Servizo suspendido temporalmente. Volveremos proximamente.

Servizo Equipajes Puerta a Puerta

Servizo prestado por Correos.

Esquécete de cargar coas maletas e viaxa con tranquilidade. Con Renfe só tes que escoller o punto de recollida e entrega da túa equipaxe e nós encargámonos de levarcha.

Se tes un billete para un tren AVE ou Larga Distancia, podes contratar o servizo de traslado de equipaxe de porta a porta. Con cada billete podes levar ata tres vultos, xa sexan maletas ou equipaxe especial.

É un servizo de Correos que poñemos ao teu dispor se viaxas en AVE ou Larga Distancia. Con el non terás que preocuparte pola túa equipaxe, nós recollémola e levámoscha onde nos digas.

O prazo de entrega é de entre 1 e 3 días, dependendo da orixe e do destino. Consulta o noso simulador de prezos para obter o custo do servizo e o prazo de entrega aproximado.

 

Que é o servizo Equipajes Puerta a Puerta?

É un servizo de Correos que poñemos ao teu dispor se viaxas en AVE ou Larga Distancia. Con el non terás que preocuparte pola túa equipaxe, nós recollémola e levámoscha onde nos digas.

O prazo de entrega é de entre 1 e 3 días, dependendo da orixe e do destino. Consulta o noso simulador de prezos para obter o custo do servizo e o prazo de entrega aproximado.

Como podo contratalo?

Podes contratalo en Renfe.com, solicitándoo ata 2 días antes da saída do tren, sempre que se contrate antes das 12 horas do mediodía.

Que equipaxe podo levar co servizo Equipajes Puerta a Puerta?

Podes levar ata 3 vultos por billete de tren, tanto se é equipaxe normal coma especial.

  • Equipaxe: considérase equipaxe: as maletas, bolsos de man, mochilas, maletíns para ordenadores e similares.
  • Equipaxe especial: esquís, táboa de snowboard, paus de golf, carriños de bebé, equipos de pesca deportiva, patinete.

Medidas e pesos máximos por vulto

  • Peso máximo: 25 kg.
  • Alto máximo: 150 cm, excepto a equipaxe especial esquís, cuxa altura máxima é de 250 cm.
  • Ancho máximo 70 cm.
  • Profundidade máxima: 50 cm.
  • Suma de Alto + Ancho + Profundidade: máximo 250 cm.

Cales son as condicións de transporte da equipaxe especial?

  • Os patinetes e as bicicletas deberanse encartar ou desmontar dentro dunha embalaxe específica para bicicletas cunhas dimensións de 120x90x40cm (longo-alto-ancho). Os pedais deben estar desmontados e o guiador xirado 90º. De non estaren embalados, poderase rexeitar a súa carga.
  • As bolsas de golf, equipos de esquí e pesca deportiva deberán viaxar dentro da bolsa correspondente, que deberá estar perfectamente pechada, de tal xeito que impida o movemento ou o desprazamento dos elementos que conteñan.
  • As táboas de snowboard deben estar protexidas coa bolsa de transporte correspondente.   
  • Os carriños de bebé deberán estar encartados e embalados en plástico.

Cal é o prezo do servizo?

O prezo depende do número de vultos que leves e da orixe e destino. Desde 20 € e 20 % de desconto no transporte do segundo e terceiro vulto. Podes consultar o noso simulador de prezos.

Onde e cando recollen a miña equipaxe?

Recollemos a equipaxe no enderezo que nos indiques desde 4 días a 1 día antes da saída do tren. Tamén podes entregala nas oficinas de Correos. O horario de recollida é de luns a venres de 9:00 a 18:00 horas. Non hai servizo de recollida de equipaxes os festivos.

O punto de recollida e entrega ten que coincidir coa orixe e destino do tren?

O punto de recollida e entrega da equipaxe debe coincidir cun municipio que se atope dentro da provincia de orixe e destino do tren ou de calquera provincia veciña das mesmas.

Por exemplo, se a orixe do tren é Madrid Puerta de Atocha, admitirase como punto de recollida calquera municipio da provincia de Madrid, así como das provincias de Segovia, Ávila, Toledo, Cuenca e Guadalaxara.

