Cine e música a bordo

Goza destes servizos totalmente gratuítos en todos os trens Ave e na maioría dos trens de Larga Distancia, viaxes co billete que viaxes.

A música forma parte das nosas vidas. Entón, poñemos á túa disposición múltiples canles con varios estilos: música clásica, pop/rock, jazz, folk… Escolle a que máis che guste e déixate levar.

A maioría dos nosos trens levan monitores onde se emiten películas, series e documentais durante o percorrido. Todo o contido está subtitulado e coa opción de escoitalo en versión orixinal. A programación renóvase mensualmente e axústase segundo a duración do traxecto.

Desde o teu asento, poderás controlar as canles de audio e vídeo. E escoitar a música que prefires ou ver a película do noso cine a bordo cos auriculares que se reparten de forma gratuíta.