Consulta as nosas preguntas frecuentes sobre o novo Abono Gratis de Renfe para viajeros recurrentes de Cercanías e Media Distancia e o desconto do 50 % en Alta Velocidad de Media Distancia

Última actualización: 26/12/2025

1. Para que tipo de servizos son válidos os abonos gratis?

Os abonos gratis son válidos exclusivamente para os servizos de Cercanías nos núcleos de Asturias e Cantabria. Para os títulos integrados (aqueles que inclúen outros medios de transporte, como autobuses, metros ou outros ferrocarrís non operados por Renfe), consultar condicións nos distintos consorcios rexionais e locais."
 

2. Como podo adquirir o abono de Renfe?

Para obter o Abono gratuito para viajero frecuente cómpre estar rexistrado previamente en renfe.com ou nas app de Renfe e Renfe Cercanías.

Podes adquirir o Abono gratuito para viajero frecuente de forma sinxela a través da aplicación Renfe Cercanías, agás Cercanías AM, onde poderás adquirir o teu abono en máquinas autovenda e despachos das estacións:

1. Descarga na túa Store Android ou na túa Store Apple a aplicación Renfe Cercanías.

2. Selecciona o teu núcleo de Cercanías.

3. Desprega o menú e selecciona a opción “Comprar billetes”.

4. Escolle a opción “Comprar” e selecciona a túa estación de orixe/destino habitual.

5. No despregable «Selecciona unha tarifa», escolle o «Ab. Recorrente».

6. Introduce os datos para te rexistrares. Se xa tes usuario na aplicación, continúa co proceso de compra.

7. O QR xerado gardarase no wallet da aplicación que podes atopar no menú «Comprar billetes» – «Os meus billetes».

Se dispós dunha tarxeta Renfe & Tú, tamén podes dirixirte a os teus puntos de compra habituais (máquinas autovenda e despachos de billetes das estacións) e cargar nela o novo abono. Valida sempre as túas viaxes antes do seu inicio. Ata que se che reintegre a fianza do teu abono gratuíto, é imprescindible que conserves tanto o QR, a tarxeta TSC coa que uses o teu abono, coma calquera tícket ou xustificante de compra xa que pode ser necesario para solicitar o reembolso da fianza ou para solucionar calquera incidencia que poida acontecer no proceso.  

Lembra que nos núcleos de Cercanías AM non está habilitada a compra do abono a través da aplicación e terás que adquirir o abono físico nas máquinas autovenda ou nos despachos de billetes da estación.

Para a compra do teu abono nos despachos de billetes e máquinas autovenda deberás facilitar o teu nome e apelidos (en venda en despachos de billetes) un número de documento de identificación válido (DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente) e o teu número de teléfono (preferentemente móbil) para poder poñernos en contacto contigo para solucionar calquera incidencia que se poida producir no proceso de devolución da fianza.

3. Que validez ten o abono gratis de Renfe?

Cercanías: Abono unipersoal, nominativo e intransferible, válido para realizar viaxes ilimitadas, de ida ou volta indistintamente nos núcleos de Cercanías de Asturias e de Cantabria, para todas as zonas de ambos núcleos durante o cuadrimestre natural en curso.
 

4. Deben renovarse cada mes?

Non, o abono de Cercanías é válido para viaxar durante todo o cuadrimestre natural. Por exemplo, durante o primeiro cuadrimestre de 2026, será válido para viaxar entre os días 1 de xaneiro ata o 30 de abril.
 

5. O abono de Cercanías é válido para todas as zonas?

Si, permíteche realizar viaxes ilimitadas entre calquera das estacións do núcleo de Cercanías para o que se adquiriu o abono.

6. Os abonos son realmente gratis?


Si, garántese a gratuidade aos viaxeiros recorrentes. Para iso, implantouse un procedemento polo cal o viaxeiro deposita unha fianza reembolsable de 10 euros, independentemente da orixe e destino do traxecto percorrido dentro do núcleo de Cercanías. 

