Os mellores prezos para viaxar en tren.
Consulta todos os detalles dos billetes Básico, Elige e Prémium. Ao mercares con antelación, conseguirás os prezos máis baratos.
Recorda que os billetes para viaxar en trens Ave e Larga Distancia son nominativos, así podemos contactar contigo en caso de necesidade. Cando viaxes, non esquezas levar un documento de identidade vixente con fotografía (DNI, permiso de conducir, tarxeta de residencia ou pasaporte).
CAMBIOS: Non (dispoñible en billete Elige)
ANULACIÓNS: Non (dispoñible en billete Elige)
RESTAURACIÓN NA PRAZA: Non (dispoñible en billete Elige)
PERDA DO TREN: Non (dispoñible en billete Elige)
COMPRA DO ASENTO EXTRA: Non (dispoñible en billete Elige)
Permite cambiar o titular do billete por 40 €
PERDA DO TREN: Só tes que pagar o 30 % do novo billete
CAMBIOS: Cun custo do 20 % do prezo do billete
ANULACIÓNS: Cun custo do 30 % do prezo do billete
Permite cambiar o titular do billete por 30 €
*Cambios e anulacións:
- A opción Básica non admite cambios nin anulacións. Podes mellorar a túa viaxe adquirindo, cun custo adicional, as condicións de cambios e anulación propias da opción Elige ou da opción Prémium.
- A opción Elige, tanto Estándar coma Confort, permite cambios cun 20 % de gastos e anulacións cun 30 %. Podes mellorar a túa viaxe adquirindo, cun custo adicional, as condicións de cambios e anulación propias da opción Prémium.
- A opción Prémium permite cambios sen custo (agás a diferenza de prezo co novo billete, en caso de existir) e anulacións con só un 5 % de gastos.
Lembra que en calquera das opcións poderás anular os teus billetes sen gastos nun prazo de 2 horas despois da compra.
A BORDO |
EN TERRA |
---|---|
3 vultos de equipaxe |
Centros de Atención ao cliente |
Compromiso de puntualidade |
Puntos de última hora |
Audio e vídeo a bordo |
Máquinas autovenda |
Wifi (PlayRenfe en Ave) |
Asistencia a persoas con mobilidade reducida |
Coche en Silencio (Ave/Euromed) |
Combinado Cercanías |
Cafetaría e bar móbil |
Programa de fidelización Más Renfe |
Se viaxas en trens Ave ou Larga Distancia, o teu billete inclúe o Combinado Cercanías, co que poderás viaxar en Cercanías, Rodalies e no TRAM de Alacante. Podes utilizar o Combinado Cercanías desde 4 horas antes da saída do tren e ata 4 horas despois da chegada ao teu destino.
Adquire o Combinado Cercanías en máquinas autovenda e despachos de billetes, escaneando o código de barras ou introducindo o código numérico que figura no teu billete. Ademais, nas estacións de Cercanías nos centros de Madrid, Málaga, València e Murcia/Alacante, poderás acceder directamente á rede de Cercanías presentando nos torniquetes de acceso con lector de códigos as barras bidimensionais (BIDI) do teu billete Ave ou Larga Distancia e así evitar o trámite en máquinas autovenda ou despachos de billetes.