.

Canles de venda do bono

Despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica Renfe Contigo 912 320 320, Renfe Ticket e máquinas de autovenda multiproduto, situadas nas estacións.

Anulación do bono

O bono só poderá anularse sen ningún custo sempre que non se realizase ningunha operación con el.

No caso de realizar algunha operación co bono, pero non utilizar ningunha viaxe, poderase anular aboando o 15 % do prezo do devandito bono, en concepto de gastos de anulación.

Nos despachos de billetes das estacións poderase realizar a anulación dun BonoAVE adquirido a través de calquera canle, agás en axencias de viaxes virtuais.

Nas axencias de viaxes presenciais poderanse anular só os adquiridos por esta canle. Os adquiridos nas axencias virtuais deberán anularse unicamente na axencia virtual emisora.

Formalización da reserva

A formalización da reserva do billete é obrigatoria para cada viaxe.

Canles de venda da formalización da reserva

Despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica - Renfe Contigo 912 320 320, Renfe Ticket e máquinas de autovenda multiproduto.

Cambios

Non admite o cambio da formalización.

Anulación

Admítese a anulación da formalización da reserva sen ningún custo asociado para o cliente.

O prazo máximo para cancelar a formalización antes da hora prevista de saída do tren varía segundo a canle onde se faga a anulación:

  • Despachos de billetes das estacións e axencias de viaxes presenciais: 5 minutos.
  • Máquinas autovenda multiproduto: 15 minutos.
  • www.renfe.com e Renfe Ticket: 30 minutos.
  • Venda telefónica: 6 horas.

Perda do tren

  • En caso de perda do tren por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.
  • Co 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa zeral, sempre e cando viaxe en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Lembra...

O cliente deberá presentar o BonoAVE xunto coa formalización da reserva e os documentos xustificativos en vigor para a obtención doutros descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

BonoAVE Flexible

As viaxes poderanse realizar en todos os servizos AVE, así como nos servizos Larga Distancia realizados por liña de alta velocidade que sexan coincidentes con traxectos de trens AVE. O bono é válido unicamente para prazas sentadas.

O bonoAVE FLEXIBLE ten un prezo único en función da súa modalidade. Sobre este prezo non se poderán acumular outros descontos, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Será válido durante 4 meses desde a data da compra, período no que deberá efectuarse a primeira formalización. Unha vez efectuada esta, poderase utilizar durante 4 meses, que se contarán a partir da data desa primeira formalización. Se durante o período de validez do bono se modificase o seu importe, as viaxes non utilizadas serán válidas, sen cambio de prezo, ata a súa caducidade.

As modalidades de bonoAVE FLEXIBLE son as seguintes:

  • BonoAVE FLEXIBLE Preferente: O titular do BonoAVE FLEXIBLE Preferente pode formalizar o seu billete na súa clase ou unha inferior sen dereito a ningunha compensación.
  • BonoAVE FLEXIBLE Turista: O titular do BonoAVE FLEXIBLE Turista pode formalizar o seu billete en clase Turista, Turista+ e Preferente, nestas dúas últimas previo abono da diferenza de prezo respecto da tarifa Xeral AVE correspondente.

Canles de venda do bono

Despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica Renfe Contigo 912 320 320, Renfe Ticket e máquinas de autovenda multiproduto, situadas nas estacións.

Anulación do bono

O bono só poderá anularse sen ningún custo sempre que non se realizase ningunha operación con el.

No caso de realizar algunha operación co bono, pero non utilizar ningunha viaxe, poderase anular aboando o 15 % do prezo do devandito bono, en concepto de gastos de anulación.

Nos despachos de billetes das estacións poderase realizar a anulación dun bonoAVE FLEXIBLE adquirido a través de calquera canle, agás en axencias de viaxes virtuais.

Nas axencias de viaxes presenciais poderanse anular só os adquiridos por esta canle. Os adquiridos nas axencias virtuais deberán anularse unicamente na axencia virtual emisora.

Formalización da reserva

A formalización da reserva do billete é obrigatoria para cada viaxe.

Canles de venda da formalización da reserva

Despachos de billetes das estacións, Oficina de Vendas de Ceuta, www.renfe.com, Axencia de Viaxes Presenciais e Virtuais, Venda Telefónica - Renfe Contigo 912 320 320, RenfeTicket e Máquinas autovenda multiproduto.

Cambios

Non admite o cambio da formalización.

Anulación

Admítese a anulación da formalización da reserva sen ningún custo asociado para o cliente.

O prazo máximo para cancelar a formalización antes da hora prevista de saída do tren varía segundo a canle onde se faga a anulación:

  • Despachos de billetes das estacións e axencias de viaxes presenciais: 5 minutos.
  • Máquinas autovenda multiproduto: 15 minutos.
  • www.renfe.com e Renfe Ticket: 30 minutos.
  • Venda telefónica: 6 horas.

Perda do tren

  • En caso de perda do tren por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.
  • Co 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa zeral, sempre e cando viaxe en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Lembra...

O cliente deberá presentar o BonoAVE FLEXIBLE xunto coa formalización da reserva e os documentos xustificativos en vigor para a obtención doutros descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

BonoAVE Colaborativo

As viaxes poderán realizarse en todos os servizos AVE e Larga Distancia. O bono é válido unicamente para prazas sentadas.

Con este bono obtense un desconto de ata o 30 % sobre o prezo da tarifa xeral en función do traxecto adquirido polo cliente. Sobre este prezo non se poderán acumular outros descontos.

Será válido durante 4 meses desde a data da compra, período no que deberá efectuarse a primeira formalización. Unha vez efectuada esta, poderase utilizar durante 4 meses, que se contarán a partir da data desa primeira formalización. Se durante o período de validez do bono se modificase o seu importe, as viaxes non utilizadas serán válidas, sen cambio de prezo, ata a súa caducidade.

As modalidades de bono COLABORATIVO son as seguintes:

  • Bono COLABORATIVO Preferente: O titular do Bono COLABORATIVO Preferente pode formalizar o seu billete na súa clase ou unha inferior sen dereito a ningunha compensación.
  • Bono COLABORATIVO Turista.: O titular do Bono COLABORATIVO Turista pode formalizar o seu billete en clase Turista, Turista+ e Preferente, nestas dúas últimas previo abono da diferenza de prezo respecto da tarifa Xeral AVE correspondente.

Canles de venda do bono

Despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica Renfe Contigo 912 320 320, Renfe Ticket e máquinas de autovenda multiproduto, situadas nas estacións.

Anulación do bono

O bono só poderá anularse sen ningún custo sempre que non se realizase ningunha operación con el.

No caso de realizar algunha operación co bono, pero non utilizar ningunha viaxe, poderase anular aboando o 15 % do prezo do devandito bono, en concepto de gastos de anulación.

Nos despachos de billetes das estacións poderase realizar a anulación dun Bono COLABORATIVO, adquirido a través de calquera canle excepto en axencias de viaxes virtuais.

Nas axencias de viaxes presenciais poderanse anular só os adquiridos por esta canle. Os adquiridos nas axencias virtuais deberán anularse unicamente na axencia

Virtual emisora.

Formalización da reserva

A formalización da reserva do billete é obrigatoria para cada viaxe.

Canles de venda da formalización da reserva

Despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica - Renfe Contigo 912 320 320, Renfe Ticket e máquinas de autovenda multiproduto.

Cambios

Non admite o cambio da formalización.

Anulación

Admítese a anulación da formalización da reserva sen ningún custo asociado para o cliente.

O prazo máximo para cancelar a formalización antes da hora prevista de saída do tren varía segundo a canle onde se faga a anulación:

  • Despachos de billetes das estacións e axencias de viaxes presenciais: 5 minutos.
  • Máquinas autovenda multiproduto: 15 minutos.
  • www.renfe.com e Renfe Ticket: 30 minutos.
  • Venda telefónica: 6 horas.

Perda do tren

  • En caso de perda do tren por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.
  • Co 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa zeral, sempre e cando viaxe en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Lembra...

O cliente deberá presentar o Bono Colaborativo xunto coa formalización da reserva e os documentos xustificativos en vigor para a obtención doutros descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.


Avant

Tarjeta Plus

Este abono implica unha redución do prezo sobre a tarifa xeral/base en función do traxecto e do número de viaxes que se adquiren.

Este desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa.

Aínda que o seu período de validez é de 6 meses desde a data da compra do abono, todas as viaxes deben realizarse nun máximo de 30 días desde a data da primeira formalización da reserva.

Canles de venda do abono

Despacho de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e venda telefónica Renfe Contigo 912 320 320.

Anulación do abono

Só se poderá anular sen ningún custo asociado sempre que non se realizase ningunha operación sobre el.

No caso de facer algunha operación con el, pero non realizar ningunha viaxe, poderase anular cun custo do 15 % do prezo do devandito abono, en concepto de gastos de anulación.

A anulación do abono adquirido a través de calquera canle poderase realizar nos despachos de billetes das estacións.

Os abonos adquiridos en axencias de viaxes poderanse anular só a través desa canle.

Formalización da reserva

A formalización é obrigatoria para cada viaxe, cun máximo dunha praza por tren e día.

Canles de venda da formalización da reserva

Poderá realizarse nos despachos de billetes das estacións, na oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, nas axencias de viaxes presenciais, Venda Telefónica – Renfe Contigo 912 320 320, RenfeTicket e Máquinas autovenda multiproduto.

Cambios

Non se admite o cambio da formalización da reserva.

Anulación

Admítese a anulación da formalización da reserva sen ningún custo asociado para o cliente.

O prazo máximo para cancelar a formalización antes da hora prevista de saída do tren varía segundo a canle onde se faga a anulación:

  • Despachos de billetes das estacións e axencias de viaxes presenciais: 5 minutos.
  • Máquinas autovenda multiproduto: 15 minutos.
  • www.renfe.com e Renfe Ticket: 30 minutos.
  • Venda telefónica: 6 horas.

Lembra...

O cliente deberá presentar o abono Tarxeta Plus xunto coa formalización da reserva e os documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Tarxeta Plus 10

Este desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa.

Aínda que o seu período de validez é de 2 meses desde a data da compra da tarxeta, todas as viaxes deben realizarse nun máximo de 8 días desde a data da primeira formalización da reserva.

Canles de venda da tarxeta

Despacho de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e venda telefónica Renfe Contigo 912 320 320.

Anulación da tarxeta

Só se poderá anular sen ningún custo asociado sempre que non se realizase ningunha operación sobre ela.

No caso de facer algunha operación con ela, pero non realizar ningunha viaxe, poderase anular cun custo do 15 % do prezo da devandita tarxeta, en concepto de gastos de anulación.

A anulación da tarxeta adquirida a través de calquera canle poderase realizar nos despachos de billetes das estacións.

As tarxetas adquiridas en axencias de viaxes poderanse anular só a través desa canle.

Formalización da reserva

A formalización é obrigatoria para cada viaxe, cun máximo dunha praza por tren e día.

Canles de venda da formalización da reserva

Poderá realizarse nos despachos de billetes das estacións, na oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, nas axencias de viaxes presenciais, Venda Telefónica – Renfe Contigo 912 320 320, RenfeTicket e Máquinas autovenda multiproduto.

Cambios

Non se admite o cambio da formalización da reserva.

Anulacións

Admítese a anulación da formalización da reserva sen ningún custo asociado para o cliente.

O prazo máximo para cancelar a formalización antes da hora prevista de saída do tren varía segundo a canle onde se faga a anulación:

  • Despachos de billetes das estacións e axencias de viaxes presenciais: 5 minutos.
  • Máquinas autovenda multiproduto: 15 minutos.
  • www.renfe.com e Renfe Ticket: 30 minutos.
  • Venda telefónica: 6 horas.

Lembra...

O cliente deberá presentar a tarxeta Plus 10 xunto coa formalización da reserva e os documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Tarxeta Plus 10 - 45

Este desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa.

O seu período de uso e validez é de 45 días desde a data da compra da tarxeta.

Canles de venda da tarxeta

Renfe.com, despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, axencias de viaxes presenciais e venda telefónica Renfe Contigo 912 320 320.

Anulación da tarxeta

Só se poderá anular sen ningún custo asociado sempre que non se realizase ningunha operación sobre ela.

No caso de facer algunha operación con ela, pero non realizar ningunha viaxe, poderase anular cun custo do 15 % do prezo da devandita tarxeta, en concepto de gastos de anulación.

Nos despachos de billetes das estacións poderase realizar a anulación da tarxeta adquirida por calquera canle.

As tarxetas adquiridas en axencias de viaxes poderanse anular só por esta canle.

Formalización da reserva

A formalización é obrigatoria para cada viaxe, cun máximo dunha praza por tren e día.

Canles de venda da formalización da reserva

Poderá adquirirse en renfe.com, nos despachos de billetes das estacións, na oficina de vendas de Ceuta, nas axencias de viaxes presenciais, por venda telefónica – Renfe Contigo 912 320 320, RenfeTicket e máquinas autovenda multiproduto.

Cambios

Non se admite o cambio da formalización da reserva.

Anulación

Admítese a anulación da formalización da reserva sen ningún custo asociado para o cliente.

O prazo máximo para cancelar a formalización antes da hora prevista de saída do tren varía segundo a canle onde se realice a anulación:

  • Despachos de billetes das estacións e axencias de viaxes presenciais: 5 minutos.
  • Máquinas autovenda multiproduto: 15 minutos.
  • www.renfe.com e Renfe Ticket: 30 minutos.
  • Venda telefónica: 6 horas.

Lembra...

O cliente deberá presentar a tarxeta Plus 10-45 xunto coa formalización da reserva e os documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Tarxeta Plus 10 Estudiante

Este desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa.

Aínda que o seu período de validez é de 2 meses desde a data da compra da tarxeta, todas as viaxes deben realizarse nun máximo de 10 días desde a data da primeira formalización da reserva.

Canles de venda da tarxeta

Despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta e axencias de viaxes presenciais.

Anulación da tarxeta

Só se poderá anular sen ningún custo asociado sempre que non se realizase ningunha operación sobre ela.

No caso de facer algunha operación con ela, pero non realizar ningunha viaxe, poderase anular cun custo do 15 % do prezo da devandita tarxeta, en concepto de gastos de anulación.

A anulación da tarxeta adquirida a través de calquera canle poderase realizar nos despachos de billetes das estacións.

As tarxetas adquiridas en axencias de viaxes poderanse anular só a través desa canle.

Formalización da reserva

A formalización é obrigatoria para cada viaxe, cun máximo dunha praza por tren e día.