Nos núcleos de Cercanías de Asturias e Cantabria seguirá sendo necesario realizar un mínimo de 16 viaxes durante os 4 meses de validez. Esta devolución realizarase ao finalizar o período de vixencia. No caso de pagamento con tarxeta, realizarase a devolución de forma automática a través do mesmo medio. No caso de pagamento en metálico, realizarase a devolución a través dos despachos de billetes das estacións.
 

7. Pódese utilizar a tarxeta de crédito ou débito como medio de pagamento?

Si. Recoméndase especialmente a súa utilización para axilizar a devolución do importe do aboamento.
 

8. Como me devolven a fianza?

Se o pagamento da fianza se efectuou mediante tarxeta bancaria, o reintegro realizarase automaticamente á tarxeta coa que fixeches o abono, sempre que realizases un mínimo de 16 viaxes e o teu abono non estea incluído na listaxe de incumprimento das medidas antifraude.

Se non recibiches a devolución, deberás acudir a un punto de Atención ao Cliente para cubrir o Formulario de devolución indicándonos os teus datos para que poidamos revisar o teu caso.

Se pagaches a fianza en metálico, poderás solicitar a devolución acudindo a calquera punto de venda ou de Atención ao Cliente. Deberás presentar o teu abono xunto co DNI ou NIF/NIE, así como calquera tícket ou xustificante de compra de que dispoñas.

Ata que se che reintegre a fianza do teu abono gratuíto, é imprescindible que conserves o abono en todos os soportes que utilizases, xa sexan físicos ou dixitais, así como calquera tícket ou xustificante de compra xa que pode ser necesario para solicitar o reembolso da fianza ou para solucionar calquera incidencia que poida acontecer no proceso.

Importante, lembra

Se aínda non solicitaches a devolución da fianza dos teus abonos, lembra que tes un ano para solicitala unha vez remate o seu período de validez.

  • Abono do 1.º cuadrimestre de 2025 (xaneiro a abril). Data límite para solicitar a devolución de fianza: 30 de abril de 2026.
  • Abono do 2.º cuadrimestre de 2025 (maio a agosto). Data límite para solicitar a devolución de fianza: 31 de agosto de 2026.
  • Abono do 3.º cuadrimestre de 2025 (setembro a decembro). Data límite para solicitar a devolución de fianza: 31 de decembro de 2026.

9. Unha vez rematado o período de utilización, podo tirar a TSC ou o abono físico?

Non, é imprescindible conservar o abono nos formatos que utilizaches xa que poden ser necesarios para solicitar o reembolso da fianza.

Ademais, lembrámosche que unha vez se devolva a fianza, podes volver reutilizar a TSC Renfe&Tú.

10. Podo cargar o abono de Cercanías na tarxeta de Renfe, +Renfe&Tú”?

Si. Todos os viaxeiros que posúan unha tarxeta +Renfe & Tú personalizada ou non personalizada poderán adquirir o abono en máquinas autovenda e despachos de billetes da estación.
 

11. É necesario descargar algunha app de Renfe para viaxar co novo abono?

Non é necesario para os núcleos de Cercanías AM, xa que non se pode adquirir o abono online. Para o resto de núcleos, é moi recomendable utilizar a app de Cercanías para evitar colas e esperas nas estacións. Os clientes dos núcleos de Cercanías que adquiran o abono mediante a app de Renfe Cercanías poderán validalo directamente nos torniquetes con lectores QR ou ben a través de persoal de apoio nas estacións que non dispoñan de lectores. Descarga a app.

Tamén poderán obter un abono en soporte físico, sen custo, presentando o seu móbil co QR unha única vez nunha máquina autovenda.
 

12. Que é o código de seguridade da app de Renfe Cercanías?

Dentro do rexistro solicítase o código de seguridade que che permitirá realizar as compras na aplicación; este código defíneo o usuario, é numérico e ten 4 díxitos.
 

13. Pódense facer varias viaxes nun mesmo día ou só se pode facer ida e volta?

Nos abonos de Cercanías as viaxes son ilimitadas.
 

14. A viaxe de ida e volta conta como dúas viaxes ou como unha para a devolución da fianza?

As viaxes de ida e volta son 2 viaxes.