NOVO! Xa podes trocar os teus Puntos Renfe por vales desconto para viaxar en tren. Se non tes os puntos suficientes para trocalos nun billete, podes utilizalos para obter un vale desconto e viaxar máis barato. Ademais, tamén podes regalar o vale para que viaxe outra persoa.

Que é Más Renfe?

Más Renfe é o Programa de fidelización de Renfe, un programa deseñado para clientes frecuentes co que desexamos premiar a túa fidelidade e mellorar a túa experiencia de viaxe antes, durante e despois dela. Só por pertencer ao programa poderás conseguir viaxes cos teus puntos Renfe. Os Puntos Renfe acumulados poderás trocalos tamén polos servizos ofrecidos polas nosas empresas colaboradoras.
 


¿Cómo puedo obtener Puntos Renfe?

Cada vez que viaxes cos nosos servizos AVE, AVLO, Larga Distancia, Avant, abonos nominativos de Media Distancia e Cercanías/Rodalies podes acumular puntos Renfe, que se che asignarán en función do teu nivel dentro do programa Más Renfe e opción de viaxe elixida.

É imprescindible que indiques o teu número Más Renfe no momento de realizar a compra en calquera canle (despachos de billetes das estacións, aplicación Renfe, máquinas autovenda multiproduto, páxina web de Renfe, servizo de venda telefónica de billetes «Renfe Contigo» no 91 232 03 20 e distribuidores e axencias de viaxe autorizados).

Tamén poderás obter Puntos Renfe coas empresas colaboradoras

Ademais, se utilizas as nosas tarxetas financeiras como forma de pagamento:

  • Coa Tarxeta American Express Renfe conseguirás un 15 % do importe de todas as túas compras en Puntos Renfe. 1 € gastado coa tarxeta = 0,15 Puntos Renfe.
  • Coa Tarxeta Renfe Mastercard poderás conseguir 0,10 Puntos Renfe por cada euro de gasto en compras Renfe e 0,05 Puntos Renfe por cada euro de gasto no resto de compras.

Exemplo de obtención de Puntos Renfe 

Puntos Renfe por cada 50 € de compra en trens AVE a través das canles de internet e móbil:

Nivel Más Renfe

Puntos Renfe obtidos

Clásica

15 Puntos Renfe

Plata

20 Puntos Renfe

Oro

25 Puntos Renfe

Platino

40 Puntos Renfe


Como podo trocar os meus Puntos Renfe?

Podes utilizar os teus Puntos Renfe para obter un vale descontopara viaxar gratis en calquera dos nosos trens AVE, Avlo, Larga Distancia, Media Distancia, Avant e Cercanías/Rodalies. No proceso de compra dos teus billetes indicarase o prezo expresado en Puntos Renfe.

10 Puntos Renfe equivalen a 1 €.

Agora tamén podes trocar os teus puntos nun vale desconto!

Se non tes puntos abondo para trocalos nun billete, podes utilizalos para obter un vale desconto que reducirá o prezo do teu billete. Tamén podes regalar o vale xerado cos teus puntos para que viaxe outra persoa.

Só tes que acceder á túa Área Privada, no apartado «Os meus Puntos», obter o teu vale desconto e recibiralo no momento. Así de fácil. Poderás consultalo tamén na sección «Os meus códigos».

Poderás canxear ata un máximo de 1.000 puntos por vale desconto. Ten en conta que os vales desconto non se poden utilizar en billetes con enlace nin en billetes para Cercanías.

Tamén poderás trocar os teus Puntos Renfe en hoteis, alugueiro de vehículos ou doazóns a ONG grazas ás nosas empresas colaboradoras.
 

Algunhas ideas para trocar os teus Puntos Renfe saíndo desde Madrid

 

 

Algunhas ideas para trocar os teus Puntos Renfe saíndo desde Barcelona:

 



¿Cómo darme de alta?

1. Dáte de alta na seguinte ligazón, é gratuíto.

2. Introduce o teu número Más Renfe sempre que reserves a túa viaxe, xa sexa en renfe.com, despacho de billetes da estación, axencia de viaxes etc. Tamén poderás conseguir Puntos Renfe coas nosas empresas colaboradoras e sempre que utilices Tarxeta Mastercard Renfe ou Tarxeta American Express Renfe.

3. No momento da compra coñecerás os Puntos Renfe obtidos, que se anotarán na túa conta unha vez realizada a viaxe.

4. Viaxa gratis só por viaxar trocando os teus Puntos Renfe por billetes de tren e nos produtos e servizos das nosas empresas asociadas.

Ademais, dependendo das viaxes que acumules, poderás subir de nivel dentro do Programa Más Renfe. Estes son os niveis: Más Renfe, Más Renfe Plata, Más Renfe Oro ou Más Renfe Platino.

Cada unha delas está deseñada para mellorar a túa experiencia de viaxe con servizos exclusivos como acceso ás Salas club, aparcadoiro gratuíto, Puntos Renfe sen caducidade, descontos exclusivos, actualizacións a Prémium ou Elige Confort, etc.
 

Dáte de alta en Más Renfe e consegue un 10 % de desconto de benvida, a que esperas
?