Podo escoller a hora de recollida e entrega da equipaxe?

A recollida/entrega da equipaxe realízase de luns a venres de 9:00 a 18:00 horas, podes escoller mañá ou tarde. No caso de recollida e/ou entrega da equipaxe nunha oficina de Correos, consulta o horario da túa oficina máis próxima.

Que documentación debo amosar cando recollan a miña equipaxe?

No domicilio non cómpre amosar documentación, abonda con que asines o resgardo de recollida que che facilitará o carteiro, onde se indicará o nome e DNI.

Se levas a equipaxe a unha oficina de Correos, abondará con amosar o resgardo da compra do servizo ou facilitar o número de referencia.

Podo cambiar ou cancelar o servizo?

Podes facer cambios ou cancelar o servizo ata as 12:00 horas do día laborable anterior á recollida da equipaxe.

Preme aquí para tramitalo. Tamén podes chamar ao 900 400 004 para consultar calquera xestión.

Cando se entregará a miña equipaxe?

A equipaxe entregarase nun período de entre 1 e 3 días, dependendo do destino, desde a data de recollida. No momento da contratación do servizo informaremos do prazo correspondente.

O horario de entrega é de luns a venres de 9:00 a 18:00 h. Non hai servizo de entrega de equipaxe os festivos. 

Que documentación debo facilitar para que me entreguen a miña equipaxe?

Se queres que che entreguen a equipaxe no teu domicilio, deberás amosar o teu DNI ou documento oficial de identidade da persoa a quen se lle efectúa a entrega. Neste caso, a entrega pode efectuarse a outra persoa distinta do destinatario do envío.

Se a entrega se realiza nunha oficina de Correos, deberás amosar o teu DNI. Se queres que se lle entregue a equipaxe a outra persoa, deberá presentar, ademais do DNI, unha fotocopia do teu DNI e un aviso de chegada da equipaxe asinado.

Que podo facer se non se recolle/entrega a miña equipaxe?

Podes chamar a Correos no teléfono de información e atención ao cliente 900 400 004. Debes ter a man o número de referencia de expedición da equipaxe.

Que pasa se non estou no enderezo indicado cando veñan a entregar a miña equipaxe?

Correos intentará realizar a entrega ata en dúas ocasións. En caso de non poder realizala, o envío permanecerá 15 días naturais na oficina de Correos asociada ao domicilio de entrega, onde pode ser retirado polo destinatario ou persoa debidamente autorizada.

Onde podo consultar todos os meus servizos de equipaxe contratados

Se estás rexistrado como usuario na páxina web, poderás acceder ao historial de todos os teus servizos contratados a través da sección «Mis equipajes». Ao acceder a esta páxina, amosaranse os últimos dez servizos de Equipajes Puerta a Puerta que solicitaches. Tamén poderás comprobar ou anular calquera servizo de equipaxe que estea activo e buscar servizos específicos mediante un buscador.

Onde podo reclamar en caso de rotura ou perda da equipaxe?

Para calquera xestión relacionada co servizo de transporte de equipaxe, ponte en contacto con Correos no teléfono 900 400 004, na páxina web de Correos ou en calquera oficina de correos.

Onde podo solicitar a factura do servizo?

Para solicitar a factura do servizo, chámanos ao 919 191 565.

Poden recoller ou entregar a miña equipaxe no aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas?


Si. O servizo de recollida e entrega está dispoñible na terminal T4 de luns a venres de 8:00 a 19:30 horas.

Para entregar a túa equipaxe tes que ir á consigna da terminal T4 situada na Planta 0 (zona de chegadas). Neste caso, o prazo de contratación será desde a data de compra do billete ata a data de saída do tren; deste xeito, pode coincidir a data de contratación, data de recollida en Barajas T4 da equipaxe e data da viaxe en tren.

Se queres recoller a túa equipaxe no aeroporto, tes que ir á consigna da terminal T4 situada na Planta 0 (zona de chegadas). O prazo de contratación do servizo neste caso será ata as 12:00 h do día anterior á recollida da equipaxe.