Canles de venda da formalización da reserva

Poderá realizarse nos despachos de billetes das estacións, na Oficina de Vendas de Ceuta, axencias de viaxes presenciais, Venda Telefónica – Renfe Contigo 912 320 320, RenfeTicket e máquinas autovenda multiproduto.

Cambios

Non se admite o cambio da formalización da reserva.

Anulación

Admítese a anulación da formalización da reserva sen ningún custo asociado para o cliente.

O prazo máximo para cancelar a formalización antes da hora prevista de saída do tren varía segundo a canle onde se faga a anulación:

  • Despachos de billetes das estacións e axencias de viaxes presenciais: 5 minutos.
  • Máquinas autovenda multiproduto: 15 minutos.
  • www.renfe.com e Renfe Ticket: 30 minutos.
  • Venda telefónica: 6 horas.

Lembra...

O cliente deberá presentar a tarxeta Plus 10 ESTUDIANTE xunto coa formalización da reserva e os documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.


Media Distancia

Abono Mensual Rexional

O Abono Mensual Rexional permitirache obter Puntos Renfe e beneficiarte do resto de vantaxes das que xa gozan os membros do noso programa de fidelización.

Se aínda non pertences ao noso programa de fidelización, dáte de alta e comeza a acumular puntos que poderás trocar tanto en Renfe como nos servizos que ofrecen as empresas asociadas ao programa (estancias en hoteis, alugueiro de vehículos, subscricións a revistas etc.).

Non esquezas que para obter os teus puntos é imprescindible que indiques o teu número de tarxeta +Renfe no momento da compra do teu abono.

É un Abono unipersoal, personalizado e intransferible, mediante o cal o viaxeiro poderá realizar viaxes ilimitadas, de ida ou volta, de forma indistinta entre dúas estacións concretas, cunha redución do prezo sobre tarifa General/Base nos servizos Media Distancia Convencional autorizados, durante o período de validez e mes aboado.

O Abono pódese utilizar todos os días durante un mes natural desde o primeiro e ata o último día do mes, ambos incluídos. A data de validez irá impresa no título de transporte.

Estes prezos non serán acumulables a outros descontos, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda do abono

Poderase emitir nos despachos de billetes das estacións e máquinas de autovenda.

Pódese adquirir ata 10 días antes da súa data de inicio de validez.

Cambios do abono

Non se admite o cambio do abono.

Anulación do abono

O abono só se poderá anular antes do inicio do seu período de validez, cunha dedución do 15 % sobre o seu prezo.

A anulación do abono poderase realizar nos despachos de billetes das estacións.

Formalización da reserva

A formalización é obrigatoria para cada viaxe e será válida para o traxecto e tren formalizado.

Canles de venda da formalización da reserva

Poderá realizarse nos despachos de billetes das estacións, máquinas autovenda e máquinas formalizadoras.

Cambios da formalización

Non se admite o cambio da formalización da reserva.

Anulación da formalización

Admítese a anulación da formalización da reserva sen ningún custo asociado para o cliente.

Pero, se o cliente formalizou sobre un tren con tarifa superior, poderá anular sen custos, se o fai antes das dúas horas. A partir dese momento, terá que pagar un 15 % da diferenza aboada entre os dous prezos, en concepto de gastos.

Lembra...

O cliente deberá presentar o abono mensual rexional xunto coa formalización da reserva e os documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. O persoal encargado tamén lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do titular do abono.

Abono mensual estudantes

É un Abono unipersoal, personalizado e intransferible, mediante o cal o viaxeiro poderá realizar viaxes ilimitadas, de ida ou volta, de forma indistinta entre dúas estacións concretas, cunha redución do prezo sobre a tarifa a General/Base nos servizos Media Distancia Convencional autorizados, durante o período de validez e mes aboado, dirixido a facilitar o acceso ás universidades.

O Abono pódese utilizar todos os días durante un mes natural desde o primeiro e ata o último día do mes, ambos incluídos. Ambas as dúas datas irán impresas no título de transporte.

Estes prezos non serán acumulables a outros descontos, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o inclúan nas súas condicións.

Dirixido a alumnado, profesorado e persoal de:

  • universidades de Galicia (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e centros universitarios e escolas profesionais de Vigo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo).
  • universidades de Castela e León (Valladolid, Salamanca e Burgos).
  • Universidades de Castellón e Valencia.
  • universidades de Castela - A Mancha (campus de Cidade Real, Albacete, Toledo e Cuenca).
  • universidades de Andalucía (Granada, Almería, Sevilla, Pablo Olavide, Córdoba, Huelva, Málaga e Cádiz).
  • Universidad de Zaragoza.

Dirixido a alumnado:

  • Universidade do País Vasco.

Canles de venda do abono

Poderase emitir nos despachos de billetes das estacións, logo de presentar as credenciais.

Pódese adquirir ata dez días antes da súa data de inicio de validez.

Cambios do abono

Non se admite o cambio do abono.

Anulación do abono

O abono só se poderá anular antes do inicio do seu período de validez, cunha dedución do 15 % sobre o seu prezo.

A anulación do abono poderase realizar nos despachos de billetes das estacións.

Formalización da reserva

A formalización é obrigatoria para cada viaxe e será válida para o traxecto e tren formalizado.

Canles de venda da formalización da reserva

Poderá realizarse nos despachos de billetes das estacións, máquinas autovenda e máquinas formalizadoras.

Cambios da formalización

Non se admite o cambio da formalización da reserva.

Anulación da formalización

Admítese a anulación da formalización da reserva sen ningún custo asociado para o cliente.

Pero, se o cliente formalizou sobre un tren con tarifa superior, poderá anular sen custos, se o fai antes das dúas horas. A partir dese momento, terá que pagar un 15 % da diferenza aboada entre os dous prezos, en concepto de gastos.

Lembra...

O cliente deberá presentar o Abono Mensual Rexional Estudantes xunto coa formalización da reserva e os documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. O persoal encargado tamén lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do titular do abono.

Tarxeta 6

É unha tarxeta unipersoal ou pluripersoal, non personalizada e transferible, mediante a cal o viaxeiro poderá realizar 6 viaxes de forma indistinta entre dúas estacións concretas, cunha redución do prezo sobre tarifa Xeral/Base nos servizos Media Distancia Convencional, durante o período de validez, entre:

  • Madrid Puerta de Atocha e Badaxoz – Cáceres – Mérida – Montijo – Plasencia, e viceversa

Este título de transporte pode ser utilizado por máis dun viaxeiro simultaneamente, sempre que todos teñan a mesma orixe-destino e que se efectúen tantas validacións como viaxeiros se acollan a el.

A tarxeta pódese utilizar todos os días ata completar as 6 viaxes durante un mes, a contar desde a data da súa adquisición, e é válida para un traxecto e tren determinados. As datas irán impresas no título de transporte.

Estes prezos non serán acumulables a outros descontos, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda da tarxeta

Poderase emitir nos despachos de billetes das estacións e máquinas de autovenda.

Pódese adquirir ata 10 días antes da súa data de inicio de validez.

Cambios

Non se admite o cambio da tarxeta.

Anulación da tarxeta

Só se poderá anular sen ningún custo asociado sempre que non se realizase ningunha operación sobre ela.

No caso de facer algunha operación con ela, pero non realizar ningunha viaxe, poderase anular cun custo do 15 % do prezo da devandita tarxeta, en concepto de gastos de anulación.

Nos despachos de billetes das estacións poderase realizar a anulación da tarxeta.

Formalización da reserva

A formalización é obrigatoria para cada viaxe.

Canles de venda da formalización da reserva

Poderá realizarse nos despachos de billetes das estacións, máquinas autovenda e máquinas formalizadoras.

Cambios da formalización

Non se admite o cambio da formalización da reserva.

Anulación da formalización

Admítese a anulación da formalización da reserva sen ningún custo asociado para o cliente.

Pero, se o cliente formalizou sobre un tren con tarifa superior, poderá anular sen custos, se o fai antes das dúas horas. A partir dese momento, terá que pagar un 15 % da diferenza aboada entre os dous prezos, en concepto de gastos.

Lembra...

O cliente deberá presentar a tarxeta 6 xunto coa formalización da reserva e os documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. O persoal encargado tamén lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do titular da tarxeta.

Tarxeta personalizada

Contén datos persoais e fotografía do seu propietario impresos. Está destinada a cargar nela títulos de transporte temporais individualizados:

  • Abono mensual rexional.
  • Abono estudantes mensual e semestral.
  • Títulos con descontos: Tarjeta Dorada, familia numerosa...

Tamén se pode utilizar para outros títulos de transporte como o billete sinxelo, ida e volta ou bonotren.

Non poden cargarse dous títulos de transporte de forma simultánea, a non ser que se trate de dous títulos iguais multiviaxe coa mesma orixe-destino.

Para poder adquirir a tarxeta personalizada deberá cubrirse o formulario de solicitude, que se obterá ben nos puntos de venda ou a través da web de Renfe, e entregalo nas estacións de Córdoba ou Campus de Rabanales, xunto cos seguintes documentos:

  • Fotocopia DNI/NIE/pasaporte.
  • Fotografía actual.
  • Documentación acreditativa do beneficiario dalgún desconto se tivese dereito.

Solicítaa aquí


Tarxeta non personalizada

Utilízase como soporte dos títulos de transporte que non necesitan identificación persoal: sinxelo, ida e volta e bonotren.

Poderase adquirir en despachos de billetes, máquinas autovenda ou a bordo do tren previo pago de 0,50 €.

Casos excepcionais: Carga na tarxeta non personalizada
Para viaxeiros con dereito a desconto en visita esporádica sen tempo de trámite de solicitude da TSC personalizada e debidamente acreditado ao persoal de despachos de billetes, poderán cargar na tarxeta non personalizada calquera dos seguintes títulos de transporte: billete sinxelo, ida e volta ou bonotren. Tarxeta válida para un período máximo de sete días consecutivos desde a súa adquisición.

  • Máis información: Estación de Córdoba - Tfno.: 957 769 215

 


Renfe Spain Pass

Renfe Spain Pass

Condicións de validez e caducidade do Pase Renfe Spain Pass

Período de validez: 6 meses.

Período de viaxe: 1 mes a partir da primeira formalización

Indicado para lecer de residentes no estranxeiro

Canles de xestión

  • Despacho de billetes
  • Teléfono
  • Web
  • Axencia 

Cambio de prezo do pase

Se durante o período de validez do Pase se modificase o seu importe, as viaxes non utilizadas serán válidas, sen cambio de prezo, ata a súa caducidade.

Recuperación do pase

En caso de perda, roubo ou deterioración do pase, o cliente deberá acudir ao despacho de billetes ou a www.renfe.com para que se realice a súa reemisión (actualizada co consumo realizado).

Características do pase

  • Renfe Spain Pass é persoal e intransferible. É necesario acreditar a identidade cun pasaporte. É xusto válido para persoas con residencia fóra de España.
  • Renfe Spain Pass permíteche viaxar en trens autorizados (excluíndo prazas deitadas), en función do número de viaxes escollidas.
  • Renfe Spain Pass é válido durante os 6 meses seguintes á data de compra e pode utilizarse durante 1 mes posterior á primeira formalización.
  • É preciso mercar unha reserva gratuíta para viaxar. Para acceder ao tren debes levar obrigatoriamente o billete xunto co Renfe Spain Pass.
  • Aplicaranse gastos de anulación a partir das 24 horas seguintes á túa compra. Non admite reembolso tras realizar a primeira viaxe.
  • En caso de perda, deterioración ou roubo do seu Renfe Spain Pass, podes volver imprimir un duplicado..


Prezos

Clase Turista

Adultos:

  • 4 viaxes: 195€
  • 6 viaxes: 275€
  • 8 viaxes: 300€
  • 10 viaxes: 410€

 

Clase preferente

Adultos:

  • 4 viaxes: 270€
  • 6 viaxes: 380€
  • 8 viaxes: 480€
  • 10 viaxes: 560€

 

Nenos:

  • 4 viaxes: 145€
  • 6 viaxes: 200€
  • 8 viaxes: 255€
  • 10 viaxes: 305€

 

 

Nenos:

  • 4 viaxes: 200€
  • 6 viaxes: 280€
  • 8 viaxes: 350€
  • 10 viaxes: 410€

Lembra...

Nenos (entre 4 e 13 anos feitos; os nenos menores de 4 anos viaxan gratis se non ocupan praza).

Cambios e anulacións

Anulacións do pase

  • O pase pódese anular durante as 24 horas seguintes á compra sen cargo adicional, obtendo un reembolso do 100 %.
  • A partir das 24 horas, aplicarase un cargo do 15 % en concepto de gastos de anulación antes da primeira utilización.
  • Non é posible obter ningún reembolso despois de realizar a primeira viaxe.
  • Se se realiza a viaxe nunha clase inferior á especificada no pase, non terá dereito a ningunha compensación.

Anulación de billetes

  • Os billetes poden anularse sen cargo mediante solicitude en renfe.com, axencias de viaxe e estacións autorizadas.
  • Pódese anular un billete ata 15 minutos antes da saída do tren da estación de orixe.
  • Unha vez anulado, restitúese o saldo anterior do pase.

Substitución dun pase

  • En caso de deterioración, perda ou roubo, pódese solicitar un duplicado sen cargo nos despachos de billetes das estacións autorizadas.
  • Non é posible cambiar un pase por outro de diferente tipo/clase.
  • Non é posible cambiar un pase por outro con diferente período/validez.

Compromiso

Os portadores do pase teñen dereito a solicitar compensacións se existe atraso na hora de chegada prevista, falta de calidade ou calquera outra causa imputable a Renfe nas mesmas condicións que o resto das tarifas, dependendo do tipo de produto e tren.

Descontos

Descontos para maiores de 60

Tarxeta que poden adquirir os maiores de 60 anos, que dá dereito a obter descontos segundo as condicións establecidas. Deben achegar documentación DNI, NIE ou pasaporte.

A tarxeta Dorada é nominativa e intransferible, ten un prezo para o cliente de 6 euros e debe ir acompañada do correspondente título de transporte.

É válida para todos os días da semana durante un período dun ano a partir da data de emisión. As emitidas por entidades financeiras poderán ter un período de validez maior.

Os descontos da tarxeta Dorada aplícanse sobre o prezo da tarifa xeral/base en todas as clases e prazas dos servizos AVE, Larga Distancia, Avant, Media Distancia, Cercanías e Feve.

Descontos

AVE e Larga Distancia

  • Martes, mércores, xoves e sábado: 40 % de desconto.
  • Venres, domingo e luns: 25 % de desconto.

