Equipaxe de man

Podes subir a bordo do tren ata 3 vultos considerados equipaxe de man, sempre que a suma dos tres non supere os 25 kg ou 290 cm de tamaño.

As dimensións máximas permitidas son 85x55x35 cm. (alto–ancho–fondo).

 

 

Que consideramos equipaxe de man?

  • Maletas, bolsos de man, mochilas, maletíns para ordenadores e similares.
  • Cadeiras e coches portabebés, sempre que vaian pregados.

Ademais,

  • Instrumentos musicais, transportados na súa funda, que non superen as dimensións 30x120x38 cm. (ancho-lonxitude-fondo).
  • Todas as bicicletas e patinetes encartados dentro dunha funda considéranse equipaxe de man sempre que as súas dimensións non superen entre as tres máis de 180 cm e, polo tanto, serán admitidas de balde en todos os servizos regulares de Renfe Viajeros. A política de transporte de bicicletas e patinetes sen encartar depende do tipo de tren no que viaxes. Consulta toda a información ao respecto.