Recorda que en trens AVE, Longa Distancia e Avant, os menores de 14 anos deben viaxar acompañados dun adulto ou utilizando o Servizo de menores sen acompañante nos trens que dispoñan desta opción.
Os máis peques da casa tamén viaxan, aínda que non poidas acompañalos.
Para esas ocasións, ofrecémosche o servizo de menores sen acompañante, que permite que os nenos de entre 6 e 13 anos (ambos inclusive) poidan viaxar sen a compañía dun adulto e baixo a supervisión do persoal a bordo.
Podes solicitar este servizo ao adquirir o billete nos despachos de billetes das estacións, venda telefónica, oficinas de venda e axencias de viaxe presenciais, cunha antelación mínima de 48 horas antes da saída do tren.
Ten en conta que este servizo se presta cos billetes Prémium e Elige Confort na maioría dos trens Ave e Larga Distancia, cun límite de 4 menores por tren e sempre que a chegada ao destino non sexa posterior ás 22:00 horas.
O día da viaxe, debedes presentarvos na estación cunha antelación mínima de 45 minutos, xa que a nai, o pai ou o/a representante legal deben cubrir un formulario necesario para prestar o servizo con todas as garantías.
Consulta o procedemento e todas as condicións de viaxe
Os menores que viaxen sós non poderán adquirir produtos a bordo sen autorización expresa. Se queres un menú infantil ou outro dos que que ofrece Renfe, podes solicitalo no momento da compra do billete.
Os billetes co servizo de menores que viaxan sós non teñen o desconto propio da tarifa de nenos.