Avant

  • De luns a venres: 25 % de desconto.
  • Sábados e domingos: 40 % de desconto.

Media Distancia Convencional

  • 40 % de desconto todos os días

Cercanías

  • 40 % de desconto todos os días

Feve

  • 50 % de desconto.

Lembra...

O desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda

A tarxeta Dorada poderase adquirir nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta e axencias de viaxes presenciais.

Segundo o tipo de servizo, os títulos de transporte asociados a este desconto pódense adquirir nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica, Renfe Tícket, máquinas de autovenda multiproduto, máquinas de autovenda de Cercanías e de Feve.

Cambios dos billetes

  • Admítese o cambio do billete para o mesmo día sen custo, dentro do seu período de validez.
  • Se o cliente desexa cambiar o billete para outro día, aboará unha cantidade adicional equivalente ao 10 % do importe do billete cambiado en concepto de gastos de cambio.

Nos trens de Media Distancia Convencional aboarase un mínimo de 1 € por billete.

Cando o cambio sexa a un billete de maior importe, o cliente deberá aboar a diferenza.

Cando o cambio sexa a un billete de menor importe, da cantidade para reintegrar, unha vez deducidos os gastos de cambio, de habelos, descontarase un 15 %.

O cambio do billete do titular implica o cambio do billete do acompañante.

Anulacións dos billetes

Admítense as anulacións dos billetes cunha dedución do 15 % sobre o prezo do billete.

A anulación do billete do titular implica a anulación do billete do acompañante, que pode ser anulado de forma independente.

Perda do tren

En caso de perda dos trens AVE e Larga Distancia por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

O cliente terá que aboar un 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa xeral/base, se este viaxase en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Deterioración, roubo ou extravío da tarxeta Dorada

Facilitarase duplicado sempre que se emitise ou rexistrase nos despachos de billetes das estacións con sistema de venda con reserva, agás a cargada na TSC “Renfe&Tú” personalizada; nese caso deberá adquirirse outra TSC e incorporar sen custo a Tarjeta Dorada co seu propio prazo de validez. En Feve, as tarxetas Doradas deterioradas substitúense sen custo para o cliente.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Tarxeta Dorada

A Tarjeta Dorada é nominativa e intransferible, ten un prezo para o cliente de 6 euros e debe ir acompañada do correspondente título de transporte.

É válida para todos os días da semana durante un período dun ano a partir da data de emisión. As emitidas por entidades financeiras poderán ter un período de validez maior.

Os descontos da tarxeta Dorada aplícanse sobre o prezo da tarifa xeral/base en todas as clases e prazas dos servizos AVE, Larga Distancia, Avant, Media Distancia, Cercanías e Feve.

A quen vai dirixida?

  • Pensionistas maiores de 18 anos da Seguridade Social española que estean en situación de incapacidade física ou psíquica permanente total, absoluta ou grande invalidez. Deben presentar:
    • Documento acreditativo da condición de pensionista nunha das devanditas situacións.
  • Pensionistas maiores de 18 anos das clases pasivas civís e retirados militares que estean en situación de incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Deben presentar:
    • Documento acreditativo da condición de pensionista nunha das devanditas situacións.
    • Certificado, tarxeta de discapacidade ou documento acreditativo que expida o organismo autonómico ou estatal español que o lexitime.

Descontos

AVE e Larga Distancia

  • Martes, mércores, xoves e sábado: 40 % de desconto
  • Venres, domingo e luns: 25 % de desconto

Avant

  • De luns a venres: 25 % de desconto.
  • Fin de semana: 40 % de desconto.

Media Distancia Convencional: 40 % de desconto.

Cercanías: 40 % de desconto.

Feve: 50 % de desconto

Lembra...

O desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda

A tarxeta Dorada poderase adquirir nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta e axencias de viaxes presenciais.

Segundo o tipo de servizo, os títulos de transporte asociados a este desconto pódense adquirir nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica, Renfe Tícket, máquinas de autovenda multiproduto, máquinas de autovenda de Cercanías e de Feve.

Cambios dos billetes

  • Admítese o cambio do billete para o mesmo día sen custo, dentro do seu período de validez.
  • Se o cliente desexa cambiar o billete para outro día, aboará unha cantidade adicional equivalente ao 10 % do importe do billete cambiado en concepto de gastos de cambio.

Nos trens de Media Distancia Convencional aboarase un mínimo de 1 € por billete.

Cando o cambio sexa a un billete de maior importe, o cliente deberá aboar a diferenza.

Cando o cambio sexa a un billete de menor importe, da cantidade para reintegrar, unha vez deducidos os gastos de cambio, de habelos, descontarase un 15 %.

O cambio do billete do titular implica o cambio do billete do acompañante.

Anulacións dos billetes

Admítense as anulacións dos billetes cunha dedución do 15 % sobre o prezo do billete.

A anulación do billete do titular implica a anulación do billete do acompañante, que pode ser anulado de forma independente.

Perda do tren

En caso de perda dos trens AVE e Larga Distancia por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

O cliente terá que aboar un 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa xeral/base, se este viaxase en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Deterioración, roubo ou extravío da tarxeta Dorada

Facilitarase duplicado sempre que se emitise ou rexistrase nos despachos de billetes das estacións con sistema de venda con reserva, agás a cargada na TSC “Renfe&Tú” personalizada; nese caso deberá adquirirse outra TSC e incorporar sen custo a Tarjeta Dorada co seu propio prazo de validez. En Feve, as tarxetas Doradas deterioradas substitúense sen custo para o cliente.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, o documento que acredite a identidade do titular.

Tarxeta +Renfe Joven 50

É unha tarxeta unipersoal, nominativa e intransferible que lles ofrece aos seus titulares un desconto sobre a tarifa xeral/base en función da antelación da compra dos billetes e/ou dos trens utilizados. Este desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Pódena adquirir os mozos que teñan entre 14 e 25 anos no momento da súa compra ou renovación. O seu prezo é de 50 €.

A validez da tarxeta é dun ano, que se contará desde a data da compra, e pode ser renovada por anos completos. Os billetes comprados cos descontos enumerados a continuación deberán ter unha data de viaxe comprendida dentro do período de validez da tarxeta.

AVE e Larga Distancia:

  • Desconto do 50 % cunha anticipación de compra maior ou igual a 30 días.
  • Desconto do 40 % cunha anticipación de compra maior ou igual a 15 días.
  • Desconto do 30 % para anticipación inferior a 15 días.

Avant, Media Distancia Convencional e Cercanías/Rodalies:

  • Desconto do 25 %.

Canles de venda

A tarxeta cómprase a través de www.renfe.com e, ao pagar o importe correspondente, recíbese un "número de cliente" que serve para identificarse e para acceder ás súas prestacións. Pode ser anulada sen gastos ata dúas horas despois da súa adquisición, sempre e cando non se utilizase.

Os billetes deben adquirirse facilitando o "número de cliente" nos despachos de billetes das estacións, Oficina de Vendas de Ceuta, en www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, Venda Telefónica Renfe Contigo 912 320 320, RenfeTicket, máquinas autovenda multiproduto, máquinas autovenda de Cercanías e de Media Distancia.

Cambios

  • Admítese o cambio do billete para o mesmo día sen custo, dentro do seu período de validez.
  • Se o cliente desexa cambiar o billete para outro día, aboará unha cantidade adicional equivalente ao 20 % do importe do billete cambiado en concepto de gastos de cambio. Nos trens de Media Distancia Convencional aboarase un mínimo de 1 € por billete.

En caso de que o novo billete sexa de maior importe, o cliente aboará a diferenza.

Cando o cambio sexa a un billete de menor contía, da cantidade que se vaia reintegrar, unha vez deducidos os gastos de cambio, de habelos, descontarase un 15 %.

Anulacións

Admítense as anulacións de billetes, cunha dedución do 30 % sobre o prezo do billete.

Perda do tren

En caso de perda dos trens AVE e Larga Distancia por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

O cliente terá que aboar un 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa xeral, se este viaxase en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Programa de fidelización

Os clientes que adquiran a tarxeta +Renfe Joven 50 serán dados de alta automaticamente no programa de fidelización +Renfe, co que se beneficiarán del.

Poderán obter puntos +Renfe pola compra de billetes de tren ou pola contratación dos servizos das empresas asociadas ao programa. Os puntos acumulados poderanse trocar por novos billetes de tren, noites de hotel etc. e mesmo para a súa renovación.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos, incluída a tarxeta +Renfe Joven 50 en calquera dos seus soportes, e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

 

Carné Xove

Oferta dirixida aos clientes que teñen entre 14 e 25 anos na data da viaxe para viaxar en trens AVE, Larga Distancia, Avant, Media Distancia Convencional e rexionais Feve cun 20 % de desconto sobre o prezo da tarifa General/Base en todos os trens, clases e prazas.

Para obter o desconto, o mozo debe ser titular dun carné xove emitido por calquera das comunidades autónomas de España ou asociado a unha tarxeta bancaria emitida por entidades financeiras colaboradoras.

Igualmente, son válidos o European Youth Card emitido nos países asociados a EYCA (European Youth Card Association), o carné internacional de estudante ISIC (International Student Identity Card) e o carné xove internacional IYTC (International Youth Global Card), así como o carné internacional de viaxes para mozos GO 25 (IYTC).

O desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda

Os billetes pódense adquirir nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica Renfe Contigo 91 232 03 20, Renfe Tícket.

Cambios

  • Admítese o cambio do billete para o mesmo día sen custo, dentro do seu período de validez.
  • Se o cliente desexa cambiar o billete para outro día, aboará unha cantidade adicional equivalente ao 10 % do importe do billete cambiado en concepto de gastos de cambio.

Nos trens de Media Distancia Convencional aboarase un mínimo de 1 € por billete.

En caso de que o novo billete sexa de maior importe, o cliente aboará a diferenza.

Cando o cambio sexa a un billete de menor importe, da cantidade para reintegrar, unha vez deducidos os gastos de cambio, de habelos, descontarase un 15 %.

Anulacións

Admítense as anulacións dos billetes, cunha dedución do 15 % sobre o prezo do billete.

Perda do tren

En caso de perda dos trens AVE e Larga Distancia por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

O cliente terá que aboar un 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa xeral, se este viaxase en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto con todos os documentos xustificativos para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Do mesmo xeito, o documento que acredite a identidade do titular do carné.

Descontos para nenos

En AVE, Larga Distancia, Avant e Media Distancia Convencional

Nenos menores de 14 anos que ocupen praza

Desconto do 40 % sobre a tarifa xeral/base. Este desconto é aplicable todos os días en todas as clases e trens.

En xeral, non será necesaria acreditación ningunha, aínda que durante a viaxe, cando existan dúbidas razoables sobre a idade do neno, poderáselle solicitar ao adulto que o acompaña un documento oficial que certifique a idade do menor.

Os nenos menores de 4 anos viaxan de balde sen ocupar asento.

Nenos menores de 4 anos que non ocupen praza

Os nenos menores de 4 anos que compartan praza cun pasaxeiro maior de 4 anos viaxarán gratis.

Billete gratuíto para nenos menores de 4 anos.

En trens AVE, Larga Distancia e Avant, os nenos menores de 4 anos que, compartindo praza, viaxan gratuitamente,deberán dispoñer do correspondente “Billete gratuíto de neno”.

Independentemente da idade, no caso de nenos que compartan unha praza, os asentos, camas ou liteiras só poderán ser ocupados por un máximo de dúas persoas.

A utilización de cama turista, compartindo cama ou non, só estará permitida na modalidade familiar, é dicir, cando todas as prazas da cabina vaian ser ocupadas por persoas do mesmo grupo.

Nas canles de venda solicitaráselle a documentación necesaria ao pasaxeiro que acompañe o menor e amosaranse os datos en ambos os dous billetes.

O “billete gratuíto de neno” deberá presentarse no control de acceso, xunto co billete do acompañante.

Ademais, os menores de 4 anos poderán viaxar ocupando unha praza adquirindo un billete con tarifa “Neno”.

Esta tarifa é aplicable todos os días en todas as clases e trens.

En Cercanías

Ata 2 nenos menores de seis anos que non participen dun billete de grupo poderán viaxar gratuitamente, sempre que non ocupen praza, agás en Rodalies onde os nenos pagan a partir dos 4 anos.

Rodalies de Catalunya

Nestes trens, as condicións de acceso e comercialización determínaas a Generalitat de Catalunya, polo tanto, as normas descritas nesta páxina non son aplicables a estes.

Lembra...

O desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Os billetes con tarifa infantil admiten cambios sen custo algún. Se queres cancelar o billete, podes facelo cunha dedución do 15% sobre o seu prezo. Ademais, permiten a selección de asentos.

 

Descontos para familias numerosas

Esta tarifa facilítalles aos membros das familias consideradas numerosas, que dispoñan do correspondente título acreditativo -outorgado polas diferentes comunidades autónomas-, a posibilidade de viaxar con importantes descontos segundo a categoría, en todos os trens no seu percorrido nacional AVE, Larga Distancia, Avant, Media Distancia Convencional, Cercanías e Feve, en todas as prazas e clases.

Para obter o desconto, o cliente deberá presentar o título oficial de familia numerosa (libro, carné etc.), ou documento que acredite fidedignamente esa condición e a categoría na que esta se clasifica, ou ben fotocopia compulsada desta. Tamén poderán presentar os títulos caducados que estean acompañados dunha solicitude de renovación debidamente cuberta.

O desconto efectuarase unicamente no momento da compra dos billetes, aplicándose un:

  • 20 % para os integrantes de familia numerosa de categoría xeral.
  • 50 % para os integrantes de familia numerosa de categoría especial.

Estes descontos son acumulables a calquera outro, agás naqueles produtos/servizos/ofertas que especificamente así o indiquen nas súas condicións comerciais.

Os títulos de familia numerosa emitidos pola Generalitat de Catalunya para familias monoparentais só serán aceptados como tales nos trens de Rodalies, cuxa administración é competencia da Generalitat de Catalunya, quen determina as súas condicións de comercialización.

Os billetes poderanse adquirir en puntos de venda nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais, venda telefónica Renfe Contigo 912 320 320, Renfe Ticket e máquinas autovenda multiproduto.

Poderanse efectuar cambios e anulacións se as tarifas aplicadas no billete adquirido así o admiten.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto con todos os documentos xustificativos para a obtención dos descontos aplicados e o título de familia numerosa, e conservalos ata a finalización da viaxe. Tamén se lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do viaxeiro.

