Xa podes utilizar o novo Abono para viajeros frecuentes, para viaxar cun 50 % de desconto en determinados traxectos de Servizos Comerciais ata o 31 de decembro de 2022. Consulta toda a información.

Se viaxas con frecuencia, seguro que atopas o abono perfecto para ti. Son cómodos de usar e ofrécenche importantes descontos sobre o prezo do billete xeral.

Ademais, todos os abonos nominativos (agás o Galicia Rail Pass) permítenche obter puntos e beneficiarte das vantaxes do programa Más Renfe. Non esquezas indicar o número da túa Tarjeta Más Renfe no momento da compra do abono. Se aínda non estás dado de alta, podes facelo na seguinte ligazón.