TRENEA CON AVLO

Castiza e acolledora, Madrid é unha cidade de contrastes. Todo nela ten o seu encanto, dende o centro señorial ata os barrios máis populares. A súa ampla oferta de lecer non se detén en ningunha época do ano.

Podes achegarte ao Paseo del Arte e gozar dunha xornada cultural nos seus museos. Ou percorrer as tendas máis luxosas na famosa Milla de Oro. Que non falten as cañas e o tapeo por barrios como o das Letras, La Latina ou Lavapiés. Nin o bocadillo de calamares na Plaza Mayor!

Se estás a buscar a forma de baixo custo máis rápida, cómoda e sostible de viaxares a Madrid, faino en tren. A capital nunca dorme e pon ao teu alcance actividades para todas as idades. Viaxa en familia, con nenos ou con amigos, gozarás sempre do mellor prezo. Cos trens Avlo de alta velocidade, poñémoscho fácil.

 

A ESTACIÓN DE MADRID PUERTA DE ATOCHA

A céntrica estación de Madrid Puerta de Atocha está aberta de 5:00 h a 01:00 h e ten varios servizos:

  • Venda de billetes
  • Zona comercial
  • Alugueiro de coches
  • Parada de taxis
  • Conexións con outras liñas de tren Renfe, metro e autobús
  • Adaptada a persoas con mobilidade reducida
  • Aparcadoiro de vehículos 

Ademais, na estación de Madrid Atocha, os trens Avlo conectan diariamente con todos os nosos destinos, viaxa a Barcelona (5 trens diarios), Valencia (3 trens diarios), Zaragoza (3 trens diarios), Cuenca (2 trens diarios), Requena-Utiel (2 trens diarios), Lleida (1 tren diario), Girona (1 tren diario), Figueres (1 tren diario), Guadalaxara (1 tren diario) e Calatayud (1 tren diario).  

Desde o noso buscador tes comodamente na mesma consulta toda a oferta de horarios, tarifas e prezos dos billetes Avlo, Ave e trens dispoñibles para o teu destino.

  • A visita turística polo Santiago Bernabeu, a casa do Real Madrid CF, é o terceiro lugar máis visitado da capital, despois do Museo del Prado e o Reina Sofía.
  • Edificio Telefónica, na Gran Vía, foi o primeiro rañaceos construído en España, entre 1926 e 1929.
  • O Monumento do Anxo Caído, no Parque del Retiro, é unha das poucas estatuas dedicadas a Satanás que existen no mundo.
  • El propio Rato Pérez naceu e viviu en Madrid. Podes visitar a súa Casa Museo na rúa Arenal (zona Sol).