Descontos para grupos

Oferta dirixida a grupos compostos por un mínimo de 10 persoas que realicen viaxe de ida ou de ida e volta, viaxando no mesmo tren, data e clase, coa mesma estación de orixe e destino. Poderán viaxar menos persoas aboando o equivalente a 10 viaxeiros.

Para adultos

Descontos realizados sobre a tarifa xeral/base.

  • En AVE e Larga Distancia (1) os grupos de 10 a 25 clientes:
    • Ida: 20%.
    • Ida e volta: 30%.
  • En Avant os grupos de 10 a 25 clientes: 15%.
  • En Cercanías e Feve os grupos de 10 a 25 clientes:
    • Ida: 30%.
    • Ida e regreso: 40%.
  • En Media Distancia Convencional:
    • Os grupos de 10 ou máis clientes: 20%.
    • Os grupos de 10 ou máis clientes pertencentes a centros de ensino, asociacións e organizacións culturais: 40%.

En AVE, Larga Distancia, Avant e Media Distancia Convencional, para os grupos superiores a 25 clientes solicitarase cun mínimo de 10 días antes da data da viaxe no correo do Departamento de Grupos. Teléfono de información a grupos: 91 919 15 65 (L-V, agás festivos, de 9:00 h a 21:00 h).

(1) Podes consultar e solicitar os menús para grupos a través de www.b2in.es.

Para nenos

Descontos realizados sobre a tarifa xeral/base.

  • En AVE e Larga Distancia, poderán viaxar de forma gratuíta ata un máximo de 4 nenos menores de 4 anos sen ocupar praza por cada grupo de 25 viaxeiros.
  • En Cercanías e Feve, os compoñentes dos grupos ata 12 anos sen facer: 50%.
  • En Media Distancia Convencional:
    • Os compoñentes do grupo menores de 4 ano, poderán viaxar de forma gratuíta.
    • Os grupos de 10 ou máis (nenos ata 14 anos sen facer): 40%.
    • Os grupos de 10 ou máis (nenos ata 14 anos sen facer) pertencentes a centros de ensino, asociacións e organizacións culturais: 50%.

Grupos escolares en Cercanías e Feve

Os grupos escolares que se acrediten como tal terán dereito a un billete de balde para un profesor por cada dez viaxeiros de pagamento. A viaxe de regreso débese realizar antes dos 30 días.

Estes descontos non serán acumulables a outros nin tampouco ao derivado de ser titular de familia numerosa.

Puntos de autorización de grupos en Renfe Cercanías

  • Asturias: 985 981 441.
  • Bilbao: 944 879 222.
  • Cádiz: 856 170 285.
  • Madrid: A través da solicitude en liña.
  • Málaga: 952 128 079.
  • Murcia/Alacante: A través da solicitude en liña.
  • San Sebastián: 943 649 637.
  • Santander: 942 018 213.
  • Sevilla: 954 048 011.
  • Valencia: A través da solicitude en liña.
  • Zaragoza: 976 764 648 .

Puntos de autorización de grupos en Feve Cercanías:

  • Galicia: 981 370 529.
  • Asturias: 985 178 922.
  • Cantabria: 942 209 524.
  • Biscaia: 944 250 629.
  • León: 987 876 514.
  • Murcia: 968 501 172.

Anticipación da compra

Para os grupos de 10 a 25 clientes, as condicións de anticipación de compra serán as establecidas por cada canle de venda. En cambio, as solicitudes de viaxe dos grupos superiores a 25 persoas determinaranse en cada caso.

Canles de venda

Para trens trens AVE, Larga Distancia, Avant e Media Distancia Convencional, poderanse adquirir nos despachos de billetes das estacións que dispoñan de venda electrónica, Oficina de Vendas de Ceuta, Axencias de viaxes presenciais e Venda Telefónica (1).

Para trens Cercanías e Feve, nas estacións que dispoñan de despachos de billetes ou máquinas de autovenda.

(1) Só grupos de 10 a 25 persoas.

Cambios

Unha vez emitido o billete, non se admiten cambios.

Anulacións

Soamente se admite a anulación da totalidade das prazas, cos seguintes gastos:

  • En AVE e Larga Distancia
    • Con máis de 48 horas: 15 % de dedución.
    • Con menos de 48 horas: 75 % de dedución.
  • Avant e Media Distancia Convencional: 15 % de dedución.
  • Cercanías e Feve: 15 % de dedución.

A anulación deberá realizarse na estación de orixe e nas 2 horas posteriores á súa adquisición.

Trens chárter

No caso de alugueiro da totalidade dun tren para unha data e orixe-destino concreto, estableceranse condicións de contratación, antelación da reserva e descontos, en función de cada solicitude.

Trens Renfe-Sncf en cooperación (1)

Prezos especiais dirixidos a grupos mínimo de 10 persoas, con descontos dun 20 % adicional para mozos menores de 26 anos.

Pódese realizar a solicitude ata cun ano de antelación, sen gastos de cancelación ou cambio ata a data de emisión do billete.

  • Ave a Francia.
  • Información e reservas: Departamento de grupos.

(1) Podes consultar e solicitar os menús para grupos a través de www.b2in.es.

 

Descontos para congresos e eventos

A «Autorización de desconto», por norma xeral, será válida dous días antes da inauguración e ata dous días despois da clausura do Congreso e Feira.

Esta autorización estará publicada con acceso restrinxido unicamente para os participantes inscritos e seralles distribuída en formato pdf pola organización do congreso ou feira a través dos seus medios dispoñibles, necesariamente de forma individualizada por asistente e controlada baixo inscrición nesta. O incumprimento desta condición será motivo de anulación do desconto.

En circunstancias especiais e debido ao incumprimento dalgún ou varios aspectos por parte do organizador, Renfe reserva para si o dereito a suspender de forma total ou parcial a aplicación das condicións comerciais, independentemente do momento en que se atope a negociación entre ambas as dúas partes.

Canles de venda

Poderase adquirir nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e venda telefónica Renfe Contigo 912 320 320.

Cambios dos billetes

  • Admítese o cambio do billete para o mesmo día sen custo, dentro do seu período de validez.
  • Se o cliente desexa cambiar o billete para outro día, aboará unha cantidade adicional equivalente ao 10 % do importe do billete cambiado en concepto de gastos de cambio.

Cando o cambio sexa a un billete de maior importe, o cliente deberá aboar a diferenza.

Cando o cambio sexa a un billete de menor importe, da cantidade para reintegrar, unha vez deducidos os gastos de cambio, de habelos, descontarase un 15 %.

Anulacións

Admítense as anulacións dos billetes, cunha dedución do 15 % sobre o prezo do billete.

Perda do tren

En caso de perda dos trens AVE e Larga Distancia por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

O cliente terá que aboar un 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa xeral, se este viaxase en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto coa «Autorización de desconto» impresa ou PDF no móbil (imprescindible que esta sexa individualizada por viaxeiro) e, de ser o caso, os documentos xustificativos para a obtención do desconto de familia numerosa e conservalos ata a finalización da viaxe.

Viaxar con mascotas

Viaxar con mascotas

O transporte en trens AVE, Larga Distancia, Avant, Media Distancia Convencional, Cercanías e Feve limitarase a pequenos animais de compaña, entendendo como tales, cans, gatos, furóns e aves non de curral.

Serán tolerados para o seu transporte, se non se opón o resto de clientes nin producen molestias a estes e estarán sempre baixo control dos seus donos en todas as fases da viaxe. En caso contrario, o persoal de a bordo buscará a alternativa máis favorable para poder continuar a viaxe noutro lugar do tren e, se non fose posible, ofreceráselle ao cliente a posibilidade de viaxar noutro tren ou o reintegro do seu billete.

O animal deberá cumprir as condicións hixiénico-sanitarias e de seguridade, e dispoñer da documentación consonte a lexislación vixente.

Nalgúns casos, poderase limitar o transporte de animais de compaña.

Os cans guía e de asistencia poderán viaxar gratuitamente acompañando os seus donos, debidamente identificados.

Os adestradores e axentes de socialización teñen os mesmos dereitos de acceso ca os usuarios de cans guía e de asistencia cando vaian acompañados destes durante o seu adestramento. Igualmente, deberán ir debidamente identificados.

Admitirase como máximo un só animal por viaxeiro. Durante a viaxe deberá situarse nun lugar discreto aos pés do dono, de tal xeito que interfira o menos posible co resto dos clientes. Deben estar suxeitos permanentemente polos seus portadores.

Servizos AVE, Larga Distancia, Avant e Media Distancia Convencional

Admitiranse animais cuxo peso máximo non exceda de 10 kg, sempre dentro dunha gaiola, caixa de transporte ou outro tipo de contedor pechado cuxas medidas sexan de 60x35x35 cm con dispositivo para conter e eliminar os residuos. 

  • En prazas deitadas só será posible en cabina completa. 
  • Para clientes con billete combinado Tren + Autobús, non se admite o transporte de animais de compañía.
  • Os animais viaxarán cun billete sen ocupar praza.
    • En AVE e Larga Distancia, o transporte de animais de compañía é gratuíto en clase preferente, cama preferente ou gran clase e asento gran confort. Para o resto de clases, aboarase un 25 % do prezo da clase turista e turista+.
    • En Avant e Media Distancia Convencional, o billete será dun 25 % do prezo da clase turista.
    • Para clientes con billete integrado, débense adquirir a bordo do tren os billetes de animais de compañía.

Servizos Cercanías e Feve

  • Os cans e furóns, se non son transportados en gaiolas, deberán viaxar provistos de bozo e cadea ou correa non extensible cunha lonxitude non superior a 1,5 m e deberán estar suxeitos permanentemente polos seus portadores.
  • Os animais viaxarán sen billete e sen ocupar praza.

Canles de venda

Pódese adquirir nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com e axencias de viaxes presenciais.

Cambios

Admítese nas mesmas condicións ca o billete do viaxeiro que o acompaña.

Anulacións

Admítese a anulación cuns gastos do 15 % do prezo do billete que se vai devolver.

Lembra...

O cliente deberá presentar os billetes nos casos sinalados e a documentación correspondente do animal de compañía e conservalos ata a finalización da viaxe.
 

Menores que viaxan sós

Viaxe de menores sen acompañamento

Renfe ofrécelles a posibilidade aos clientes de idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos (ambas as dúas inclusive) de realizar a viaxe sós, sen a compañía dun adulto, supervisados polo persoal de a bordo durante todas as fases do transporte de orixe a destino. Non se prestará este servizo a aquelas persoas que necesiten unha atención personalizada.

O servizo de menores sen acompañante préstase en clase preferente na maioría dos servizos AVE e Larga Distancia. Non se admitirán máis de 4 prazas por tren.

O traxecto debe realizarse nun mesmo tren desde a orixe ata o destino do menor, cuxa hora máxima de chegada debe ser ás 22:00 horas.

Canles de venda

Este servizo solicitarase ao adquirir o billete nos despachos de billetes das estacións, venda telefónica, oficina de venda de Ceuta e axencias de viaxe presenciais, cunha antelación mínima de 48 horas antes da hora de saída do tren. O billete específico para o menor deberá ser comprado (tarifa neno cun 40 % de desconto sobre tarifa xeral) por un adulto responsable deste.

Antes de expender o billete, o vendedor preguntaralle ao solicitante se desexa o menú especial infantil ou o ordinario. En todo caso, se o cliente o solicita, será informado das distintas opcións de menús especiais existentes. Se o menor tivese unha alerxia non recollida entre as opcións presentadas, non se lle subministrará nada, agás auga.

Os menores non poderán adquirir produtos a bordo sen autorización expresa.

Cambios

Admítese o cambio do billete sempre que o novo tren cumpra as condicións establecidas para este servizo.

  • Admítese o cambio do billete para o mesmo día sen custo, dentro do seu período de validez.
  • Se o cliente desexa cambiar o billete para outro día, aboará unha cantidade adicional equivalente ao 10 % do importe do billete cambiado en concepto de gastos de cambio.

En caso de que o novo billete sexa de maior importe, o cliente aboará a diferenza.

Cando o cambio sexa a un billete de menor contía, da cantidade que se vaia reintegrar, unha vez deducidos os gastos de cambio, de habelos, descontarase un 15 %.

Anulacións

Admítense as anulacións dos billetes, cunha dedución do 15 % sobre o prezo do billete.

Procedemento

O menor e o adulto que o acompaña presentaranse 30 minutos antes da saída do tren no Centro de Servizos de Renfe ou Oficina de Atención ao Cliente de Renfe.

O menor será levado ao asento do tren e será atendido durante a viaxe; o persoal de a bordo comprobará regularmente que se atopa na súa praza e estará especialmente pendente nas paradas do tren nas estacións intermedias.

O neno deberá ser recollido no seu destino exclusivamente pola persoa indicada no documento e logo da súa acreditación ao responsable de Renfe, mediante a presentación de documentos orixinais do DNI, pasaporte ou carné de conducir.

A relación das estacións onde se presta este servizo é a seguinte:

  • Alacante.
  • Albacete Los Llanos (agás ALTARIA Madrid/Murcia/Cartaxena e ALVIA Madrid Puerta de Atocha-Murcia del Carmen).
  • Alxeciras.
  • Barcelona Sants (agás AVE Barcelona-Granada, ALVIA Barcelona-Vigo/A Coruña; ALVIA Barcelona-Bilbao/Irún; ALVIA Barcelona-Xixón e ALVIA Barcelona-Pamplona).
  • Bilbao-Abando (agás ALVIA Bilbao-Barcelona).
  • Cádiz.
  • Camp de Tarragona (agás AVE Barcelona-Granada, ALVIA Barcelona-Vigo/A Coruña; ALVIA Barcelona-Bilbao/Irún; ALVIA Barcelona-Xixón e ALVIA Barcelona-Pamplona).
  • Castellón.
  • Cidade Real.
  • Córdoba (agás AVE Barcelona-Granada).
  • Cuenca Fernando Zóbel.
  • Figueres Vilafant.
  • Xixón (agás ALVIA Barcelona-Xixón).
  • Xirona.
  • Granada (agás AVE Barcelona-Granada).
  • Huelva.
  • Huesca.
  • León (só no produto AVE).
  • Lleida–Pirineus (agás AVE Barcelona-Granada, ALVIA Barcelona-Vigo/A Coruña; ALVIA Barcelona-Bilbao/Irún; ALVIA Barcelona-Xixón e ALVIA Barcelona-Pamplona).
  • Madrid–Chamartín (agás ALTARIA Madrid-Murcia/Cartagena; ALVIA Madrid-Irún/Hendaya e trens ALVIA da relación Madrid-Galicia).
  • Madrid–Puerta de Atocha (agás ALVIA Madrid Puerta de Atocha-Murcia del Carmen). Non inclúe Madrid–Atocha Cercanías.
  • Málaga María Zambrano.
  • Pamplona (agás ALVIA Barcelona-Vigo/A Coruña; ALVIA Barcelona-Bilbao/Irún; ALVIA Barcelona-Xixón e ALVIA Barcelona-Pamplona).
  • Puertollano.
  • Requena–Utiel.
  • Santander.
  • Sevilla Santa Justa.
  • Valencia Joaquín Sorolla.
  • Valladolid Campo Grande.
  • Zaragoza–Delicias (agás AVE Barcelona-Granada, ALVIA Barcelona-Vigo/A Coruña; ALVIA Barcelona-Bilbao/Irún; ALVIA Barcelona-Xixón e ALVIA Barcelona-Pamplona).

