Trens Avant

A oferta Avant de Renfe está formada por servizos de Media Distancia que se prestan con trens de alta velocidade especificamente deseñados para viaxes curtas.

Así podes ter alta velocidade entre poboacións próximas con tempos de viaxe moi competitivos e beneficiarte das vantaxes de abonos como a tarxeta Plus, pensada para viaxeiros que utilizan estes trens con moita frecuencia.

Na actualidade pódense realizar os seguintes traxectos cos servizos Avant:

  • Avant Madrid – Segovia – Valladolid
  • Avant Málaga – Córdoba – Sevilla
  • Avant Granada- Málaga
  • Avant Granada – Córdoba – Sevilla
  • Avant Madrid – Cidade Real – Puertollano
  • Avant Madrid – Toledo
  • Avant Barcelona – Tarragona – Lleida
  • Avant Calatayud – Zaragoza
  • Avant Ourense - Santiago - A Coruña
  • Avant Barcelona – Girona
  • Avant Barcelona – Figueres Vilafant
  • Avant Valencia – Requena Utiel
  • Avant Salamanca - Segovia - Madrid (só admite títulos multiviaxe).
  • Avant Cuenca - Madrid (só admite títulos multiviaxe).