TRENEA CON AVLO

Sabías que Xirona foi escenario de varios capítulos da serie Xogo de Tronos? E moito máis ca iso: a cidade é unha marabillosa combinación de recunchos con encanto, bo ambiente e historia medieval. Ímola percorrer!

A imaxe clásica de Xirona é a vista das casas de cores á beira do río Onyar. Non por ser clásica paga menos a pena: sométete de bo grado ás tradicións e saca un selfie coa catedral e a torre da basílica de Sant Feliu ao fondo. Descubre o novecentismo coa Casa Masó e mergúllate no pasado medieval da cidade visitando a súa xudaría, unha das mellor conservadas do mundo.

Se estás a buscar a forma de baixo custo máis rápida, cómoda e sostible de viaxares a Xirona, faino en tren. Viaxa en familia, con nenos ou con amigos, sempre gozarás do mellor prezo. Cos trens Avlo de alta velocidade, poñémoscho fácil.

 

A ESTACIÓN DE XIRONA

A céntrica estación de Xirona está aberta de 5:45 h a 23:00 h e conta con múltiples servizos:

  •  Venda de billetes
  • Zona comercial
  • Alugueiro de coches
  • Parada de taxis
  • Conexións con outras liñas de tren Renfe e autobús
  • Adaptada a persoas con mobilidade reducida
  • Aparcadoiro de vehículos 

Ademais, na estación de Xirona, os trens Avlo conectan diariamente con moitos dos nosos destinos; viaxa a Madrid (1 tren diario), Barcelona (1 tren diario), Zaragoza (1 tren diario), Lleida (1 tren diario), Figueres (1 tren diario), Guadalaxara (1 tren diario) e Calatayud (1 tren diario). 

Desde o noso buscador tes comodamente na mesma consulta toda a oferta de horarios, tarifas e prezos dos billetes Avlo, Ave e trens dispoñibles para o teu destino.

  • Se visitas o museo-tesouro da catedral, poderás gozar do tapiz románico da Creación, o Tapís de la Creació, bordado no século XI e que mide máis de tres metros e medio por catro e medio.
  • Tamén a escalinata da catedral é famosa despois da súa aparición na serie Xogo de Tronos, como a escalinata do Gran Septo de Baelor. Foto, si ou si.
  • Non perdas os baños árabes, inspirados nos baños romanos e cunha espectacular cúpula que coroa a piscina central.
  • Non podes deixar de probar o xuixo e a ratafía. Se non sabes que son, soamente che diremos que o teu estómago e o teu espírito hancho agradecer.