Lembra...

As relacións mencionadas nas excepcións refírense a ambos os sentidos da viaxe.

Viaxar por Europa

Interrail

Condicións de uso e suplementos

O pase Interrail presentarase xunto cun documento de identidade con fotografía a calquera axente autorizado que o solicite; se non se cumpre este requisito, o viaxeiro considerarase «carente de billete».

O Interrail é válido para a clase indicada no pase. Cun pase de 2.ª clase pódese viaxar en 1.ª clase pagando a diferenza de prezo a tarifa completa.

Os titulares de pases flexibles deben indicar obrigatoriamente a data da viaxe antes de iniciar o traxecto no cadro correspondente; debe estar escrito cun bolígrafo de tinta indeleble negra ou azul, na forma (dd/mm); por exemplo, 7 de maio = 07/05.

A viaxe é válida desde as 0:00 horas do día elixido. Se comeza o traxecto nun tren nocturno directo cuxa saída sexa despois das 19:00 horas e a chegada despois das 16:00 horas, só se deberá indicar a data do día de saída. Cando se use un barco incluído no Pase, seguirase o mesmo procedemento.

Non se pode usar ningún pase antes das 0:00 h do primeiro día de validez; o dereito a viaxar caduca ás 24:00 h do último día de validez.

O pase presentarase grampado nunha cuberta, na que se describen os puntos principais das condicións de uso xunto cun formulario para o rexistro dos datos do titular dun Global Pass e un Diario de Viaxe que debe cubrirse obrigatoriamente coa información relacionada cos traxectos realizados para a verificación do persoal de control. Unha vez esgotadas as viaxes, o cliente está obrigado a enviar o pase sen cargo ao enderezo indicado na cuberta para coñecer o seu uso detallado. Posteriormente, o cliente poderá recuperar o pase, se o solicita, recibindo ademais no seu domicilio un agasallo de Interrail.

En caso de viaxar cun pase coa data modificada, amosar unha fotocopia en lugar do orixinal, ser usado por unha persoa distinta ou viaxar fóra do período de validez considerarase fraude.

Nos trens ou traxectos marítimos que así o esixan, deberá adquirirse a reserva de asento, suplemento de praza deitada, uso de cabina nas compañías navieiras, taxa portuaria, etc., para iso será imprescindible a presentación do pase que sexa válido na data de viaxe solicitada.

Reembolsos

Non se pode emitir ningún duplicado dun pase, incluso no caso da súa deterioración, roubo ou perda.

Condicións de emisión

Existen unha serie de criterios obrigatorios no momento da compra.

Anulacións

Para realizar a anulación, cómpre seguir unha serie de pasos.

Situacións irregulares

Pódense distinguir varios supostos.

Cercanías: Billetes

Billete simple

Billete unipersoal, non personalizado e transferible, válido para unha única viaxe entre a estación de orixe e a zona tarifaria que figure no billete. O seu prezo é a tarifa Xeral/Base.

En Cercanías, a viaxe deberá iniciarse durante as dúas horas seguintes á súa expedición.

Ao billete poderánselle aplicar os descontos derivados de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda

Os billetes poderanse mercar nos despachos de billetes das estacións e máquinas autovenda de Cercanías.

Cambios

Non se admite o cambio de billetes.

Anulacións

Admítense as anulacións de billetes unicamente no momento da compra. Esta operación non xerará ningún custo para o cliente.

Validación do billete

Antes de comezar a viaxe, debes validalo obrigatoriamente de forma mecanizada nos equipos destinados para ese fin nas estacións; de non estaren dispoñibles, será o persoal encargado da intervención quen a efectúe.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. O persoal encargado tamén lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do titular do billete.

Billete de ida e regreso

Todos os núcleos dispoñen de billetes de ida e regreso.

Destinado a clientes que realicen 2 viaxes entre a estación de orixe e a zona tarifaria que figure no billete, o regreso non ten que ser necesariamente en sentido inverso á viaxe de ida.

En Cercanías, a primeira viaxe do billete deberá efectuarse durante as dúas horas seguintes á súa emisión e a segunda viaxe antes da finalización do servizo regular do mesmo día da compra.

Estes billetes emitiranse exclusivamente para os días e relacións nos que non son válidos os billetes de ida e volta.

* Núcleos con tarifa de ida e volta dispoñible: San Sebastián e Sevilla

Condicións especiais:

  • Núcleo de Cercanías de Madrid: a viaxe de regreso poderase realizar ao longo do día seguinte ao da súa emisión.
  • No núcleo de Asturias, cun título de ida e regreso, adquirido o venres ou véspera de festivo, o regreso pódese efectuar ao longo do día seguinte

Ao billete poderánselle aplicar os descontos derivados de ser titular de familia numerosa.

Prezos

O prezo equivale ao de dous billetes simples e a viaxe de regreso poderá realizarse dentro das zonas de validez do título de transporte, non sendo necesario que sexa no sentido inverso da ida.

A ida debe realizarse dentro das dúas horas seguintes á da a súa adquisición, mentres que a viaxe de volta pode realizarse ao longo do día seguinte ao da súa emisión.

Canles de venda

Os billetes poderanse mercar nos despachos de billetes das estacións e máquinas autovenda de Cercanías.

Cambios

Non se admite o cambio de billetes.

Anulacións

Admítense as anulacións de billetes unicamente no momento da compra. Esta operación non xerará ningún custo para o cliente.

Cancelación do billete

Antes de comezar a viaxe, debe realizarse obrigatoriamente a cancelación mecanizada nos equipos destinados para ese fin nas estacións; de non estaren dispoñibles, será o persoal encargado da intervención quen a efectúe.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. O persoal encargado tamén lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do titular do billete.

Billetes de Ida e volta

Billete unipersoal, non personalizado e transferible, dirixido a clientes que realicen unha viaxe de ida e volta no mesmo día, mantendo as mesmas estacións ou zonas de orixe e destino.

A viaxe de ida poderá iniciarse durante as dúas horas seguintes á expedición do billete e a viaxe de volta ata a finalización do servizo regular o día da súa emisión, de luns a venres, excluídos os festivos.

Ao billete poderánselle aplicar os descontos derivados de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda

Os billetes poderanse mercar nos despachos de billetes das estacións e máquinas autovenda de Cercanías.

Cambios

Non se admite o cambio de billetes.

Anulacións

Admítense as anulacións de billetes unicamente no momento da compra. Esta operación non xerará ningún custo para o cliente.

Validación do billete

Antes de comezar a viaxe, debes validalo obrigatoriamente de forma mecanizada nos equipos destinados para ese fin nas estacións; de non estaren dispoñibles, será o persoal encargado da intervención quen a efectúe.

Tarifa dispoñible unicamente para os núcleos de San Sebastián e Sevilla.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. O persoal encargado tamén lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do titular do billete.

Cercanías: Abonos

Abono mensual limitado

Abono unipersoal, personalizado e intransferible para realizar dúas viaxes diarias, unha de ida e outra de volta, durante o período de validez e entre o traxecto zonal ou estacións de orixe e destino abonado.

A utilización do Abono Mensual Limitado é todos os días desde o día n (data de inicio de validez) ata o día n-1 do mes seguinte. Ambas as dúas datas irán impresas no Abono Mensual Limitado.

Estes prezos non serán acumulables a outros descontos, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda

Poderanse adquirir nos despachos de billetes das estacións e máquinas autovenda de Cercanías.

Pódese adquirir ata dez días antes da súa data de inicio de validez.

Cambios

Non se admite o cambio do abono.

Anulacións

O abono só se poderá anular sempre antes do inicio do seu período de utilización. Esta operación non xerará ningún custo para o cliente.

Validación do Abono Mensual Limitado

Antes de iniciar a viaxe deberá validarse obrigatoriamente de forma mecanizada nos equipos destinados para ese fin nas estacións; de non estaren dispoñibles, será o persoal encargado da intervención quen a efectúe. Unha vez validado, non se poderá anular.

A primeira viaxe do abono deberá realizarse durante as dúas horas seguintes á súa validación e a segunda viaxe ata a finalización do servizo regular do mesmo día da súa validación.

Lembra...

O cliente deberá presentar o Abono Mensual Limitado xunto cos documentos xustificativos para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. O persoal encargado tamén lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do titular do abono.

Abono mensual ilimitado

Abono unipersoal, personalizado e intransferible para realizar viaxes ilimitadas durante o período de validez e entre o traxecto zonal ou as estacións de orixe e destino abonado.

A utilización do Abono Mensual Ilimitado é todos os días desde o día n (data de inicio de validez) ata o día n-1 do mes seguinte. Ambas as dúas datas irán impresas no Abono Mensual Ilimitado.

Estes prezos non serán acumulables a outros descontos, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda

Poderanse adquirir nos despachos de billetes das estacións e máquinas autovenda de Cercanías.

Pódense adquirir ata dez días antes da súa data de inicio de validez.

Cambio

Non se admite o cambio do abono.

Anulacións

A Abono Mensual Ilimitado só se poderá anular sen custo, antes do inicio do seu período de utilización.

Validación do Abono Mensual Ilimitado

Antes de iniciar a viaxe deberá validarse obrigatoriamente de forma mecanizada nos equipos destinados para ese fin nas estacións; de non estaren dispoñibles, será o persoal encargado da intervención quen a efectúe. Unha vez validado, non se poderá anular.

Lembra...

O cliente deberá presentar o Abono Mensual Ilimitado xunto cos documentos xustificativos para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. O persoal encargado tamén lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do titular do abono.

*Non dispoñible para o núcleo de Madrid.

Abono estudo

Abono unipersoal, personalizado e intransferible, polo que só pode ser utilizado polo titular do carné de estudante do centro para realizar viaxes ilimitadas durante o período de validez e entre o traxecto zonal ou estacións de orixe e destino abonado.

Válido todos os días durante un trimestre natural en período lectivo, agás o correspondente ao terceiro trimestre, que será válido ata o 15 de xullo. Non terá validez do 16 de xullo ao 30 de setembro. Ambas as dúas datas irán impresas no Abono Estudo.

Estes prezos non serán acumulables a outros descontos, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así se indiquen nas súas condicións.

Canles de venda

Poderanse emitir nos despachos de billetes das estacións.

Pódese adquirir ata 15 días antes da súa data de inicio de validez.

Cambios

Non se admite o cambio do abono.

Anulacións

O abono só se poderá anular sempre antes do inicio do seu período de utilización. Esta operación non xerará ningún custo para o cliente.

Validación do Abono Estudo

Antes de iniciar a viaxe deberá validarse obrigatoriamente de forma mecanizada nos equipos destinados para ese fin nas estacións; de non estaren dispoñibles, será o persoal encargado da intervención quen a efectúe. Unha vez validado, non se poderá anular.

Lembra...

O cliente deberá presentar o Abono Estudo xunto cos documentos xustificativos para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. O persoal encargado tamén lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do titular do abono.

Abono trimestral universitario

Para estudantes matriculados nas universidades da comunidade de Madrid e, no caso da Universidade Rey Juan Carlos, Carlos III de Madrid e da Universidade Autónoma de Cantoblanco, tamén para persoal laboral.

  • O estudante e/ou persoal laboral deberá posuír un carné que o acredite como membro da Universidad de Alcalá de Henares, da Autónoma de Cantoblanco, da Universidad Carlos III de Madrid, Universidad Rey Juan Carlos e estudantes de Erasmus.
  • O carné universitario permite adquirir o Cupón Trimestral (válido para trimestres naturais), co que se poderá viaxar sen límite de desprazamentos polo traxecto solicitado.
  • Viaxes ilimitadas todos os días, incluídos sábados, domingos e festivos; durante o seu período de validez.
  • Persoal.
  • Válido para calquera percorrido dentro do núcleo de Madrid, sempre que a orixe ou destino sexa: Alcalá de Henares, Universidad de Cantoblanco, Móstoles, Móstoles-El Soto, Alcorcón, Vicálvaro, Fuenlabrada, Leganés, Las Margaritas Universidad, Villalba ou La Navata.


Válido para trimestres naturais

Zona verde : Establécese un prezo único desde calquera zona da rede de Cercanías coa C-9, de 8,70 € por traxecto no billete simple e de 17,40 € na ida e regreso.

(*) Nos traxectos entre a liña C-9 Cercedilla-Cotos (Zona verde) e as demais liñas do núcleo de Cercanías de Madrid, incluídos os traxectos interiores da Liña C-9, os prezos definidos polo sistema xeral de tarificación por zonas rexerán só para o Abono mensual ata un máximo de 7 zonas.

Bonotren

Bono unipersoal ou pluripersoal, non personalizado e transferible para realizar dez viaxes de ida e volta indistintamente, durante o período de validez e entre o traxecto zonal ou as estacións de orixe e destino abonado.
Este título de transporte pode ser utilizado por máis dun viaxeiro simultaneamente, sempre que todos teñan a mesma orixe-destino e se efectúen tantas validacións coma viaxeiros se acollan a el (se o Bonotren está cargado nunha tarxeta sen contacto (TSC) Renfe & Tú sempre deberá viaxar o titular).

A utilización do Bonotren é por todos os días durante un mes, desde o día n (data de inicio de validez) ata o día n-1 do mes seguinte. Ambas as dúas datas irán impresas no Bonotren.

Estes prezos non serán acumulables a outros descontos, a excepción do derivado de ser titular de familia numerosa e sempre que estea incluído nunha tarxeta de contacto (TSC) Renfe & Tú. Cada membro da mesma familia deberá demostrar a súa identidade. Si se aplicarán aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Canles de venda

Poderanse adquirir nos despachos de billetes das estacións e máquinas autovenda de Cercanías.

Pódese adquirir ata dez días antes da súa data de inicio de validez.

