Bicicletas e patinetes

Viaxa coa bicicleta ou o patinete en todos os nosos trens. O seu transporte depende do tipo de tren no que viaxas, así que sigue lendo!

  • Se viaxas en trens AVE, Larga Distancia (Alvia, Intercity e Euromed) ou Avant:

    • A túa bicicleta ou patinete debe viaxar sempre encartado ou desmontado e dentro dunha funda. Podes levar unha bicicleta ou patinete por persoa.
    • Se a suma das dimensións da funda é menos de 180 cm, son dimensións como equipaxe de man. Se superas os 180 cm. considérase equipaxe especial (dimensións máximas permitidas 120x90x40 cm.)
    • Os pedais deben estar desmontados e o guiador xirado 90 graos.
    • Lembra que para billetes AVE e Larga Distancia debes engadir o Extra Bicicleta durante o proceso de compra do teu billete, se a bicicleta supera as medidas da equipaxe de man. É gratis!

 


 

  • Se viaxas en trens Avlo:

    • Só están permitidas as bicicletas e patinetes encartables, sempre e cando cumpran as medidas máximas establecidas para equipaxe: 55x35x25 cm (vulto de cabina, sen límite de peso, incluído de forma gratuíta no prezo da tarifa Básica)
    • Para bicicletas e patinetes de medidas 85x60x35 cm ou máximo de 180 cm en total deberase adquirir o Extra Equipaxe adicional; pódelo facer no momento da compra do teu billete por 10 €, con posterioridade e en liña por 15 € ou directamente na estación, no control de acceso, ata 30 minutos antes da saída do teu tren por 30 €.
    • Lembra que as bicicletas e os patinetes deben ir sempre encartados e na súa funda de transporte.
 
  • Se viaxas en trens de Media Distancia (non Avant):

    • As bicicletas encartadas poden viaxar como equipaxe de man ou equipaxe especial, dependendo das medidas (consulta toda a información) Se levas a túa bicicleta encartada ou embalada, non necesitas adquirir o extra Bicicleta.
    • Se a bicicleta vai sen encartar, si debes adquirir o extra Bicicleta. A única limitación é que podes levar unha bicicleta ou patinete por persoa. Non é necesario que viaxen desmontados nin dentro dunha funda.
    • A túa bicicleta sen encartar viaxa na área específica que existe a bordo dos trens de Media Distancia para o seu transporte. Ten en conta que o número de bicicletas que poden viaxar en tren é limitado (ata un máximo de 3). No proceso de compra do teu billete, unha vez seleccionado o teu tren, ofrecémosche a opción de incluír extras; aí poderás seleccionar o billete para a túa bicicleta. Nas rutas de máis de 100 km, este billete custa 3 euros; nas de menos de 100 km este billete é gratuíto, aínda que terás que reservar o teu espazo no mesmo proceso de compra. 
    • Se tes un abonamento non poderás adquirir o extra de bicicleta cando formalices a viaxe, polo que deberás pasar polo despacho de billetes da túa estación.

 

Tamén podes deixar a túa bicicleta en calquera dos aparcamentos habilitados para elas nas estacións. Consulta toda a información.