TRENEA CON AVLO

Pensas nunha escapada de fin de semana? Pon rumbo a Lleida. Chea de recunchos con encanto, de edificios históricos e de boa gastronomía, desexarás que esta viaxe non remate nunca… ou volver pronto!

Comeza a túa visita na Seu Vella, a antiga catedral situada no alto dun outeiro. Sorprenderache o seu claustro e a súa alta torre. Sube tamén ata o miradoiro do antigo Castillo del Rey: as vistas da cidade e a súa contorna son inigualables. Modo selfie activado! Non esquezas percorrer a rúa Mayor, unha das rúas comerciais máis longas de España, e dar un bo paseo polos Campos Elíseos e as beiras do Segre.

Se estás a buscar a forma de baixo custo máis rápida, cómoda e sostible de viaxares a Lleida, faino en tren. Viaxa en familia, con nenos ou con amigos, sempre gozarás do mellor prezo. Cos trens Avlo de alta velocidade, poñémoscho fácil.

 

A ESTACIÓN DE LLEIDA PIRINEUS

A céntrica estación de Lleida Pirineus está aberta de 5:15 h a 23:15 h e conta con múltiples servizos:

  •  Venda de billetes
  • Zona comercial
  • Alugueiro de coches
  • Parada de taxis
  • Conexións con outras liñas de tren de Renfe, autobús e ferrocarrís da Generalitat
  • Adaptada a persoas con mobilidade reducida
  • Aparcadoiro de vehículos

 Ademais, desde a estación de Lleida Pirineus hai trens Avlo que conectan diariamente con Madrid (1 tren diario), Barcelona (1 tren diario), Zaragoza (1 tren diario), Camp de Tarragona (1 tren diario), Guadalaxara (1 tren diario) e Calatayud (1 tren diario). 

Desde o noso buscador tes comodamente na mesma consulta toda a oferta de horarios, tarifas e prezos dos billetes Avlo, Ave e trens dispoñibles para o teu destino.

  • No Castelo de Gardeny, poderás visitar un centro de interpretación da Orde do Temple. En 1924, albergou ao propio Jacques de Molay, o último Gran Mestre da Orde.
  • O Palacio da Paeria, exemplo máis representativo da arquitectura civil románica en Lleida, debe o seu nome ao latín «patiari», que significa home de paz.
  • Ao rico caracol! Os caracois á llauna (cargols a la llauna) son o prato estrela da cidade, acompañados de salsa alioli, romesco e picante. Para lamber os dedos.
  • A Virxe do Blau, na Catedral Nova ou Seu Nova, recibe ese nome (blau, morado) polo negrón que loce na testa. Conta a lenda que é o resultado do golpe que o escultor lle deu cun martelo cando viu que, durante unha das súas viaxes, un discípulo seu rematara a escultura superándoo en técnica e habilidade.