Cambios

Non se admite o cambio do Bonotren.

Anulacións

O Bonotren só se poderá anular sempre antes do inicio do seu período de utilización. Esta operación non xerará ningún custo para o cliente.

Validación do Bonotren

Antes de iniciar a viaxe deberá validarse obrigatoriamente de forma mecanizada nos equipos destinados para ese fin nas estacións; de non estaren dispoñibles, será o persoal encargado da intervención quen a efectúe. Unha vez validado, non se poderá anular e soamente será válido para realizar a viaxe durante as 2 horas seguintes.

Lembra...

O cliente deberá presentar o Bonotren xunto cos documentos xustificativos para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. O persoal encargado tamén lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do titular do bono.

Cercanías: Descontos

Tarxeta Dorada

  • Poden dispoñer desta tarxeta os maiores de 60 anos, os pensionistas maiores de 18 anos, en situación de incapacidade física ou psíquica permanente total, absoluta ou de grande invalidez formalmente declarada, así como as persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %.
  • Coa Tarjeta Dorada benefícianse dunha redución do 40 por cento no prezo dun billete simple ou de ida e regreso.
  • A redución é calquera día da semana e nos trens de servizo regular.
  • As persoas cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % poden ser acompañadas por outra que terá as mesmas condicións económicas de viaxe ca o titular. .
  • É de carácter anual.
  • Pódese mercar en estacións, oficinas de venda e axencias de viaxes por un importe de 6,00 €. 

Lembra...

Existe a posibilidade de adquirir a Tarjeta Dorada asociada ás tarxetas de crédito e de débito emitidas por algunhas entidades bancarias.

Tarjeta +Renfe Joven 50

É unha tarxeta unipersoal, nominativa e intransferible que lles ofrece aos seus titulares un desconto sobre a tarifa xeral/base en función da antelación da compra dos billetes e/ou dos trens utilizados. Este desconto non será acumulable a outros, agás o derivado de ser titular de familia numerosa e aqueloutros que especificamente así o indiquen nas súas condicións.

Pódena adquirir os mozos que teñan entre 14 e 25 anos no momento da súa compra ou renovación. O seu prezo é de 50 €.
A validez da tarxeta é dun ano, que se contará desde a data da compra, e pode ser renovada por anos completos. Os billetes comprados cos descontos enumerados a continuación deberán ter unha data de viaxe comprendida dentro do período de validez da tarxeta.

  • AVE e Larga Distancia:
    • Desconto do 50 % cunha anticipación de compra maior ou igual a 30 días.
    • Desconto do 40 % cunha anticipación de compra maior ou igual a 15 días.
    • Desconto do 30 % para anticipación inferior a 15 días.
  • Avant, Media Distancia Convencional e Cercanías/Rodalies:
    • Desconto do 25 %.

Canles de venda

A tarxeta cómprase a través de www.renfe.com e, ao pagar o importe correspondente, recíbese un "número de cliente" que serve para identificarse e para acceder ás súas prestacións. Pode ser anulada sen gastos ata dúas horas despois da súa adquisición, sempre e cando non se utilizase.

Os billetes deben adquirirse facilitando o «número de cliente» nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, en www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais e virtuais, venda telefónica Renfe Contigo 912 320 320, RenfeTicket, máquinas autovenda multiproduto, máquinas autovenda de Cercanías e de Media Distancia.

Cambios

  • Admítese o cambio do billete para o mesmo día sen custo, dentro do seu período de validez.
  • Se o cliente desexa cambiar o billete para outro día, aboará unha cantidade adicional equivalente ao 20 % do importe do billete cambiado en concepto de gastos de cambio.

Nos trens de Media Distancia Convencional aboarase un mínimo de 1 € por billete.

En caso de que o novo billete sexa de maior importe, o cliente aboará a diferenza.
Cando o cambio sexa a un billete de menor contía, da cantidade que se vaia reintegrar, unha vez deducidos os gastos de cambio, de habelos, descontarase un 15 %.

Anulacións

Admítense as anulacións dos billetes, cunha dedución do 30 % sobre o prezo do billete.

Perda do tren

En caso de perda dos trens AVE e Larga Distancia por causas non imputables a Renfe e para aqueles clientes que se presenten cun límite máximo de 30 minutos (que se contarán desde a hora prevista da saída do tren), na estación de orixe da viaxe ofreceráselles a posibilidade de viaxar no seguinte tren con prazas libres nas condicións que Renfe determine.

O cliente terá que aboar un 20 % do prezo do novo billete calculado sobre a tarifa Xeral, se este viaxase en idéntica ou inferior clase á do billete orixinal.

Programa de fidelización

Os clientes que adquiran a tarxeta +Renfe Joven 50 serán dados de alta automaticamente no programa de fidelización +Renfe, co que se beneficiarán del.

Poderán obter puntos +Renfe pola compra de billetes de tren ou pola contratación dos servizos das empresas asociadas ao programa. Os puntos acumulados poderanse trocar por novos billetes de tren, noites de hotel etc. e mesmo para a súa renovación.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención dos descontos e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Descontos para familias numerosas

Esta tarifa facilítalles aos membros das familias consideradas numerosas, que dispoñan do correspondente título acreditativo -outorgado polas diferentes comunidades autónomas-, a posibilidade de viaxar con importantes descontos segundo a categoría, en todos os trens no seu percorrido nacional AVE, Larga Distancia, Avant, Media Distancia Convencional, Cercanías e Feve, en todas as prazas e clases.

Para obter o desconto, o cliente deberá presentar o título oficial de familia numerosa (libro, carné etc.), ou documento que acredite fidedignamente esa condición e a categoría na que esta se clasifica, ou ben fotocopia compulsada desta. Tamén poderán presentar os títulos caducados que estean acompañados dunha solicitude de renovación debidamente cuberta.

O desconto efectuarase unicamente no momento da compra dos billetes, aplicándose un:

  • 20 % para os integrantes de familia numerosa de categoría xeral.
  • 50 % para os integrantes de familia numerosa de categoría especial.

Estes descontos son acumulables a calquera outro, agás naqueles produtos/servizos/ofertas que especificamente así o indiquen nas súas condicións comerciais.

Os títulos de familia numerosa emitidos pola Generalitat de Catalunya para familias monoparentais só serán aceptados como tales nos trens de Rodalies, cuxa administración é competencia da Generalitat de Catalunya, quen determina as súas condicións de comercialización.

Os billetes poderanse adquirir en puntos de venda nos despachos de billetes das estacións, oficina de vendas de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxes presenciais, venda telefónica Renfe Contigo 912 320 320, RenfeTicket e máquinas autovenda multiproduto.

Poderanse efectuar cambios e anulacións se as tarifas aplicadas no billete adquirido así o admiten.

Lembra...

O cliente deberá presentar o billete xunto con todos os documentos xustificativos para a obtención dos descontos aplicados e o título de familia numerosa, e conservalos ata a finalización da viaxe. Tamén se lle poderá requirir o documento que acredite a identidade do viaxeiro.

Descontos para nenos

Os nenos menores de seis anos que non participen nun billete de grupo poderán viaxar de balde, sempre que non ocupen praza sentada e viaxen acompañados dun adulto (máximo de dous menores por adulto).

Descontos para grupos

  • O grupo debe estar formado por 10 persoas ou máis.
  • Todos teñen que viaxar no mesmo tren e data
  • Coa mesma orixe e destino
  • Nenos ata 11 anos cumpridos: 50% desconto.
  • Adultos con idades comprendidas de 12 anos en adiante:
    • Un traxecto: 30 % de desconto.
    • Viaxe de ida/regreso: 40 % de desconto.
  • A elección da tarifa de Grupo implicará o pagamento de todos os integrantes independentemente da súa idade.
     

Cercanías: Tarjeta +Renfe&Tú

Tarjeta +Renfe&Tú en Asturias

A tarxeta sen contacto +Renfe & Tú do Núcleo de Cercanías de Asturias permíteche reducir tempos de espera para acceder ou saír das plataformas, ao proporcionarche unha maior velocidade de validación.

É un soporte de títulos de transporte con aspecto similar ao dunha tarxeta de crédito, que no canto dunha banda magnética contén un chip, polo que abonda con achegar a tarxeta ao lector dos controis de acceso, a menos de dez centímetros, para que se abran as portas.

Existen dous tipos de tarxetas: Personalizada e Non personalizada.

Ambas as dúas son reutilizables e recargables. Permiten a consulta de toda a información almacenada e non teñen caducidade como soporte.

Os despachos de billetes e as máquinas autovenda están habilitados para as recargas, debendo validarse as viaxes que se vaian realizar antes do seu inicio nos controis de acceso, canceladoras ou a bordo do tren.

Tarxeta personalizada

Contén datos persoais e fotografía do seu propietario impresos. Está destinada a cargar nela títulos de transporte temporais individualizados:

  • Abono Mensual e Abono Mensual Limitado.
  • Títulos con descontos: Tarjeta Dorada, familia numerosa...

Tamén se pode utilizar para outros produtos como o Bonotren, o billete simple, e o de ida e regreso.

Non poden cargarse dous títulos de transporte de forma simultánea, a non ser que se trate de dous títulos iguais multiviaxe coa mesma orixe-destino.

Para poder adquirir a tarxeta personalizada deberá cubrirse o formulario de solicitude, que se obterá ben nos puntos de venda ou a través da web de Renfe, e entregarse nas estacións de Cercanías con persoal, xunto cos seguintes documentos:

  • Fotocopia DNI/NIE/pasaporte.
  • Fotografía actual.
  • Documentación acreditativa do beneficiario dalgún desconto, se fose o caso.

O custo da tarxeta será de 2 €.


Tarxeta non personalizada

Utilízase como soporte dos títulos de transporte que non necesitan identificación persoal: simple, ida e regreso e Bonotren.

Poderase adquirir en despachos de billetes, máquinas autovenda ou a bordo do tren.

O prezo será de 0,50 €.

Casos excepcionais: Carga en tarxeta non personalizada.
Para viaxeiros con dereito a desconto en visita esporádica sen tempo de trámite de solicitude da TSC personalizada e debidamente acreditado ao persoal de despachos de billetes, poderán cargar na tarxeta non personalizada calquera dos seguintes títulos de transporte: billete simple, ida e regreso ou Bonotren. Tarxeta válida para un período máximo de sete días consecutivos desde a súa adquisición.

Máis información: en estacións do núcleo, persoal de intervención en ruta e no teléfono 985 981 441.

 

Tarjeta +Renfe&Tú en Bilbao

A tarxeta sen contacto +Renfe & Tú do Núcleo de Cercanías de Bilbao permíteche reducir tempos de espera para acceder ou saír das plataformas, ao proporcionar unha maior velocidade de validación. É un soporte de títulos de transporte con aspecto similar ao dunha tarxeta de crédito, que no canto dunha banda magnética contén un chip, polo que abonda con achegar a tarxeta ao lector dos controis de acceso, a menos de dez centímetros, para que se abran as portas.

Existen dous tipos de tarxetas: Personalizada e Non personalizada.

Ambas as dúas son reutilizables e recargables. Permiten a consulta de toda a información almacenada e non teñen caducidade como soporte.

Os despachos de billetes e as máquinas autovenda están habilitadas para as recargas, e as viaxes que se van realizar deben validarse antes do seu inicio nos controis de acceso ou canceladoras.

Tarxeta personalizada

Contén datos persoais e fotografía do seu propietario impresos. Está destinada a cargar nela títulos de transporte temporais individualizados:

  • Abono mensual e abono mensual ilimitado.
  • Títulos con descontos: Tarjeta Dorada, familia numerosa...

Tamén se pode utilizar para outros produtos como o billete simple e o de ida e regreso.

Non poden cargarse dous títulos de transporte de forma simultánea, a non ser que se trate de dous títulos iguais multiviaxe coa mesma orixe-destino.

Pódese mercar de xeito presencial na Oficina de Atención ao Cliente situada na estación Bilbao Abando - Indalecio Prieto, xunto cos seguintes documentos:

  • Fotocopia DNI/NIE/pasaporte.
  • Documentación acreditativa do beneficiario dalgún desconto, se fose o caso.

O custo da tarxeta será de 2 €.

Ao adquirila por primeira vez, o viaxeiro recibirá dúas viaxes gratuítas para usar nun prazo de 30 días.


Tarxeta non personalizada

Utilízase como soporte dos títulos de transporte que non necesitan identificación persoal: simple, ida e regreso e Bonotren.

Poderase adquirir en despachos de billetes, máquinas autovenda ou a bordo do tren.

O prezo será de 0,50 €.

Casos excepcionais: Carga en tarxeta non personalizada
Para viaxeiros con dereito a desconto en visita esporádica sen tempo de trámite de solicitude da TSC personalizada e debidamente acreditado ao persoal de despachos de billetes, poderán cargar na tarxeta non personalizada calquera dos seguintes títulos de transporte: billete simple, ida e regreso ou Bonotren. Tarxeta válida para un período máximo de sete días consecutivos desde a súa adquisición.

Máis información: en estacións do núcleo, persoal de intervención en ruta e no teléfono 944 879 492.

Tarjeta +Renfe&Tú en Cádiz

A tarxeta sen contacto +Renfe & Tú do Núcleo de Cercanías de Cádiz permite reducir tempos de espera para acceder ou saír das plataformas, ao proporcionar unha maior velocidade de validación.

É un soporte de títulos de transporte con aspecto similar ao dunha tarxeta de crédito, que no canto dunha banda magnética contén un chip, polo que abonda con achegar a tarxeta ao lector dos controis de acceso, a menos de dez centímetros, para que se abran as portas.

Existen dous tipos de tarxetas: Personalizada e Non personalizada.

Ambas as dúas son reutilizables e recargables. Permiten a consulta de toda a información almacenada e non teñen caducidade como soporte.

Os despachos de billetes e as máquinas autovenda están habilitados para as recargas, debendo validarse as viaxes que se vaian realizar antes do seu inicio nos controis de acceso, canceladoras ou a bordo do tren.

Tarxeta personalizada

Contén datos persoais e fotografía do seu propietario impresos. Está destinada a cargar nela títulos de transporte temporais individualizados:

  • Abono mensual e abono mensual ilimitado.
  • Títulos con descontos: Tarjeta Dorada, familia numerosa...

Tamén se pode utilizar para outros produtos como o Bonotren, o billete simple, e o de ida e regreso.

Non poden cargarse dous títulos de transporte de forma simultánea, a non ser que se trate de dous títulos iguais multiviaxe coa mesma orixe-destino.

