Última actualización: 16/12/2025

 


Información sobre devolución de fianzas dos abonos gratuítos

Consulta toda a información sobre a devolución das fianzas dos teus abonos gratuítos 2024 e 2025. Tamén podes informarte chamando ao teléfono 91 919 15 67.

 

Devolución das fianzas dos abonos gratuítos dos meses de maio e xuño de 2025 (agás Cercanías Asturias e Cantabria)

Desde o día 21 de xullo de 2025, pode solicitarse a devolución das fianzas dos abonos gratuítos dos meses de maio e xuño de 2025. Tes un ano para solicitar a devolución, ata o 30 de xuño de 2026.

Non esquezas que ata que recibas a devolución da fianza, é imprescindible que conserves o abono (QR dos dixitais ou TSC dos físicos) e o tícket ou xustificante de compra. Estes documentos poden ser necesarios para tramitar o reembolso ou solucionar calquera incidencia que poida darse no proceso.

  • Se pagaches con tarxeta bancaria
    Se pagaches con tarxeta bancaria non terás que facer ningunha xestión: a fianza devolverase de xeito automático entre os días 21 e 31 de xullo, sempre que realizases un mínimo de 8 viaxes e o teu abono non estea incluído na listaxe de incumprimentos das medidas antifraude.

Se pasado o día 31 de xullo non recibiches o reintegro, deberás acudir a un punto de atención ao cliente e cubrir o Formulario de devolución para que poidamos revisar o teu caso.

  • Se pagaches en efectivo
    Se pagaches a fianza en efectivo, a partir do día 21 de maio podes solicitar a devolución en calquera punto de venda. Para iso, deberás presentar o abono, o teu DNI e o xustificante da compra. En caso de que non fose posible a devolución no momento, debido a calquera incidencia, deberás cubrir o Formulario de devolución con todos os teus datos. O noso persoal de posvenda revisará o caso e contestarache indicándoche se procede ou non a devolución do importe depositado.

Estas condicións de devolución da fianza non se aplicarán aos Abonos en soporte ISO/banda magnética, adquiridos para os servizos de Rodalies de Catalunya (Cercanías e Rexionais) e de Largo Métrico.

 

Devolución das fianzas dos abonos gratuítos cuadrimestrais de 2024 e 2025.

Se aínda non solicitaches a devolución da fianza dos teus abonos de 2024 e 2025, lembra que tes un ano para solicitala unha vez remate o seu período de validez.

  • Abono do 3.º cuadrimestre de 2024 (setembro a decembro 2024). Data límite para solicitar a devolución da fianza: 31 de decembro de 2025.
  • Abono do 1.º cuadrimestre de 2025 (xaneiro a abril 2025). Data límite para solicitar a devolución da fianza: 30 de abril de 2026.
  • Abono do 2.º cuadrimestre de 2025 (maio a agosto 2025, só para Cercanías Asturias e Cantabria). Data límite para solicitar a devolución da fianza: 31 de agosto de 2026.

Devolución da fianza do abono do segundo cuadrimestre de 2025 Cercanías Asturias e Cantabria

Informámoste que o 17 de setembro de 2025 comeza a devolución da fianza do abono do segundo cuadrimestre e que dispós dun ano para solicitar o reintegro, ata o 31 de agosto de 2026.

Non esquezas que ata que recibas a devolución da fianza, é imprescindible que conserves o abono (QR dos dixitais ou TSC dos físicos) e o tícket ou xustificante de compra. Estes documentos poden ser necesarios para tramitar o reembolso ou solucionar calquera incidencia que poida darse no proceso.

  • Se pagaches con tarxeta bancaria
    Se pagaches con tarxeta bancaria non terás que facer ningunha xestión: a fianza devolveráseche de maneira automática entre os días 17 e 30 de setembro, sempre que realizases un mínimo de 16 viaxes e o teu abono non estea incluído na listaxe de incumprimentos das medidas antifraude.

Se pasado o día 30 de setembro non recibiches o reintegro, deberás acudir a un punto de atención ao cliente e cubrir o Formulario de devolución para que poidamos revisar o teu caso.

  • Se pagaches a fianza en efectivo
    Se pagaches a fianza en efectivo, a partir do día 17 de setembro podes solicitar a devolución en calquera punto de venda. Para iso, deberás presentar o abono, o teu DNI e o xustificante da compra. En caso de que non fose posible a devolución no momento, debido a calquera incidencia, deberás cubrir o Formulario de devolución con todos os teus datos. O noso persoal de posvenda revisará o caso e contestarache indicándoche se procede ou non a devolución do importe depositado.

Informámoste de que podes solicitar a devolución da túa fianza ata o 30 de abril de 2024.

Tamén che lembramos que, se non solicitaches a devolución da fianza do teu abono de 2022, tes ata o 31 de decembro de 2023 para reclamala.

Ata que se che devolva a fianza, é imprescindible que conserves o abono en todos os soportes que utilizases, xa sexan físicos ou dixitais, así como calquera tícket ou xustificante de compra ante calquera incidencia que se poida producir no proceso.

  • Se aboaches a fianza con tarxeta de crédito:

Devolveráseche a fianza automaticamente entre os días 9 e 20 de maio na tarxeta coa que adquiriches o abono, sempre que realizases un mínimo de 16 viaxes e o teu abono non estea incluído na lista de incumprimento das medidas antifraude.

Se despois do día 20 de maio non recibiches a devolución, deberás acudir a un punto de Atención ao Cliente para cubrir o Formulario de Devolución indicándonos os teus datos para que poidamos revisar o teu caso.

  • Se aboaches a fianza en metálico:

A partir do día 16 de maio, poderás solicitar a devolución acudindo a calquera punto de venda ou de Atención ao Cliente. Deberás presentar o teu abono xunto co DNI ou NIF/NIE, así como calquera tícket ou xustificante de compra de que dispoñas.

Se non se che puidese devolver a fianza no momento por calquera incidencia, deberás cubrir o Formulario de devolución indicándonos os teus datos. A túa solicitude será atendida polo noso persoal de Posvenda, que che contestará indicando se procede ou non a devolución.

Estas condicións de devolución da fianza non se aplicarán aos Abonos en soporte ISO/banda magnética, adquiridos para os servizos de Rodalies de Catalunya (Cercanías e Rexionais) e de Largo Métrico.