Equipaxes especiais

Son aqueles que polas súas dimensións ou outras limitacións non poden considerarse equipaxe de man e, polo tanto, teñen condicións particulares de viaxe.

Ten en conta que só podes subir a bordo unha peza de equipaxe especial por persoa, acompañada doutro vulto de man de dimensións máximas 55x35x25.
 

Lembra que para viaxar en trens Avlo a política de equipaxes é máis restritiva. Consulta toda a información.

 

Que se considera equipaxe especial?

  • Paus de golf
  • Equipos de esquí 
  • Equipo de pesca deportiva
  • Todos os patinetes e bicicletas encartados ou desmontados, dentro dunha funda cuxas dimensións sumen máis de 180 cm e ata un máximo de 120x90x40 cm. (longo-alto-ancho).

O transporte de bicicletas e patinetes sen encartar varía segundo o tipo de tren no que viaxes. Consulta toda a información ao respecto.

Tanto os paus de golf coma os equipos de esquí e pesca deportiva deberán viaxar dentro das súas correspondentes bolsas, perfectamente pechadas.
 

Lembra que para a túa viaxe en Avlo, podes levar a seguinte equipaxe incluída no prezo do billete:

  • 1 equipaxe de man (bolso, mochila, etc.) de dimensións máximas: 36x27x25 cm, sen límite de peso
  • 1 maleta de cabina de dimensións máximas: 55x35x25 cm, sen límite de peso

Se necesitas engadir 1 equipaxe adicional de dimensións máis grandes, cun máximo de 85x60x35 cm (ou que non supere os 180 cm en total), podes facelo no momento da compra do teu billete por 10 €, posteriormente e en liña por 15 € ou directamente na estación, no control de acceso, ata 30 minutos antes da saída do teu tren por 30 €.

 

Obxectos perigosos

Ademais, se tes que viaxar con armas de fogo ou outros obxectos perigosos, ten en conta que o seu transporte está suxeito a condicións especiais:

  • Armas de fogo levadas por particulares: só se permiten acompañadas de licenza e guía de pertenza
  • Armas de fogo regulamentarias portadas por persoal habilitado: só se permiten se se acredita mediante placa ou carné profesional
  • Armas brancas, históricas e outras: só se permiten os sabres, machetes, armas históricas ou outras que formen parte do equipo regulamentario do persoal das Forzas e Corpos de Seguridade ou das Forzas Armadas
  • Armas deportivas: só se permiten aquelas correctamente embaladas e sempre que se acredite documentalmente de estar federado nese deporte
  • Ferramentas de traballo cortantes, punzantes ou contundentes: só ese permiten debidamente embalados e transportados por persoal que documente a súa profesión
  • Munición: non se poderá transportar munición (R. D. 130/2017, do 24 de febreiro), agás:

    • Armas curtas, munición no cargador, persoal posuidor de licenza tipo B.
    • Armas de fogo, munición nos cargadores, persoal habilitado e acreditado.



Consulta toda a normativa respecto á seguridade e acceso ás zonas de embarque, obxectos non permitidos e excepcións na seguinte ligazón.