Para poder adquirir a tarxeta personalizada deberá cubrirse o formulario de solicitude, que se obterá ben nos puntos de venda ou a través da web de Renfe, e entregarse nas estacións de Cercanías con persoal, xunto cos seguintes documentos:

  • Fotocopia DNI/NIE/pasaporte.
  • Fotografía actual.
  • Documentación acreditativa do beneficiario dalgún desconto, se fose o caso.

O custo da tarxeta será de 2 €.


Tarxeta non personalizada

Utilízase como soporte dos títulos de transporte que non necesitan identificación persoal: simple, ida e regreso e Bonotren.

Poderase adquirir en despachos de billetes, máquinas autovenda ou a bordo do tren.

O prezo será de 0,50 €.

Casos excepcionais: Carga en tarxeta non personalizada
Para viaxeiros con dereito a desconto en visita esporádica sen tempo de trámite de solicitude da TSC personalizada e debidamente acreditado ao persoal de despachos de billetes, poderán cargar na tarxeta non personalizada calquera dos seguintes títulos de transporte: billete simple, ida e regreso ou Bonotren. Tarxeta válida para un período máximo de sete días consecutivos desde a súa adquisición. O desconto non é aplicable nas máquinas autovenda de Cercanías.

Máis información: en estacións do núcleo, persoal de intervención en ruta e no teléfono 856 170 290.

 

Tarjeta +Renfe&Tú en Madrid

Para viaxar nos servizos de Cercanías cómpre contar coa tarxeta sen contacto +Renfe & Tú, xa que non se emiten billetes con banda magnética.

Existen dous tipos de tarxeta sen contacto:

Tarxeta personalizada

Con esta tarxeta tipo plástico poderás cargar todos os billetes e abonos de Cercanías. Para solicitala podes dirixirte ao despacho de billetes da estación ou cubrir o formulario na seguinte ligazón:


Para cargar calquera título de transporte debes dirixirte aos despachos de billetes ou máquinas autovenda.

Documentos que se deben achegar:

  • Fotocopia DNI/NIE/pasaporte.
  • Fotografía actual.
  • Documentación acreditativa do beneficiario dalgún desconto, se tiver dereito.

O custo é de 2 euros.

Tarxeta non personalizada

pódela adquirir nos despachos de billetes de Cercanías e nas máquinas autovenda. Admite cargar e recargar o billete Simple, Ida e regreso e o Bonotren.

O custo é de 0,50 €.

En todos os casos, debe validarse cada viaxe nos controis de acceso ou máquinas validadoras.

Billete CombinadoCercanías

O billete magnético unicamente seguirá existindo para o CombinadoCercanías, título de transporte incluído nos billetes dos viaxeiros dos servizos AVE e Larga

Distancia de Renfe.

Tarjeta +Renfe&Tú en Málaga

A tarxeta sen contacto +Renfe & Tú do Núcleo de Cercanías de Málaga permíteche reducir tempos de espera para acceder ou saír das plataformas, ao proporcionar maior velocidade de validación.

É un título de transporte con aspecto similar ao dunha tarxeta de crédito, que no canto dunha banda magnética contén un chip, polo que abonda con achegar a tarxeta ao lector dos controis de acceso, a menos de dez centímetros, para que se abran as portas.

Existen dous tipos de tarxetas: Personalizada e Non personalizada.

Ambas as dúas son reutilizables e recargables. Permiten a consulta de toda a información almacenada e non teñen caducidade como soporte.

Os despachos de billetes e as máquinas autovenda están habilitados para as recargas, debendo validarse as viaxes que se vaian realizar antes do seu inicio nos controis de acceso, canceladoras ou a bordo do tren.

Tarxeta personalizada

Contén datos persoais e fotografía do seu propietario impresos. Está destinada a cargar nela títulos de transporte temporais individualizados:

  • Abono Mensual e Abono Mensual Limitado.
  • Títulos con descontos: Tarjeta Dorada, familia numerosa...

Tamén se pode utilizar para outros produtos como o Bonotren, o billete simple, e o de ida e regreso.

Non poden cargarse dous títulos de transporte de forma simultánea, a non ser que se trate de dous títulos iguais multiviaxe coa mesma orixe-destino.

Para poder adquirir a tarxeta personalizada deberá cubrirse o formulario de solicitude, que se obterá ben nos puntos de venda ou a través da web de Renfe, e entregarse nas estacións de Cercanías con persoal, xunto cos seguintes documentos:

  • Fotocopia DNI/NIE/pasaporte.
  • Fotografía actual.
  • Documentación acreditativa do beneficiario dalgún desconto, se fose o caso.

O custo da tarxeta será de 2 €.


Tarxeta non personalizada*

Utilízase como soporte dos títulos de transporte que non necesitan identificación persoal: simple, ida e regreso e Bonotren.

Poderase adquirir en despachos de billetes, máquinas autovenda ou a bordo do tren.

O prezo será de 0,50 €.

* A tarxeta no personalizada en soporte plástico deixará de distribuírse e será substituída por unha en soporte de cartón. Os clientes que teñan a tarxeta non personalizada en soporte de plástico poderán seguir usándoa e recargándoa con normalidade.

Casos excepcionais. Carga en tarxeta non personalizada:
Para viaxeiros con dereito a desconto en visita esporádica sen tempo de trámite de solicitude da TSC personalizada e debidamente acreditado ao persoal de despachos de billetes, poderán cargar na tarxeta non personalizada calquera dos seguintes títulos de transporte: billete simple, ida e regreso ou Bonotren. Tarxeta válida para un período máximo de sete días consecutivos desde a súa adquisición.

Máis información: en estacións do núcleo, persoal de intervención en ruta e no teléfono 952 128 079.

Tarjeta +Renfe&Tú en Murcia/Alacant

A tarxeta sen contacto +Renfe & Tú do Núcleo de Cercanías Murcia - Alicante permite reducir os tempos de espera para acceder ou saír das plataformas, ao proporcionar maior velocidade de validación.

É un soporte de títulos de transporte con aspecto similar ao dunha tarxeta de crédito, que no canto dunha banda magnética contén un chip, polo que abonda con achegar a tarxeta ao lector dos controis de acceso, a menos de dez centímetros, para que se abran as portas.

Existen dous tipos de tarxetas: Personalizada e Non personalizada.

Ambas as dúas son reutilizables e recargables. Permiten a consulta de toda a información almacenada e non teñen caducidade como soporte.

Os despachos de billetes e as máquinas autovenda están habilitados para as recargas, debendo validarse as viaxes que se vaian realizar antes do seu inicio nos controis de acceso, canceladoras ou a bordo do tren.

Tarxeta personalizada

Contén datos persoais e fotografía do seu propietario impresos. Está destinada a cargar nela títulos de transporte temporais individualizados:

  • Abono Mensual e Abono Mensual Limitado.
  • Títulos con descontos: Tarjeta Dorada, familia numerosa...

Tamén se pode utilizar para outros produtos como o Bonotren, o billete simple, e o de ida e regreso.

Non poden cargarse dous títulos de transporte de forma simultánea, a non ser que se trate de dous títulos iguais multiviaxe coa mesma orixe-destino.

Para poder adquirir a tarxeta personalizada deberá cubrirse o formulario de solicitude, que se obterá ben nos puntos de venda ou a través da web de Renfe, e entregarse nas estacións de Cercanías con persoal, xunto cos seguintes documentos:

  • Fotocopia DNI/NIE/pasaporte.
  • Fotografía actual.
  • Documentación acreditativa do beneficiario dalgún desconto, se fose o caso.

Gratuíta para as primeiras 1000 solicitudes.

Unha vez esgotadas, o custo da tarxeta será de 2 €.
 

Tarxeta non personalizada

Utilízase como soporte dos títulos de transporte que non necesitan identificación persoal: simple, ida e regreso e Bonotren.

Poderase adquirir en despachos de billetes, máquinas autovenda ou a bordo do tren.

Gratuíta do 04/11/19 ao 30/11/19.

A partir desta data, o custo da tarxeta será de 0,50 €.

Casos excepcionais: Carga en tarxeta non personalizada.
Para viaxeiros con dereito a desconto en visitas esporádicas sen tempo de procesamento de solicitudes da TSC

Personalizada e debidamente acreditado ao persoal dos despachos de billetes, poderán cargar na tarxeta non personalizada calquera dos seguintes títulos de transporte: billete simple, ida e regreso e Bonotren. Tarxeta válida para un período máximo de sete días consecutivos desde a súa adquisición.

Máis información: en estacións do núcleo, persoal de intervención en ruta e no teléfono 912 320 320.

Tarjeta +Renfe&Tú en San Sebastián

A tarxeta sen contacto +Renfe & Tú do núcleo de Cercanías San Sebastián, permite reducir os tempos de espera para acceder ou saír das plataformas, ao proporcionar unha maior velocidade de validación.

É un soporte de títulos de transporte con aspecto similar ao dunha tarxeta de crédito, que no canto dunha banda magnética contén un chip, polo que abonda con achegar a tarxeta ao lector dos controis de acceso, a menos de dez centímetros, para que se abran as portas.

Existen dous tipos de tarxetas: Personalizada e Non personalizada.

Ambas as dúas son reutilizables e recargables. Permiten a consulta de toda a información almacenada e non teñen caducidade como soporte.

Os despachos de billetes e as máquinas autovenda están habilitados para as recargas, debendo validarse as viaxes que se realizarán antes do seu inicio nos controis de acceso, canceladoras.

Tarxeta personalizada

Contén datos persoais e fotografía do seu propietario impresos. Está destinada a cargar nela títulos de transporte temporais individualizados:

  • Abono Mensual e Abono Mensual Limitado.
  • Títulos con descontos: Tarjeta Dorada, familia numerosa...

Tamén se pode utilizar para outros produtos como o Bonotren, o billete simple, e o de ida e regreso.

Non poden cargarse dous títulos de transporte de forma simultánea, a non ser que se trate de dous títulos iguais multiviaxe coa mesma orixe-destino.

Poderase mercar de xeito presencial nas oficinas de Cercanías situadas nas estacións de Donostia – San Sebastián ou Irún, xunto cos seguintes documentos:

  • Fotocopia DNI/NIE/pasaporte.
  • Documentación acreditativa do beneficiario dalgún desconto, se fose o caso.

O custo da tarxeta será de 2 €.

Ao adquirila por primeira vez, o viaxeiro recibirá dúas viaxes gratuítas para usar nun prazo de 30 días.


Tarxeta non personalizada

Utilízase como soporte dos títulos de transporte que non necesitan identificación persoal: simple e ida e regreso.

Poderase adquirir en despachos de billetes, máquinas autovenda ou a bordo do tren.

O prezo será de 0,50 €.

Casos excepcionais: Carga en tarxeta non personalizada.
Para viaxeiros con dereito a desconto en visita esporádica sen tempo de trámite de solicitude da TSC personalizada e debidamente acreditado ao persoal de despachos de billetes, poderán cargar na tarxeta non personalizada calquera dos seguintes títulos de transporte: billete simple, ida e regreso ou Bonotren. Tarxeta válida para un período máximo de sete días consecutivos desde a súa adquisición.

Máis información: nas estacións do núcleo, persoal de intervención en ruta.

 

Tarjeta +Renfe&Tú en Santander

A tarxeta sen contacto +Renfe & Tú do Núcleo de Cercanías de Santander permíteche reducir tempos de espera para acceder ou saír das plataformas, ao proporcionarche unha maior velocidade de validación.

É un soporte de títulos de transporte con aspecto similar ao dunha tarxeta de crédito, que no canto dunha banda magnética contén un chip, polo que abonda con achegar a tarxeta ao lector dos controis de acceso, a menos de dez centímetros, para que se abran as portas.

Existen dous tipos de tarxetas: Personalizada e Non personalizada.

Ambas as dúas son reutilizables e recargables. Permiten a consulta de toda a información almacenada e non teñen caducidade como soporte.

Os despachos de billetes e as máquinas autovenda están habilitados para as recargas, debendo validarse as viaxes que se vaian realizar antes do seu inicio nos controis de acceso, canceladoras ou a bordo do tren.

Tarxeta personalizada

Contén datos persoais e fotografía do seu propietario impresos. Está destinada a cargar nela títulos de transporte temporais individualizados:

  • Abono Mensual e Abono Mensual Limitado.
  • Títulos con descontos: Tarjeta Dorada, familia numerosa...

Tamén se pode utilizar para outros produtos como o Bonotren, o billete simple, e o de ida e regreso.

Non poden cargarse dous títulos de transporte de forma simultánea, a non ser que se trate de dous títulos iguais multiviaxe coa mesma orixe-destino.

Para poder adquirir a tarxeta personalizada deberá cubrirse o formulario de solicitude, que se obterá ben nos puntos de venda ou a través da web de Renfe, e entregarse nas estacións de Cercanías con persoal, xunto cos seguintes documentos:

  • Fotocopia DNI/NIE/pasaporte.
  • Fotografía actual.
  • Documentación acreditativa do beneficiario dalgún desconto, se fose o caso.

O custo da tarxeta será de 2 €.


Tarxeta non personalizada

Utilízase como soporte dos títulos de transporte que non necesitan identificación persoal: simple, ida e regreso e Bonotren.

Poderase adquirir en despachos de billetes, máquinas autovenda ou a bordo do tren.

O prezo será de 0,50 €.

Casos excepcionais: Carga en tarxeta non personalizada.
Para viaxeiros con dereito a desconto en visita esporádica sen tempo de trámite de solicitude da TSC personalizada e debidamente acreditado ao persoal de despachos de billetes, poderán cargar na tarxeta non personalizada calquera dos seguintes títulos de transporte: billete simple, ida e regreso ou Bonotren. Tarxeta válida para un período máximo de sete días consecutivos desde a súa adquisición.

Máis información: en estacións do núcleo, persoal de intervención en ruta e no teléfono 942 018 213.

 

Tarjeta +Renfe&Tú en Sevilla

A partir do 16/09/19, entrará en funcionamento a tarxeta sen contacto +Renfe & Tú do núcleo de Cercanías de Sevilla, que permite reducir os tempos de espera para acceder ou saír das plataformas, proporcionando unha maior velocidade de validación.

É un soporte de títulos de transporte con aspecto similar ao dunha tarxeta de crédito, que no canto dunha banda magnética contén un chip, polo que abonda con achegar a tarxeta ao lector dos controis de acceso, a menos de dez centímetros, para que se abran as portas.

Existen dous tipos de tarxetas: Personalizada e Non personalizada.

Ambas as dúas son reutilizables e recargables. Permiten a consulta de toda a información almacenada e non teñen caducidade como soporte.

