TRENEA CON AVLO

Se pensabas que as viaxes no tempo eran cousa de ciencia ficción e de Michael J. Fox, desengánate. Viaxa a Tarragona e séntete uns días na antiga Roma ou na Idade Media. Historia viva.

A Rambla Nova é a principal avenida da cidade. Máis de 1 km con numerosas terrazas, esculturas e tendas, que desemboca nun dos puntos máis emblemáticos de Tarragona: o Balcó del Mediterrani. Outro símbolo da cidade que non podes perder é o anfiteatro, o escenario das loitas de gladiadores e bestas na época romana. Reserva un tempo para percorrer o casco histórico ou Part Alta, con lugares imprescindibles como a Plaça del Rei ou a catedral de Tarragona.

Se estás a buscar a forma de baixo custo máis rápida, cómoda e sostible para a Tarragona, faino en tren. Viaxa en familia, con nenos ou con amigos, sempre gozarás do mellor prezo. Cos trens Avlo de alta velocidade, poñémoscho fácil.

 

A ESTACIÓN DE CAMP DE TARRAGONA

A estación de Campa de Tarragona está aberta de 5:45 h a 23:30 h e conta con múltiples servizos:

  •  Venda de billetes
  • Zona comercial
  • Alugueiro de coches
  • Parada de taxis
  • Conexións con outras liñas de tren Renfe e autobús
  • Adaptada a persoas con mobilidade reducida
  • Aparcadoiro de vehículos

 Ademais, desde a estación de Camp de Tarragona hai trens Avlo que conectan diariamente con Madrid (1 tren diario), Barcelona (1 tren diario), Zaragoza (1 tren diario), Lleida (1 tren diario), Guadalaxara (1 tren diario) e Calatayud (1 tren diario). 

Desde o noso buscador tes comodamente na mesma consulta toda a oferta de horarios, tarifas e prezos dos billetes Avlo, Ave e trens dispoñibles para o teu destino.

  • Moi preto de Tarragona, espérate Reus, cidade natal de Gaudí (non podes deixar de visitar o Centro Gaudí) e berce do vermú por excelencia. Deixarache un bo sabor de boca!
  • Seguindo a ruta pola contorna, achégate Valls, chea de rúas e recunchos con encanto. Fame? Toma uns bos «calçots» (cebola branca), coa súa rica salsa romescu. Toda unha tradición gastronómica.
  • O impoñente rosetón da fachada principal da catedral de Tarragona ten 11 metros de diámetro. O seu espectacular claustro tamén merece unha foto.
  • O Paseo Arqueológico, que corre paralelo ás antigas murallas romanas, conta con exposicións, xardíns, canóns, esculturas e varias torres medievais, así como a inscrición romana máis antiga fóra de Italia.