Os despachos de billetes e as máquinas autovenda están habilitados para as recargas, debendo validarse as viaxes que se vaian realizar antes do seu inicio nos controis de acceso, canceladoras ou a bordo do tren.

Tarxeta personalizada

Contén datos persoais e fotografía do seu propietario impresos. Está destinada a cargar nela títulos de transporte temporais individualizados:

  • Abono Mensual e Abono Mensual Limitado.
  • Títulos con descontos: Tarjeta Dorada, familia numerosa...

Tamén se pode utilizar para outros produtos como o Bonotren, o billete simple, e o de ida e regreso.

Non poden cargarse dous títulos de transporte de forma simultánea, a non ser que se trate de dous títulos iguais multiviaxe coa mesma orixe-destino.

Para poder adquirir a tarxeta personalizada deberá cubrirse o formulario de solicitude, que se obterá ben nos puntos de venda ou a través da web de Renfe, e entregarse nas estacións de Cercanías con persoal, xunto cos seguintes documentos:

  • Fotocopia DNI/NIE/pasaporte.
  • Fotografía actual.
  • Documentación acreditativa do beneficiario dalgún desconto, se fose o caso.

O custo da tarxeta será de 2 €.


Tarxeta non personalizada

Utilízase como soporte dos títulos de transporte que non necesitan identificación persoal: simple, ida e volta e ida e regreso.

Poderase adquirir en despachos de billetes, máquinas autovenda ou a bordo do tren.

O prezo será de 0,50 €.

Casos excepcionais: Carga en tarxeta non personalizada.
Para viaxeiros con dereito a desconto en visita esporádica sen tempo de trámite de solicitude da TSC personalizada e debidamente acreditado ao persoal de despachos de billetes, poderán cargar na tarxeta non personalizada calquera dos seguintes títulos de transporte: billete simple, ida e regreso ou Bonotren. Tarxeta válida para un período máximo de sete días consecutivos desde a súa adquisición.

Máis información: en estacións do núcleo, persoal de intervención en ruta e no teléfono 912 320 320.

Tarjeta +Renfe&Tú en Valencia

Para viaxar nos servizos de Cercanías cómpre contar coa tarxeta sen contacto +Renfe & Tú, xa que non se emiten billetes con banda magnética.

Existen dous tipos de tarxeta sen contacto:

Tarxeta personalizada

Con esta tarxeta tipo plástico poderás cargar todos os billetes e abonos de Cercanías. Para solicitala podes dirixirte ao despacho de billetes da estación ou cubrir o formulario na seguinte ligazón:


Para cargar calquera título de transporte debes dirixirte aos despachos de billetes ou máquinas autovenda.

Documentos que se deben achegar:

  • Fotocopia DNI/NIE/pasaporte.
  • Fotografía actual.
  • Documentación acreditativa do beneficiario dalgún desconto, se fose o caso.

O custo é de 2 euros.


Tarxeta non personalizada

Pódela adquirir nos despachos de billetes de Cercanías e nas máquinas autovenda. Admite cargar e recargar o Billete simple, Ida e regreso e o Bonotren.

O prezo será de 0,50 €.

En todos os casos, debe validarse cada viaxe nos controis de acceso ou máquinas validadoras.

 

Billete "Combinado Cercanías"

O billete magnético unicamente seguirá existindo para o "CombinadoCercanías", título de transporte incluído nos billetes dos viaxeiros dos servizos AVE e Larga Distancia de Renfe.

Tarjeta +Renfe&Tú en Zaragoza

A tarxeta sen contacto +Renfe & Tú do núcleo de Cercanías Zaragoza permite reducir tempos de espera para acceder ou saír das plataformas, ao proporcionar unha maior velocidade de validación.

É un soporte de títulos de transporte con aspecto similar ao dunha tarxeta de crédito, que no canto dunha banda magnética contén un chip, polo que abonda con achegar a tarxeta ao lector dos controis de acceso, a menos de dez centímetros, para que se abran as portas.

Existen dous tipos de tarxetas: Personalizada e Non personalizada.

Ambas as dúas son reutilizables e recargables. Permiten a consulta de toda a información almacenada e non teñen caducidade como soporte.

Os despachos de billetes e as máquinas autovenda están habilitados para as recargas, debendo validarse as viaxes que se vaian realizar antes do seu inicio nos controis de acceso, canceladoras ou a bordo do tren.

Tarxeta personalizada

Contén datos persoais e fotografía do seu propietario impresos. Está destinada a cargar nela títulos de transporte temporais individualizados:

  • Abono Mensual e Abono Mensual Limitado.
  • Títulos con descontos: Tarjeta Dorada, familia numerosa...

Tamén se pode utilizar para outros produtos como o Bonotren, o billete simple, e o de ida e regreso.

Non poden cargarse dous títulos de transporte de forma simultánea, a non ser que se trate de dous títulos iguais multiviaxe coa mesma orixe-destino.

Para poder adquirir a tarxeta personalizada deberá cubrirse o formulario de solicitude, que se obterá ben nos puntos de venda ou a través da web de Renfe, e entregarse nas estacións de Cercanías con persoal, xunto cos seguintes documentos:

  • Fotocopia DNI/NIE/pasaporte.
  • Fotografía actual.
  • Documentación acreditativa do beneficiario dalgún desconto, se fose o caso.

O custo da tarxeta será de 2 €.


Tarxeta non personalizada

Utilízase como soporte dos títulos de transporte que non necesitan identificación persoal: simple, ida e regreso e Bonotren.

Poderase adquirir en despachos de billetes, máquinas autovenda ou a bordo do tren.

O prezo será de 0,50 €.

Casos excepcionais: Carga en tarxeta non personalizada.
Para viaxeiros con dereito a desconto en visita esporádica sen tempo de trámite de solicitude da TSC personalizada e debidamente acreditado ao persoal de despachos de billetes, poderán cargar na tarxeta non personalizada calquera dos seguintes títulos de transporte: billete simple, ida e regreso ou Bonotren. Tarxeta válida para un período máximo de sete días consecutivos desde a súa adquisición.

Máis información: en estacións do núcleo, persoal de intervención en ruta e no teléfono 976 764 648.

Garantía de enlace

 

Todos os trens de Renfe Viaxeiros dispoñen de garantía de enlace entre dous traxectos.

Esta garantía lévase a cabo cando, entre a hora teórica de chegada do primeiro tren e a saída do segundo, exista un intervalo horario de 60 minutos (se o cambio de tren se realiza na mesma estación) ou de 90 minutos (se o cambio de tren se realiza entre dúas estacións do mesmo concello).

Non se garante o enlace entre os servizos de AVLO, Cercanías e Feve entre si, nin destes co resto de servizos.

Nos billetes con enlace garantido, o traslado entre estacións da mesma cidade será por conta do viaxeiro, a non ser que exista servizo de trens ou servizo alternativo de Renfe como é o caso de Valencia, en cuxo caso, os billetes serán válidos para realizar o desprazamento entre ambas as dúas estacións.

Ante unha posible perda de enlace imputable a Renfe Viaxeiros, o cliente terá dereito a obter un billete para o seguinte tren sen ningún custo, ademais da indemnización por atraso á chegada ao destino que corresponda. Se o cliente renuncia a continuar a viaxe, terá o regreso gratuíto ao seu lugar de orixe e o reintegro do importe do billete.

Para ter dereito á garantía de enlace, o viaxeiro deberá ir provisto de billetes desde a orixe ata o destino final de cada unha das viaxes.

 

CANLES DE VENDA

Estes billetes poderanse adquirir nos despachos de billetes das estacións, oficina de venda de Ceuta, www.renfe.com, axencias de viaxe presenciais e venda telefónica - Renfe Contigo 912 320 320.

CAMBIOS E ANULACIÓNS

As condicións para efectuar cambios ou anulacións serán as establecidas especificamente para as tarifas aplicadas nos billetes.

O cliente deberá presentar os billetes, xunto cos documentos xustificativos en vigor para a obtención doutros descontos, e conservalos ata a finalización da viaxe. Igualmente, deberá presentar o documento que acredite a identidade do titular.

Tarifa intermodal

Esta norma é aplicable ás compras realizadas dentro do acordo comercial con Iberia para o tráfico aéreo internacional que comeza ou finaliza a súa viaxe nos trens de Renfe. 
    

ÁMBITO DE APLICACIÓN

Os servizos AVE, Larga Distancia e Avant que se determinan a partir das seguintes relacións:

  • Córdoba - Madrid Pta. Atocha ·
  • Málaga - Madrid Pta. Atocha ·
  • Sevilla - Madrid Pta. Atocha ·
  • Valladolid - Madrid Chamartín ·
  • Zaragoza - Madrid Pta. Atocha ·
  • Puertollano – Madrid Pta. Atocha ·
  • Ciudad Real – Madrid Pta. Atocha ·
  • Toledo – Madrid Pta. Atocha ·
  • León – Madrid Chamartín ·
  • Segovia – Madrid Chamartín ·
  • Cuenca-Madrid Atocha ·
  • ALBACETE-MADRID Atocha ·
  • Palencia - Madrid Chamartín
  • Zamora – Madrid Chamartín

CLASES E TRENS

Son susceptibles de comercializarse todas as clases e trens dos devanditos servizos mencionados. O produto intermodal terá dúas posibles clases de confort:

Business. A viaxe en tren efectuarase en clase Preferente ou en clase Turista Plus.·

Económica. O traxecto ferroviario realizarase en asentos de clase Turista.

CAMBIOS E ANULACIÓNS

Sempre están asociados ás condicións da tarifa aérea aplicada e unicamente se poden realizar a través das canles que Iberia determine. Pódese solicitar información sobre estas operacións e, se é o caso, mesmo formalizalas a través do número de teléfono 901 111 500 de Serviberia. Estas operacións non se realizarán en ningún caso nos puntos de venda de Renfe.

PERDA DO TREN POR CAUSA DO CLIENTE

Non ten este beneficio e, polo tanto, non se aplicará en ningún caso o disposto na Tarifa Especial n.º 3 "Perda do tren". Non obstante, informarase ao cliente da posibilidade de dirixirse ao número de teléfono 901 111 500 no caso de que a tarifa aérea aplicada ao billete intermodal permita algún tipo de cambio, anulación ou adiamento.

PROLONGACIÓN DE PERCORRIDO E MELLORA DE CLASE

Os billetes intermodais Renfe-Iberia non permiten efectuar en ruta a ampliación do seu percorrido ferroviario nin tampouco a mellora da clase do traxecto en tren.

PROGRAMA DE FIDELIZACIÓN

Actualmente, a adquisición deste billete intermodal non permite beneficiarse do programa de fidelización de Renfe.

 TARIFAS

A tarifa aérea aplicada ao billete intermodal será asimilada no traxecto ferroviario aos seguintes niveis de tarificación:

· Flexible (adulto e neno). A lenda da tarxeta de embarque Renfe é

“IB_FLEXIBLE”.

· Standard (adulto e neno). A lenda da tarxeta de embarque Renfe é

“IB_STANDARD”.

· Promo (adulto e neno). A lenda da tarxeta de embarque Renfe é

“IB_PROMO”. Non se admiten grupos.

NENOS 

Para estes billetes intermodais, a efectos de ocupación de prazas e aplicación de descontos, establécense os seguintes grupos de tarificación:

    - De 0 a 2 anos aínda non feitos na data da viaxe. Gratuíto sen ocupar praza. Ocupando praza pagarán coma nenos de 2 anos feitos.

    - De 2 a 11 anos feitos. Disporán dun desconto en función das condicións do voo para realizar. Ocuparán asento.

En todos os casos, deberán ser portadores do seu correspondente billete intermodal nominativo.

As compañías aéreas establecen certas restricións ou normas para a viaxe con acabados de nacer, ocupación de asentos por menores de 2 anos ou nenos que viaxan sós. Así mesmo, segundo o país de orixe ou destino da viaxe en avión, establécense uns requisitos específicos e necesidade de documentación particulares que o viaxeiro será responsable de coñecer e responder.

Para as viaxes en tren aplicarase o disposto na normativa relativa en canto a ocupación de prazas compartidas con nenos: máximo 2 persoas por asento.

Non se facilitará servizo de viaxe de menores sen acompañante nin para a viaxe en tren nin para a viaxe en avión. 

ANIMAIS DOMÉSTICOS

O produto intermodal non admite o transporte de mascotas.

Para este tipo de viaxes, o contrato de transportes, tanto do pasaxeiro coma da mascota, debe adquirirse de forma independente en cada compañía fóra deste Acordo de Código Compartido.

FORMALIZACIÓN DE PRAZAS

Para poder viaxar en cada medio, o cliente deberá estar en posesión da correspondente tarxeta de embarque e, no seu caso, do billete de tren de Cercanías:

CONDICIÓNS POSVENDA

GARANTÍA DE ENLACE

Garántese o enlace aos viaxeiros deste billete intermodal, nos termos previstos nestas condicións. No suposto de que, como consecuencia do atraso na viaxe nun dos servizos, o viaxeiro non puidese utilizar o tramo do outro servizo, esta última compañía facilitará, a través dos medios que considere oportunos, a viaxe contratada sen custo adicional.

Cando o cliente non poida realizar o enlace previsto en tren, como consecuencia dunha incidencia no servizo de avión, Renfe proporcionará sen ningún custo unha nova reserva no primeiro tren con prazas dispoñibles. A nova reserva farase na mesma clase ou nunha clase superior, segundo a dispoñibilidade de prazas, a través da tarifa 444.

En caso de perda do enlace, o viaxeiro terá dereito á asistencia en canto a transporte, aloxamento, comidas, etc. prevista na normativa do transporte aéreo.

ATRASOS

En canto ao servizo ferroviario, aplicaranse as indemnizacións previstas no Regulamento da Lei do Sector Ferroviario, agás en caso de forza maior.

Non se aplicarán os compromisos voluntarios de puntualidade.

TRATAMENTO DE RECLAMACIÓNS

Cada empresa será responsable do tratamento e resposta das reclamacións, dependendo do servizo onde se orixinase a incidencia.

O cliente poderá presentar a súa queixa/reclamación ben a través do Formulario de Atención ao Cliente na páxina web de Renfe ou no Libro ou Folla de reclamacións ao seu dispor a bordo do tren, Centros de Servizo e
Oficinas de Atención ao Cliente, nun prazo de dous anos para a presentación desde a data de finalización da viaxe.

Todas as reclamacións presentaranse por escrito e non se poderá utilizar o sistema de indemnizacións automáticas.